Bienvenido

MISCA MUSCA MICKEY MOUSE!

viernes, 24 de febrero de 2017

Hoxe venres, como colofón a unha semana na que desenvolvimos distintas actividades relacionadas co antroido, viñemos ao cole disfrazados de... “La Casa de Mickey Mouse”!
Para comezar a descubrir, identificar e valorar elementos e características do antroido, nas asembleas matinais aportamos símbolos representativos desta época do ano, onde evidentemente os disfraces e accesorios, ocuparon un espazo privilexiado.
De sobra quen máis e quen menos tiña escollido o seu disfrace, ou alomenos o personaxe no que lle gustaría converterse. En xeral, achegas sen apenas sorpresas. As nenas: princesas, fadas, raíñas e mesmo de ratiña presumida como a de MUNELA. E os nenos, todo un clásico: Spiderman.
Para deixar constancia da elección para este antroido, realizamos cadanseu debuxo libre do noso disfrace. Bonito, bonito quedou o corcho da aula disfrazado de Elsa e Ana, de Spiderman, el Increíble Hulk e SuperMario... non cansamos de ollar os resultados expostos... sensacionais!


Asemade, MUNELA tamén cobrou unha relevancia especial no antroido, pois na súa estancia na casa de ANDREA, disfrazouse de cociñeira, de bruxa e mesmo de Bob Esponja... canto rimos co seu visionado en asemblea!
Do mesmo xeito, xa o xoves, véspera da tan agardada festa de antroido,  coloreamos a carauta reconvertida en antiface de MUNELA. Tarefa doada, pois de sobra sabemos que a cara da nosa mascota é de cor verde clara, o pelo de cor verde escura e os cornos de cor amarela clara, escura ou ovo... agora con tantos plastidecor temos onde escoller... cantas MUNELAS por metro cadrado!












E por fin, tras unha conta atrás de dúas semanas, chegamos ao venres de antroido... que nervos!... 
Como xa vos contaramos, a temática a nivel de centro xirou en torno ao proxecto documental da biblioteca: “A volta ao mundo en 80 contos”, así que a aula de 4 anos convertémonos nun dos emblemas da compañía Disney protagonistas de miles de contos... Mickey & Minnie Mouse!
Estabamos ilusionadíssimos coa celebración deste antroido, motivados, expectantes polo que sucedería o venres... non houbo tempo de asemblea, nin rincóns, nin rutina do préstamo de biblioteca... hoxe era un día de festa!...
Ás 10:00h., as familias entregadas para a ocasión, puxéronnos totais con todas e cada unha das propostas realizadas para a caracterización de cada personaxe  segundo cada elección.




Se ben é certo, os Mickey tíñano moito máis doado que as Minnie, pero ambos resultados non defraudaron en absoluto, e as inseguridades, dúbidas e incertidumes destes días, deron paso a uns disfarces xeniais... familias, canto estilo e enxeño!... ao final non foi para tanto!...
Non nos faltaba detalle: calquera lle tocaba o pelo aos Mickey... de punta indestructible!... e as Minnie maquiladas e peiteadas con “planchita” incluída como merecia a ocasión... canta ilusión!
Xa no pavillón de Educación Primaria, vimos aos máis pequerrechos reinterpretando o conto de “Blancanieves y los 25 enanitos” e aos súper-maiores de mandilón o conto de “El príncipe rana”. En Educación Primaria tamén houbo de todo: contos da selva, de piratas, dos inuits, do Rei Artur, da Abeja Maya... ata dunha xirafa que non sabía bailar!... case nada!...


Pola nosa parte, durante estes días estivemos preparando unha sorpresa para as nosas familias como agradecemento ao traballo desenvolto na elaboración dos disfraces, e cando chegou a nosa quenda recreamos a sintonía de Disney Channel de “La Casa de Mickey Mouse”... número que gañou unha das 3 categorías do concurso “Fíxeno Eu” á mellor posta en escea... menuda sorpresa!



Familias, sen a vosa inestimable colaboración, compromiso e traballo, “La Casa de Mickey Mouse” non sería posible... de verdade, GRAZAS por todo!


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

SABER MÁIS PARA COMER MELLOR...

viernes, 17 de febrero de 2017

Esta semana, participamos no “Plan de Consumo de Froita nas Escolas”, unha inciativa promovida coa axuda financieira da Comunidade Europea e do Fondo Galego de Garantía Agraria.
Así pois, durante esta semana, non tivemos que traer merenda ao cole, e dende o luns procedeuse á distribución de froita a todo o alumnado do centro.
A participación activa nesta experiencia conleva novas aprendizaxes no que a alimentación saudable se refire, pois máis dun de nós, pouquiño a pouco está aprendendo a comer froita... coidamos que non é para tanto!... non si?...
Todo isto, non nos resulta algo novo, pois na nosa aula consideramos a alimentación saudable como un dos alicerces básicos para conseguir unha boa calidade de vida.
Deste xeito, na reunión de principio de curso onde se estableceron as normas que debemos respectar ao longo do curso, estimouse o establecemento dunhas merendas saudables nas que o chocolate, pasteis e demais alimentos pouco ou nada saudables cos que comezamos as merendas de inicio de curso... -que descontrol!-, estarían “prohibidos”. Porén, estes alimentos reservámolos nas celebracións que teñen lugar durante o curso tales como no nadal -cunha deliciosa merenda a base de turrón, polvoróns e chocolate, moito, pero que moito chocolate- e nos aniversarios -coa elaboración duns cakes dos que non deixamos nin as migallas-... mmm!
Deste xeito, esta semana, a algún custounos asimilar que debiamos merendar, ao igual que o resto, unha peza de froita de tempada, descubrindo compracidos que o plátano, mazá e mandarina non están de todo mal.


Pola contra, outros repetiamos unha e outra vez a froita correspondente a cada día converténdonos en... auténticos devoradores de froita!


Paralelamente, como non podia ser doutro xeito nun aula onde hai tantas namoradas, reservamos un tempo para sentir bolboretas no estómago co gallo do “Día de San Valentín”.
Pero... que se celebra no “Día de San Valentín”?...
As conversas e conclusións a partir deste tema, foron moitas e variadas.
O tema dos “novios” e “novias”, resultou o máis controvertido, por iso acordamos falar máis que de “novios”, de “amigos especiais” que serían eses amigos e amigas cos que sempre o pasas fenomenal. Polo tanto, os “novios” e “novias” estarían reservados para os maiores: mamás e papás, madriñas e padriños, avoas e avós e... tamén para os que van ao Instituto?...
Tendo claro o dos “amigos especiais”, xurdiu unha cuestión: “queremos igual a todo o mundo?”... e máis que iso “quen ocupa o noso corazón?”...
Iso de decidir quen ocupa os nosos corazóns custounos máis da conta, decantándonos, na meirande parte dos casos, por aqueles seres queridos da nosa familia que se convirten en aliados en situacións cotiás. Tranquilas mamás, seguides ocupando o número 1 do ranking!... acaso dubidábadelo?
Xa o martes, levamos para agasallar a aquela persoa que non pode faltar no noso día a día, a aquela persoa que nos cuida, mima, protexe e... tamén se enfada e castiga! un corazón que pintamos de cor vermella, lila ou rosa e ao que puxemos o noso nome… canto amor, realmente precioso!


E para finalizar esta celebración, que mellor que agarrar á nosa parella de baile e movernos ao ritmo da “canción dos namorados”?... canto suamos!


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

DE ESTREA!

viernes, 10 de febrero de 2017

Mergullados neste 2º trimestre, cada vez dominamos máis e mellor as novidades que semanalmente descubrimos logo dunhas ilusionantes contas atrás... canta expectación!
Para comezar, inmediatamente á volta de vacacións, engadimos unha tarefa nas rutinas do súper-encagado. Siii, ademais de todas as actividades de lecto-escritura que desenvolvemos no encerado a primeira hora da xornada, deseguido de dar os bos días, de fichar ausencias e presenzas, constatar o tempo atmosférico... agora xa iniciámonos na realización de sumas sinxelas permitindo o desenvolvemento de habilidades propias do razoamento lóxico-matemático a partir de situacións da vida cotiá. O seguinte reto... a resta!...


























Asemade, moi pronto comezaremos a realizar os nosos primeiros exercicios de prelectura a partir do descubrimento e identificación de sílabas illadas que se converterán en palabras, e palabras que se converterán en frases. Non hai présa, trátase dun longo camiño que continuaremos o vindeiro curso cando sexamos os súper-maiores de mandilón... fantástico!
Indubidablemente, a lecto-escritura forma parte indisoluble de diferentes momentos da xornada: no momento da asemblea, escribindo o título e a data con día e número en cada actividade impresa, tamén a partir do libriño das letras co que disfrutamos rematado o traballo obrigatorio... ata modelamos letras con plastilina no momento de xogo libre... que boa idea ESTEBAN!


Non pensedes que todas estas novidades que vos contamos son exclusivamente de traballo, pois ademais de todo isto, temos tempo para memorizar, interpretar e mimar a canción de Robin Hood, unha actividade que pon a proba o noso ritmo ao tempo que nos permite identificar as partes do corpo que se indican en cada estrofa... botariamos toda a mañá con Robin!






Tamén, no momento de xogo libre e/ou dirixido gozamos dunhas pezas novas: as pezas de estrelas, coas que creamos e recreamos artefactos imposibles, avións e mesmo naves espaciais e zoos... canta imaxinación!


Uf!, e menuda organizamos no espazo do xogo simbólico cos materiais de perruquería onde peiteamos a todo aquel que se deixe. Definitivamente, PAULA e SARA son as perruqueiras oficiais da clase... que estilazo!





Siii, aínda nos quedaba o mellor, cambiar no panel de rutinas a tarta de 4 anos, xa baleira, pola tarta de 5 anos... este si foi un gran acontecemento!


Neste senso, os primeiros afortunados en estreala durante esta semana foron HÉCTOR e ÁLEX & GAEL... a foto ao principio resistíase!

















E para rematar estas semanas de estreas, que mellor que desvelando o disfrace deste antroido. Como xa vos contaramos, a temática escollida a nivel de centro é: “A volta ao mundo en 80 contos”, así que para a celebración do antroido converterémonos nun dos emblemas da compañía Disney protagonistas de infinidade de contos infantís... Mickey & Minnie Mouse!... Xa hoxe, DIEGO, máis protagonista que nunca por ser o súper-encargado do día e o contacontos semanal, luciu estupendamente un dos sinais máis representativos do noso disfrace... as orellas de Mickey!... Que longa se nos vai facer a espera para o antroido!...












E para a vindeira semana, esgotamos as novidades?... Nooon, comezaremos o caderniño de actividades nº3... que nos contarán nesta ocasión MUNELA, PABLO e BERTA?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!