Bienvenido

VAIA TROULA!

miércoles, 22 de junio de 2016

A pesar de tratarse esta da semana máis curta de clase, resultaron os mellores días para despedir un curso repleto de descubrimentos, experiencias e aprendizaxes, pois celebramos dúas festas: a festa da clase, e xa hoxe mércores, a festa da auga.

Evidentemente, esta semana non foi todo troula, pois o primeiro cometido que tivemos xa o LUNS, tras a “resaca” da festa do venres pola tarde, foi revisar, lembrar e organizar todos os traballiños do arquivador que fixemos durante todo o curso e, moi especialmente, durante este 3º trimestre.
Así pois, identificamos e trazamos números, asociamos grafías ás letras do alfabeto, realizamos conxuntos, escribimos o nome e a data completa, coloreamos, repasamos, recortamos con tesoira e picamos... ata nos quedou tempo para viaxar a Londres e ao deserto do Sáhara... cantos recordos!

Xa o MARTES, como preludio á festa da auga, á volta da última sesión de psicomotricidade, tiñamos preparada na clase unha festa, na que grazas á inestimable colaboración das nosas familias non faltou de nada... mmm!
Tratábase dun día diferente, era un día con certo sabor a despedida, un día no xuntos celebrabamos o final do curso: comimos snacks e aperitivos varios, bebimos zumes e bebidas isotónicas e disfrutamos dun tempo extra no patio, xogando no areeiro como auténticos súper-maiores... divertidísimo!

E aquí non rematou todo, xa que aínda nos agardaba o mellor para o MÉRCORES... a tan agardada “Festa da Auga” do cole!
Porén, o mércores, tras a asemblea, moi ansiosos por comezar a participar nos xogos e, sobre todo, por gozar das pistolas de auga, dirixímonos á primeira estación: pesca-barcos, unha posta delicada e de paciencia que sacou o mellor do noso enxeño... uf, complicado dabondo!












De súpeto, sen decatarnos, no espazo reservado para as pistas dos maiores, vimos aparcado o camión dos bombeiros, un sinal de que o que nos agardaba para a segunda parte da xornada pintaba moi, pero que moi ben...


Xa logo, chegou a quenda de prato na cabeza, do relevo de esponxas, das dianas piratas, das piñatas, dos camareiros...


























Tratouse dun día ben diferente ao do curso pasado, este curso si nos queriamos mollar, e entre xogo e xogo, rapidamente baixamos ao “rascacú”, un xogo reservado para os maiores, pero que axiña coidamos en gozar e darnos o primeiro baño de auga fresquiña... que calor!


Axiña, quen máis e quen menos entrou nas dinámicas propostas en cada estación, ata o punto que rematamos cunha batalla de auga a base de globos, caldeiros, pistolas de auga e ata o camión dos bombeiros que nos mollou se cabe aínda máis coa mangueira... pura diversión!...


Que curta se nos quedou a batalla!... queriamos seguir!... Por iso, ao tratarse dun día e dunha festa especial, -tamén para o profe-, fomos o derradeiro grupo en recollerse para a clase... de marabilla, que soliño ía!



De volta na clase, mudámonos de roupa e degustamos algúns dos snacks e aperitivos que sobraran do día anterior... tiñamos fame!



Agora chegan as vacacións, unhas vacacións diferentes respeto ás do verán pasado. O vindeiro curso será de cambios para todos e todas: grandes, medianos e pequenos, por iso, seguide moi atentos ao noso blogue que pechará a súa ventá en Rianxo para abrirse noutro cole, noutra aula e xa con novas “Sonrisas y Mandilones”... intentarase pechar como ben se merece:... por todo o alto!

#nodesdesiempreperosiparasiempre

Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

0 comentarios: