
Pero… que se celebra no Samaín?
A celebración do Samaín en Galicia non é unha moda nova. A súa orixe remóntase miles de anos atrás, arredor do século I a.C.; época na que os celtas celebraban a fin do verán e o comezo da época escura.
Durante a noite do Samaín, os celtas crían que se abría unha porta entre o mundo dos vivos e o dos defuntos. Unha das costumes nesta celebración era a de amontoar e pintar as caveiras dos seus familiares falecidos e deste xeito indicar o camiño a casa ás almas dos familiares e asustar ós inimigos que trataran de atacalos.
Así, e para coñecer un pouquiño máis aspectos vencellados a esta data do calendario, ao longo desta semana levamos a cabo varias actividades cuxo eixo motivador foi o “Samaín”: pintamos arañas para a porta da clase e así darlle un aspecto máis aterrador, o profe leunos contos cuxos personaxes eran pantasmas, bruxas, esqueletes…, tamén realizamos varias actividades impresas nas que coloreamos a Enrique, un dos personaxes dos nosos contos favoritos (“El Cumpleaños de Enrique” (Edit. Edelvives)),
Outro día, aproveitamos para meterlle un susto a Karina, a profe de Inglés. O que non sabiamos é que ela tamén nos tiña preparada unha “little surprise” e nun abrir e pechar de ollos converteuse nunha “witch”. It was very fun, thank you teacher!
Por outra banda, e por se todo isto fose pouco, unha vez máis dende o centro pediuse a colaboración das nosas familias para a elaboración das cabazas; había para todos os gustos: dende bruxas, vampiros e pallasos, ata personaxes dos nosos debuxos animados favoritos, e ata unha cabaza moi especial que arrecendía… mil millóns de grazas, familias!
Pero sen lugar a dúbidas unha das actividades máis terrorificamente divertida, foi a elaboración do mural do Samaín. Con témpera e pinceis, pintamos un inmenso castelo en papel continuo. Tratábase dun castelo encantado, no que os seus habitantes eran unhas pantasmas moi especiais,… uuuuuuu, a ver si os coñecedes?
Aínda que ao longo da semana o profe intentou concienciarnos para o que ía acontecer o venres, a máis de un escapóuselle algunha que outra bágoa, pero é que os maiores traian unhas máscaras e unhas cabazas arrepiantes, buf… metían un medo!!!
Tamén recibimos a visita dalgúns dos nenos e nenas que o curso pasado tiña o profe, agora xa convertidos nuns súper-maiores, cantaron connosco a canción de “Truco o trato”.

4 comentarios:
Co asustadas que estabamos algunhas con este dia...
Que ben o pasaron, o de dar sustos é emocionante!
que ben o pasaron os nosos pequerrechos!!!!
ben, aínda que algún pasou moito mediño
Un castillo supermegalogrado y unos vampir@s guapísim@s...la pena es que dentro del programa de actividades del Samaín se continúe asustando a los peques y a los no tan peques....
Tus ex-pupils super-mayores y super-guapos, ya ves que no se olvidan tan facilmente de ti...
UN BESO PITU
Ese día fue un día de "surprise surprise", je,je. "We had a lot of fun". Nos lo pasamos tod@s genial, a qué si.
Profe Ricardo, aprovecho para felicitarte por tu blog. Congratulations!!!!!Por cierto, que tienes enlaces muy interesantes y algunos en "English". Excellent.
Saludos a tod@s.
Teacher Karina.
Publicar un comentario