Un curso
máis, e tendo en conta a sociedade na que vivimos e a diversidade de familias
existente, este xoves 15 de maio celebramos o “Día Internacional da Familia”.
O 20 de setembro de 1993, a Asamblea Xeral das
Nacións Unidas decide que o 15 de maio de cada ano se celebre o “Día Internacional da Familia”, facendo
eco da importancia que a comunidade internacional lle outorga á familia.
Sen lugar a dúbidas, a familia convírtese nun elemento
importante nas nosas vidas, pois constitúe o primeiro grupo social ao que
pertencemos e nela establecemos a nosa base afectiva e cultural e adquirimos os
valores e normas vixentes no noso contorno socializador próximo.
Hoxe en día, existe unha gran diversidade de estruturas
familiares, por iso, nas asembleas matinais previas ao “Día Internacional da Familia”, tentamos fomentar o respecto e
valoración da propia familia; achegándonos aos distintos tipos de familias
existentes.
Neste senso, resulta sempre interesante traballar este
tema a partir do conto: Teño dúas casas
(Edit. Embora).
TEÑO DÚAS CASAS (Embora Edicións) |
Mamá e papá xa non viven xuntos, así que agora a
protagonista deste conto ten dúas casas, dúas casas moi chulas nas que escoitar
música, debuxar tirada no chan, xogar con todos os xoguetes...
Esta historia representa de xeito
excepcional a normalidade das familias de proxenitores divorciados/separados; unha
situación que lonxe de supór un problema, tal realidade pode ser unha positiva
fonte de experiencias vitais.
Así pois, este curso resultou innecesario comentar que
membros compoñen as nosas familias, e aos membros básicos e principais, nomeamos
outros tales como as madriñas, os padriños, curmás... Asemade, parece que neste
curso, quedounos claro que os nosos amigos e amigas por moito que os queiramos
non son membros das nosas familias.
Por outra banda, durante estes días, reservamos pequenos
intres durante as xornadas para confeccionar o agasallo para as nosas familias.
Este curso, ao
ser os súper-maiores de mandilón,
confeccionamos un agasallo do máis elaborado no que traballamos con materiais e
técnicas variadísimas da linguaxe plástica: depresores de cores, pasta para
modelar, témpera, ollos móbiles, fieltro, alfileres, gomaeva, plumas e... ata
empregamos unha pinza de madeira de colgar a roupa!
O resultado??... Pois logo de modelar e pintar as
formas creadas coa peza de “plasti especial” que nos repartiu o profe, deixala
secar ben ao sol, pintar unha de cor vermella e outra de cor amarela, de redecorar
a forma vermella con puntiños estampados con bastonciños dos oídos, pintar con
pincel e témpera verde a pinza de madeira...
...tocoulle traballar un chisquiño ao
profe e, con pistola de silicona, recreou un remember para pór na porta da neveira co que as nosas familias non
esquecer aquelas cousas que sempre esquecen, aquelas cousas que se lles escapan
no seu día a día... agora xa non teredes excusa!...
Nembargantes, sobre todo e o máis importante familias,
non debedes nunca esquecer que... somos os mellores porque vós sodes as
mellores!... Unhas familias xeniais e especiais!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se
alimentará dos vosos comentarios!
3 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- LUÍS MIGUEL: "Bambi" (Edit. Everest)
Esta semana incorporamos a lectura e escrita en letra enlazada en pauta do grafema /CH/.
Como evolucionamos.... como se nota que os nosos nenos se están facendo maiores.
uffff xa non lle queda nada para deixar de lado o mandilón
PRECIOSOS LOS "REMEMBER"!!!
BICOS
Publicar un comentario