Bienvenido

PELO, PICO, PATA.

viernes, 10 de junio de 2016

Con sabor a despedida, esta semana desfrutamos dun dos grandes acontecementos que agardabamos dende ía tempo: a excursión de fin de curso... por fin!
Así pois, o luns comezamos a semana máis contentos que nunca sabedores de que ese día tería lugar a visita ao zoo de Vigo, unha actividade que marcou gran parte deste 3º trimestre.
Nerviosos e inexpertos moitos de nós no uso do transporte público, subimos ao bus que nos agardaba nun dos aparcadoiros do cole. O primeiro de todo foi poñer o cinturón de seguridade e poñernos cómodos para desfrutar da viaxe... o autobús tiña dúas televisións!
Chegados ao noso destino, visita obrigada ao aseo e a merenda de media mañá que correu a cargo dos profes... había galletas para todos!














Xa logo, con temor de que a choiva estragase o planning, visitamos as instalacións da parte inferior do zoo. Había parrulos, ocas e cisnes, tamén xabaríns, ponis e ovellas, tartarugas, moitas, pero que moitas tartarugas e... dous lobos! Siii, os lobos foron os que causaron maior expectación, e como ao principio non se deixaban ver de todo, emprendemos “patrullas” persecutorias arredor do recinto ata que por fin, por fin se deixaron ver... impresionantes!
Había dous lobos, un máis grande e outro máis pequeno; como miraban para nós, como mantiñan a mirada fixamente... toda unha experiencia!


A continuación, unha das monitoras do zoo, explicounos con detalle algunhas das curiosidades das instalacións do “Exotarium”, o edificio que se atopa na entrada do zoo e que alberga diferentes especies exóticas. Había serpes, tartarugas, cabaliños de mar, bichos-palo... entre outras especies que precisan dunhas condicións de vida especiais... dentro ía unha calor abafante!


No mediodía, en torno ás 14:30h., dirixímonos cara un dos merenderos do zoo, alí, onda o recinto no que se atopaban os leóns e os osos, repuxemos forzas co pícnic preparado con tantísimo esmero pola nosa familia. Tiñamos fame e, logo de comer os alimentos obrigatorios (bocadillo de embutido, galletas, froita...) organizamos unha fantástica merendola na que compartimos os aperitivos aportados... mmm, todo exquisito!


Xa na tarde, seguimos coa visita. Agora tocaba a quenda das instalaciones superiores do zoo, quedaban por ver os osos, o león, a pantera negra negrísima, os pavos reais, as llamas...


Ata nos quedou tempo para pasar un chisquiño de medo en “Nocturama”, unha pasaxe do terror ao máis puro estilo Halloween-Samaín. Alí, nunha escuridade total, vimos os “murciegalos” boca abaixo e boca arriba, voando e escondidos nas covas... tiñamos que estar atentos, non se vía nada!


Xa para rematar, un tempo de xogo libre na casiña de Carapuchiña Vermella e no parque da entrada do zoo: corrimos, saltamos, xogamos, esvaramos, caimos... agora si que si... fora chaquetas e sudaderas!






Se nos tivesemos que quedar cun momento, nas asembleas matinais da semana deixámolo claro, tiñámolo claro: o momento da persecución dos lobos foi incrible e as carreiras no pavillón de “Nocturama” divertísima... que doado!


Os días posteriores á visita intentamos crear e recrear en diversas actividades o cúmulo de experiencias vividas neste día tan especial co que poñemos case case o punto e final a este curso... estupendos traballos!


E a vindeira semana?... Será intensa. Comezaremos a organizar todas as actividades impresas dos arquivadores e do dossier de lectura da actividade do préstamo semanal.
Asemade, hoxe venres iniciamos a motivación dunha viaxe que continuaremos o vindeiro curso: xa en 5 anos! Tratábase dunha caixa de cor rosa na que hai un montón de materiais das letras que semanalmente traballamos nas nosas casas na cartilla de lectura semanal... que expectación co País das Letras!


Así que estade moi atentos ao blogue e seguide ao noso carón neste fin de curso tan especial... #nodesdesiempreperosiparasiempre!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

1 comentarios:

Eva Iglesias dijo...

O pitiño branco de crista vermella comeza hoxe a escola no medio da eira...

Así comenzamos..
A ver como acabamos..
Estamos expectantes...e moooi intrigados....