Logo dunha semana chea de antroidadas, hoxe celebramos no
cole a festa do disfraz na que aproveitamos para converternos nas nosas
personaxes de ficción preferidas.
Así, un curso máis dispuxéronse nos corredores de ambos
pavillóns os “Toribiños”.
O Toribiño é un esquelete que, cada curso visita o noso colexio
cun cometido: día a día encárgase de comunicar cal é a consigna establecida, en
canto a indumentaria se refire, que debemos levar o próximo día ao colexio.
Desta vez, levamos para o luns algo na cabeza, unhas
gafas para o martes, o mércores unha paxariña e o xoves a cara pintada. Xa
podedes imaxinar como rematamos o xoves... feitos uns auténticos antroidos!
A actividade do “Toribiño” convértese nun recurso
excepcional que nos serve como base para observar e identificar algúns dos
elementos máis representativos do antroido tales como os antifaces, as máscaras
e, por suposto, os disfraces. Uns disfraces nos que dalgunha maneira se ven
reflectidos os nosos gustos e preferencias.
E que mellor maneira de traballar os elementos
característicos do antroido que elaborando cadanseu antifaz que pintamos con
cera plástica mellor que nunca para levar para as nosas casas, non sen antes, darlle
o noso toque especial cuns polviños de purpurina de cores... fantásticos!
Asemade, neste ambiente tan festivo e de diversión, un
curso máis redescubrimos, memorizamos e mimamos a canción de “Mi disfraz” e por
suposto, tamén aproveitamos para debuxar o noso disfraz. Uns debuxos aos que
non lles falta detalle: para Spiderman telas de araña coma o orixinal e a Súper-Mario co seu mario kart, o
castelo encantado con carroza e pony incluídos da princesa, a variña máxica para
a fada madriña, o barco e a illa deserta para o pirata...
E tras todas estas actividades que nos serviron para traballar o centro de interese do antroido, por fin chegou o venres, o día no que cada un de nós se disfrazou daquilo que lle gustaría ser dando renda solta aos nosos desexos e imaxinación, unha renda tan e tan solta que moitos de nós aproveitamos a temática do noso disfraz para xogar ao que tanto nos rechifla... pelexar!
Había disfraces de todo tipo e para todos os gustos... sempre
sensacionais cada un no seu estilo!
Ao tratarse dun día diferente, a rutina da merenda tamén
resultou especial, e o profe dispuxo na mesa grande todos os postres
de antroido que trouxemos: roscas, freixós, orellas...
Logo da rutina da merenda, baixamos ás pistas dos maiores
para ver os disfraces do resto de nenos e nenas do cole, e que mellor maneira
que combater os efectos do intenso frío invernal que ía que movendo o esquelete
ao ritmo dos últimos éxitos musicais do momento... saíron todos!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se
alimentará dos vosos comentarios
1 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- FROILÁN: Colección: "El perrito Tento" (Edit. Edelvives)
Publicar un comentario