A piques de que remate o curso e de comezar as tan
merecidas e necesarias vacacións para máis dun, esta semana seguimos pechando
actividades traballando na nosa aportación á revista do cole: “Ondiñas veñen”.
Como sabedes, as seccións e temáticas que
integran a nosa revista escolar son para todos os gustos e públicos, dende
traballos sobre as distintas celebracións que teñen lugar no cole tales como o
samaín, o magosto ou o nadal, ata entrevistas, pasatempos e mesmo contos
protagonizados por seres fantásticos e marabillosos.
Este curso, decidimos partir dunha das
rutinas e tarefas cotiás que desenvolve o súper-encargado cada día: a elección
do accesorio para o mandilón do profe. Máis concretamente, partimos da pegatina
de Blancanieves á que asignamos un rito a modo de interrogación retórica… “Espejito,
espejito mágico,… ¿quién es la más bella del cole?”...
Aquí, todos e todas respondemos co nome
da súper-encargada. Si, si… súper-encargada, porque alomenos de
momento son contados os nenos que se atreven a elexir esta pegatina… é de
chicas!
A partir deste rito cotiá e do conto de “Blancanieves
y los 7 enanitos” dos
irmáns Grimm -conto que inexplicablemente moitos de nós descoñeciamos-,
presentamos para a revista do cole un divertido xogo cun espelliño máxico co que
teredes que deixar voar a vosa imaxinación…
![]() |
- BLANCANIEVES Y LOS SIETE ENANITOS - |
Na actividade, presentamos 6 fotografías
dunhas nenas e dun neno de sobra coñecidos por todos e todas.
Nembargantes, e para axudarvos a resolver
a identidade misteriosa que se agocha en cada fotografía, decidimos acompañar o
traballo dun debuxo e dunha rima sinxela en forma de adiviña na que resaltamos
algunhas cualidades dos enigmáticos personaxes de cada imaxe.
A nós custounos un chisquiño, pero logo
de que o profe nos dese algunha que outra pista, está claro… trátase nada máis
e nada menos que… da profe Divina, Karina, Belén, Marta, Gemma e J.Ricardo… os
nosos profes!
Entusiasmados coa actividade fixemos unha morea de debuxos
de cada profe aos que non lles faltaron detalle… fantásticos!
Xa logo, reunidos na asemblea escollimos
os que máis graza nos fixeron, aqueles que máis nos chamaron a atención,
deixando os restantes para unha composición de grupo-clase coa que decidimos
decorar o noso corcho do corredor.
Por outra banda, o momento da composición
das adiviñas supuxo un encontro sempre gozoso co mundo da creación literaria e
coa lecto-escritura. Así, coa axuda do profe, creamos unhas adiviñas ben doadas
que agardamos vos axuden a descubrir de que profe se trata en cada espelliño
máxico.
Porque todos algún día fostes nenos e
nenas, nunca deberiades de deixar de ver as cousas do voso día a día cos ollos
da imaxinación e da fantasía…Seredes quen de resolver os 6 enigmas que se
agochan en cada espelliño máxico?…
Agora, acompañádenos na conta atrás para
poñer o punto e final a este curso 2012-2013. Será unha conta atrás cargadiña
cargadiña de diversión, nervios, actividades e sorpresas, moooitas sorpresas…
E para o vindeiro curso?... Buf,
a nosa despedida do mandilón… como pasa o tempo, xa seremos os súper-maiores
de mandilón!...
Un saúdo e non esquezades que… o noso
blog se alimentará dos vosos comentarios!
8 comentarios:
Uff como cambiáchedes !!!!!
ben, aproveitamos para desexarvos a todos e todas unhas boas vacacións de verán que as merecemos (a ver se o tempo nos deixa gozar un pouco da praia)
E vémonos en setembro para ser os super maiores de mandilón. Ah sen esquecernos de pasar un ratiño polo blogue a ver se hai algunha nova.
Familia Riveiro-Suárez
ah ricardo, podes pasarnos a listaxe do material coma o ano pasado para ir facéndonos con ela????
Polo momento non vos preocupedes pola lista de materiais para o vindeiro curso. En setembro, o mesmo día da presentación, entregareilla aos nenos e nenas.
Felices vacaciones profe ricardo de parte de nerea e a todas familias
Moitas grazas NEREA. Agardo que ti tamén disfrutes destas merecidas vacacións coa túa familia e que pases un fantástico verán.
Vémonos en setembro!...
enton, para o vindeiro curso o mandilon non é necesario?
eu tamen vos desexo unhas Felices vacacions!!
Para o vindeiro curso seremos os súper-maiores de mandilón e teremos que dar exemplo aos pequerrechos e pequerrechas que comezan o cole en setembro. Para nós tamén será un curso especial, diferente…, xa que lle diremos “ata sempre” ao mandilón, á clase…
Agora… toca descansar, pero seguide moi atentos ás novas do noso blogue que agardamos moi pronto poder contarvos, entre outras cousas, como foi a nosa derradeira semana de curso…
Felices vacaciones q dia comienzan las clases
Las clases comenzarán el 11 de Septiembre.
Publicar un comentario