Estes
días vivimos o noso primeiro Halloween-Samaín
no cole dos maiores e sen lugar a dúbidas resultou... espeluznantemente
divertido!
Para
comezar, que mellor xeito de introducirnos nesta celebración que a partir da
lectura de varios contos: El cumpleaños
de Enrique (Edit. Edelvives) e Sonidos
de Miedo (Edit. SM).
A
partir da lectura de ambas historias, mergullámonos nun universo onde as
cabazas, bruxas e pantasmas, convértense en protagonistas indiscutibles que,
lonxe de causar estupor, suscitan tanta curiosidade e fascinación.
Así
pois, da man da pantasma Hu, Lucía, Jorge e Eduardo, celebramos o aniversario
de Enrique que cumpría nada máis e nada menos que... 400 anos! Axiña
empatizamos coa pantasma Hu, pois ademais de non gustarlle iso de asustar aos
demais, é a pantasma máis medoñenta que endexamais se viu nas historias pantasmagóricas
de todos os tempos... incrible!
![]() |
El cumpleaños de Enrique (Edit. Edelvives) |
Algo
similar ao de Ruperta, a cabaza que situamos nun espazo privilexiado da aula
para decatarnos que se lle daba a luz do sol, non paraba de moverse... cousa de
encantamento!
Do
mesmo xeito empregamos as TICs para coñecer e valorar tradicións representativas
desta celebración como a do “Truco ou Trato” propia doutros países. Nesta
ocasión partimos dun capítulo dos Little
Einstein, onde ademais de aprender curiosidades sobre distintos
instrumentos musicais, memorizamos, mimamos e dramatizamos a canción de “Truco o Trato”... amazing! Tamén disfrutamos -uns máis que outros- da curta Pet
of Drácula (La mascota de Drácula), onde non sabemos
exactamente si é a música de tensión ou o protagonista o que fai que máis dun
pase medo, moooito medo…
E aínda quedaba o mellor, un aparello
con sons de medo que nos serviu para comprobar se eramos quen de adiviñar de
que se trataba en cada caso. Algúns sons estaban doados, eran similares aos
sons que aparecen no conto de Sonidos de
Miedo (Edit. SM), pero outros… canta imaxinación!
![]() |
Sonidos de Miedo (Edit. SM) |
Asemade,
e por se todo isto fose pouco, dende o centro solicitouse a colaboración das
familias para a elaboración das cabazas. Había cabazas para todos os gustos:
dende vampiros, morcegos, mouchos e piratas, ata cabazas baby con chupete incorporado... que sorpresa!... mil millóns de
grazas, familias!
Proba
irrefutable destas obras de arte, o diploma co que nos agasallou a teacher Pili no salón de actos do cole... It was very
fun, thank you teacher!
Unha
vez comentadas nas asembleas matinais polos donos e donas de cada cabaza o seu
proceso de elaboración, quen lles axudou, que materiais empregaron...,
colocamos as cabazas en ringleira no corredor... abofé que semellaba unha
escola encantada coma o castelo no que vivía Enrique!
Incluso,
unha asemblea resultou aterradora coas luces apagadas e a luz que saia dunha
das cabazas que traia luz eléctrica no seu interior... fascinante!
Truco ou trato?... Xenial!... a
editorial de MUNA agasallounos cunha piruleta sen gluten que viña nun cestiño
idéntico ao dos Little Einteins… que
coincidencia!
Isto, e a canción titulada: Noche de terror, foi o mellor colofón
duns días… terrorificamente divertidos! HA HA HA...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario