Tendo en
conta a sociedade na que vivimos e a diversidade de familias existente, este
mércores 15 de maio celebramos o “Día
Internacional da Familia”.
O 20 de
setembro de 1993, a
Asamblea Xeral das Nacións Unidas decide que o 15 de maio de cada ano se celebre
o “Día Internacional da Familia”,
facendo eco da importancia que a comunidade internacional lle outorga á
familia.
E é que sen
lugar a dúbidas, a familia convírtese nun elemento importante nas nosas vidas,
pois constitúe o primeiro grupo social ao que pertencemos e nela establecemos a
nosa base afectiva e cultural e adquirimos os valores e normas vixentes no noso
contorno socializador próximo.
Hoxe en día,
existe unha diversidade de estruturas familiares, por iso, nas asembleas
matinais previas ao “Día Internacional da
Familia”, tentamos fomentar o respecto e valoración da propia familia; ademais,
procuramos achegarnos aos distintos
tipos de familias existentes.
Deste xeito,
enseguida identificamos cales son os membros da nosa familia.
Pois clarooo… os membros da nosa familia son nin
máis nin menos que as persoas que viven connosco na casa. Nembargantes, un dos
nosos compañeiros comezou a engadir novos membros a estas unidades familiares básicas
e tradicionais: as madriñas e padriños, os primos e primas, incluso algún, ata
engadiu aos seus amigos e amigas, pero non, por moito que os queiramos, moitas
veces os nosos amigos e amigas non son da nosa familia.
Asemade,
nestes días, reservamos un tempo para debuxar aos membros da nosa familia, uns
debuxos cada vez máis de súper-maiores
aos que engadimos detalles que moitas veces pasan desapercibidos para os
adultos como as pestañas, os dedos nas mans e ata diferenciamos o sexo a través
do pelo ou vestimenta. Aiii, quedaron
uns debuxos con taaanto amor!...
Ademais destas
e outras actividades, confeccionamos o agasallo para as nosas familias no que
traballamos cun entusiasmo e entrega total.
Así, para o
agasallo, a semana previa o profe repartiu folios de cor branca e pideunos que
nos debuxaramos a nos mesmos. Tratábase dun debuxo especial, xa que non debía
ser nin moi grande nin moi pequeno, ao precisalo posteriormente para o agasallo
creado. Do mesmo xeito, neste mesmo folio, despregamos a nosa imaxinación e
creatividade debuxando aqueles elementos que máis nos gustan; así: cohetes,
castelos encantados, bolboretas, arcos da vella, corazóns, coches fantásticos, paxariños
e árbores… e todo aquilo canto podedes imaxinar.
O resultado…
uns marcos personalizados cunha fotografía individual na que se nos podía ver en
momentos cotiás da xornada escolar: traballando, xogando nos rincóns ou no
patio, lendo un conto… ata voando como súper-man!
LOIS - TANIA |
MENCÍA - DANIELA |
ÁLVARO - ANDREA |
SERGIO - UNAI |
RODRIGO - FROILÁN |
NEREA - LEO |
ROI - XIANA X. |
LUCÍA - DIEGO |
LUIS MIGUEL - CARLA S. |
CARLA V. E... |
Agardamos que vos gustasen... e non esquezades a dedicatoria, especialmente naqueles momentos nos que non nos portamos todo o ben que deberamos…
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
3 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- SERGIO: "El fantasma Faustino". (Edit. Vicens Vives)
Que bonitos !!!!!!!!!!
Ao final valeu a pena quedar sen regalo do día da nai e do pai....
Aínda que é un pouco inxusto porque se fose todo o centro pero só varias aulas... os nenos tamén quedan fastidiados porque ven aos seus compañeiros/irmáns/primos con cousiñas para os pais/nais.
Asi non hai que comparar o regaliño do pai co da nai!!! Paréceme boa idea. Ademáis, vai con toda a ilusión, que máis se pode pedir?
Publicar un comentario