Bienvenido

YABADABADOOOOO!!!

viernes, 19 de febrero de 2010

Buffff, despois de tantos días sen dar sinais de vida aquí estamos de novo para contarvos, en esta ocasión, a celebración do antroido no colexio, un dos acontecementos que marca o curso e que propicia situacións que se converten en excelentes recursos educativos para os procesos de ensinanza-aprendizaxe da nosa aula.
Desta maneria, a festa do venres estivo precedida dunha semana chea de “antroidadas”, pois, para celebrar a chegada do Antroido, un curso máis, o cole dispuxo nos corredores do pavillón norte e sur o “Toribiño”. Que non sabedes quen é?...
O Toribiño é un esquelete que, cada ano visita o noso colexio cun cometido: día a día encárgase de comunicar cal é a consigna establecida, en canto a indumentaria se refire, que debemos levar o próximo día ao colexio. Este ano tocou: para o luns un sombreiro, no martes unha garavata, para o mércores unhas gafas e no xoves un mandil. Podedes facervos unha idea de como iamos e, aínda que este acontecemento mudou o normal desenvolvemento de cada xornada, sentímolo profe, agardabamos con ilusión o día seguinte para acumular unha nova consigna ao noso estilo particular.
Todas estas consignas establecidas diariamente polo Toribiño, servían de base para preparar a festa do Antroido do venres.
Este ano, o centro de interese para todo o colexio partiu da temática que se está desenvolvendo dende o Equipo de Biblioteca: “A Máquina do Tempo: unha viaxe ao pasado”, así cos disfraces e indumentarias de épocas pasadas estaban aseguradas: época medieval, vikingos, exipcios, romanos, gregos...
Nós, os nenos e nenas de Educación Infantil, como primeiro eslabón do sistema educativo non podíamos ir doutra cousa, siiiiii..., da Idade de Pedra!, concretamente fomos de “Los Picapiedra”. A cada nivel tocoulle un personaxe destes debuxos animados que, aínda que nos quedan un tanto desfasados, vimos algún que outro capítulo comprobando como as series de toda a vida son un éxito garantizado.
Os de 3 anos ían de Pebbles e Bam-Bam, os maiores, os grupos de 5 anos ían de Pablo e Betty Mármol e, nós, os nenos e nenas de 4 anos iamos de Pedro e Wilma Picapiedra, estabamos impresionantes cuns disfraces nos que as nosas familias non escatimaron nin o máis mínimo detalle, coma sempre... mil millóns de grazas, os Pedro e Wilma Picapiedra estaban sensacionais!!!
Como non podía ser doutra maneira, a Idade de Pedra, converteuse no centro de actividade ao longo desa semana: descubrimos como se chamaban aqueles homes que vivían na época dos dinosaurios, como eran as súas casas, as súas roupas, como se alimentaban e como vivían... ademais, aprendemos un pouco máis dunha temática que nos resultou fascinante: os dinosaurios.
O tema non era algo novo, pois máis dun tiña algunha idea sobre os dinosaurios; pero, a partir dos libros que nos levou o profe, cada día aprendemos un pouquiño máis daqueles animais que viviron fai xa máis de 65 millóns de anos: como nacían, de que se alimentaban, descubrimos que algúns eran herbívoros e outros carnívoros, que algúns podían voar e outros ata nadar e, as razóns polas que desapareceron, algo que nos deixou coa boa aberta. Convertémonos en pequenos-grandes expertos de dinosaurios, non se nos escapa un: o triceratops, o stegosaurios, o torosaurio, o tiranosaurio-rex, o cabeza inclinada, o ladrón del amanecer...
Cando por fin chegou o día do desfile espectaculares acudimos ao colexio e, tras sacar algunha fotografía deste momento que lembramos durante o resto do curso, paseamos por todas e cada unha das rúas de Rianxo; algo longo e cansado, si, pero coidamos que pagou a pena observar como cada ano o noso pobo se entrega a este momento converténdose en todo un acontecemento social. Durante o desfile cantamos, saltamos, zapateamos e... YABADABADOO!!, este era o grito que repetíamos deixando claro de que iamos disfrazados.
Xa de novo na clase, tocaba repoñer forzas e, para iso, o profe dispuxo na mesa grande todos os postres de antroido que cada un de nós aportou, había de todo: roscas, freixós, orellas... uummmm, estaban deliciosos!!!
Para despedir o Antroido e volver de novo á tranquilidade e ao sosiedo, o venres seguinte ao do desfile, asistimos novamente disfrazados ao cole, pero desta vez cada un podía vir daquilo que máis lle gustaba e, converterse, aínda que só sexa por un día, no seu heroe ou princesa preferida, había princesas, indios, zorros, un caballero de la mesa cuadrada e ata unha nécora, aiii non... era un Gormiti, non si?
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!




8 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Sin lugar a dudas, un Carnaval sensacional en el que las emociones e ilusiones se convirtieron en el día a día del aula a lo largo de estas semanas.
Aprovechando el anonimato de la mayoría de los comentarios de anteriores entradas, sería interesante conocer vuestras opiniones sobre aspectos relacionados con el Carnaval (consignas del Toribiño, temática y confección del disfraz, organización del desfile...)y todo aquello cuanto consideréis que se debería mejorar. De este modo, estaréis realizando vuestra aportación en la evaluación formativa que permitirá la optimización de resultados en futuras celebraciones.
Gracias por vuestra colaboración.

Anónimo dijo...

Increibles iban los pequeños disfrazados, daba gusto verlos por las calles de Rianxo, ordenados y al grito, como bien se dice en la entrada, YABADABADOOO...

Aunque, reconocerá el Profe J.Ricardo que iba un poco cortado al ir disfrazado, y eso que el disfraz "le iba al pelo" como se dice.

Fue una propuesta cuanto menos acertada, y... ¿para el año de que nos disframos?

Un saludo ;)

Anónimo dijo...

Pues,ahí va mi opinión en relación a la celebración del carnaval: la elección de Los Picapiedra como tema de referencia me parece aceptable, ya que el disfraz resulta más sencillo y fácil de elaborar que el del año pasado. Sin embargo, tuvo,.


el inconveniente de que no resultó demasiado vistoso.Y es que ya se sabe que "para presumir hay que sufrir".
De todas formas hay que reconocer que nuestros niños estaban para comérselos.
En cuanto a la organización del desfile, tengo que reconocer que la idea de la cuerda fue genial.
Gracias al profesor, tanto por sus estupendas ideas como por el gran valor que demostró tener al ponerse el disfraz de Pedro Picapiedra.

Anónimo dijo...

Dos disfraces de Infantil os de 4 anos eran os máis vistosos e os nenos estaban requete-guapos e as nenas moi chic cos collares de perlas.
O desfile coma sempre, demasiado longo sen tempo de descanso.
Este ano ao profe notóuselle máis cómodo porque levaba aos nenos coa corda e non se lle notaba tan preocupado coma o ano pasado, por certo estaba moi favorecido co disfraz e sen o mandilón.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Pero qué guapísomos estaban todos!!!! bueno, vamos a ser un poco críticos: las consignas al menos eran algo más sencillas que las del año pasado, aunque creo que sería conveniente tener en cuenta determinados condicionantes como que los niños llevan mandilón y en el peligro derivado algunos objetos-consigna...para hecernos la semana más sencilla aporto la idea de que las consignas, aunque acumulativas, puedan quedar en el cole, cada día llevarían la correspondiente y las traerían todas el jueves o el viernes.....
En cuanto al disfraz; comentar que están guapísimos con el disfraz confeccionado por una modista o costurera, pero que los había realizados con material deshechable muy chulos.... y,ya por último,comentar que debería acortarse el trayecto del desfile y permanecer más tiempo y de forma más organizada en la Plaza Castelao...aunque para organización la del profe Ricardo, puesto que el toque de la cuerda estuvo muy ingenioso.....

ESO ES TODO...YABADABADOOOOOO!!!!!!

Anónimo dijo...

O disfraz mellor o do ano pasado aínda que máis complicado para as que non cosemos. Coma sempre a nosa clase unha das máis organizadas, cantando e decindo a frase dos Picapedra, animaban o pasarrúas.
Despois a idea de quitar as fotos pode pensarse xa que non todas as familias podemos ir a esas horas porque estamos traballando e non é xusto para os nenos, non????

Anónimo dijo...

ESTABAN TODOS GUAPÍSIMOS.As miñas felicitacións ó profe pola organización da súa clase no desfile, porque é un desfile demasiado longo que debería acortarse o seu recorrido, pois se trata dunha actividade do escolar, non un pasarruas municipal, ademais hai que ter en conta que o noso entroido sempre ten un tempo invernal para facer ese desfile tan longo.

Marta dijo...

Guaaaaaaaaaaaaapísimos que iban los niños y el profe con su disfraz. Estuve viendo las fotos de los disfraces de todos los cursos y; sin lugar a dudas, los niños del profe Ricardo los más vistosos. No les faltaron detalle.

Un beso.

Marta Meilán.