Bienvenido

DENDE NUBARIS CON AMOR!

viernes, 3 de junio de 2016

Olaaa, estou moooi feliz porque hoxe, a dúas semanas de rematar o cole, por fin me deixaron facerme cargo da entrada semanal do noso blogue… 
Nesta ocasión, non serán os nenos e nenas de 4 ANOS B os que vos conten como foi a semana na clase, non, desta vez, por tratarse dunha entrada especial, deixáronme que fose eu o encargado de despedirme do blogue, das familias e dos nenos e nenas cos que vivín un curso repleto de momentos intensos e do máis divertidos.

Como… aínda non sabedes quen son?... Son eu, MOLI, que marcho para a clase doutros nenos e nenas de 4 ANOS, xa que as “SONRISAS Y MANDILONES” do profe, convertiranse nos súper-maiores de mandilón e cambian de mascota, nada máis e nada menos que unha das primeiras compañeiras de mandilón do profe: ARIS, coa que vos seguiredes adentrando na Dimensión Nubaris…que emocionante!


Foron moitos os momentos vividos ao longo do curso: xogamos, lemos, traballamos, debuxamos... e sobre todo aprendemos!,... canto aprendemos!
Xuntos aprendemos a sumar e a ler a partir de palabras e textos significativos,




xuntos tamén aprendemos a identificar algúns dos cambios que se producen no contorno e na vida das persoas coa chegada de cada estación,



xuntos aprendemos a ilusionarnos coa maxia do Nadal e coa visita das SS.MM. os Reis Magos de Oriente,



xuntos aprendemos a recoñecer os elementos representativos do antroido convertíndonos en encantadores príncipes e marabillosas princesas… cantos recordos!


Asemade, en cada unidade didáctica viaxamos ata as illas afastadas de NOVA CELANDIA, paseamos polas terras xeadas do POLO NORTE, estivemos en cegadoras cidades como CHINA, descubrimos impresionantes selvas amazónicas, navegamos en pato polo río Támese e coñecemos o tesouro do deserto do SÁHARA: a auga... case nada!


Agora ben, sen lugar a dúbidas, se me teño que quedar co que máis me gustou da miña estancia no cole, foi converterme semanalmente na convidada especial de cada familia: centros comerciais, festas de aniversarios, exposicións temáticas... cantos sitios coñecín!
Que gozada!... Semanalmente o anfitrión explicaba ás mil marabilllas na asemblea matinal todos os lugares visitados e todas as actividades que fixera durante esa semana de estancia na súa casa ou piso.
Por todo isto, gustaríame dar as grazas ás familias de 4 ANOS B pola vosa implicación na actividade “Moli vén á casa” proposta no 1º trimestre, xa que non sempre é doado conciliar a vida laboral cos traballos que se propoñen dende a nosa aula e dende o centro, -que non son poucos-.



Coa vosa guía e supervisión quedou unha compilación de traballos e fotografías fantástica que unha vez integrada no rincón de biblioteca, ollamos unha e outra vez sen aburrirnos o máis mínimo... sabémolo xa de memoria!



Ben é certo que estes días estou un pouco triste porque remata o cole e teño que marchar con outros nenos e nenas de 4 anos, pero son moitas as sorpresas que nos agardan durante as vindeiras semanas... contáxiate de diversión e ledicia!
Bicos de galleta con sabor a arco da vella.
MOLI :)

1 comentarios:

Eva Iglesias dijo...

Ensinando,reindo,xogando
O tempo foi pasando
E xa nos estás deixando
Solos,tristes,pensando
Cando nos veremos,cando.

Gracias por todo