COMEZAMOS UN ANINOVO: FELIZ 2015!!!
miércoles, 31 de diciembre de 2014Publicado por Profe J.Ricardo 1 comentarios
HO!, HO!, HO!...
jueves, 25 de diciembre de 2014
Moitos estaredes sen palabras e preguntándovos como Papa Nöel
entrou nas vosas casas para deixarvos xunto á árbore de Nadal os
agasallos cos que estaredes disfrutando; senón é así, non vos
preocupedes, xa que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente non
se esquecerán das cartas que lles entregamos cando viñeron visitarnos ao cole.
Para iso, lembrade o que hai que facer na noite de Reis senón queremos que nos
pase como a Martiño… están máis cerca!
Siii..., unha vez
aberta a última venta do noso Calendario de Adviento, a ventá do día 24 de
decembro... chegou o NADAL!!!
E os nenos e nenas de 3 ANOS B, queren desexarvos un BO NADAL no que todos os
vosos soños e desexos se convirtan en realidade.
E pola miña parte, neste día tan especial, gustaríame desexar a todos cos que compartín un sorriso, unha bágoa, un soño ou simplemente un momento da vida e deixástedes unha pegada en min que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar onde ir e alguén a quen querer.
Un saúdo con delicioso sabor a
turrón de chocolate con améndoas e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
Publicado por Profe J.Ricardo 1 comentarios
GRAZAS, querido público!
viernes, 19 de diciembre de 2014
Baixo o título CIRCUS, agochábase a performance que gardamos con secreto ás
nosas familias e que con traballo, constancia, entrega e ilusión, moooita ilusión, preparamos pouquiño a
pouco, logrando converternos en todos uns profesionais do mundo do circo.
No escenario recreamos algúns dos números máis representativos do maior
espectáculo do mundo: o circo… lembrades?
Comezaron o show uns FORZUDOS
que excelentemente amosaron estar en plena forma co levantamento de pesas; tamén
unha incrible DOMADORA que con arte e enxeño conseguiu que 3 feroces LEÓNS pasaran
por dentro do aro e fixeran un exercicio de equilibrio... que valor!...
Logo foi o turno dun fantástico ENCANTADOR DE SERPES que logrou hipnotizar a
unha serpe agochada no interior dunha caixa… incrible! Tamén os EQUILIBRISTAS
que camiñaron con gran temeridade por unha corda de cor azul servíndose unicamente
para o exercicio dunhas picas… uns auténticos profesionais!
Por último, no noso CIRCUS non podía faltar un número de maxia que
correu a cargo dunha fermosa MAGA que amosou as súas dotes circenses facendo
aparecer nada máis e nada menos que... un coello da súa chisteira!... E que dicir das 5 presumidas MAJORETTES que deleitaron ao público coas súas variñas de súper-bailarinas!...
Ah!... e quen
falta?... Exacto!, os nosos PALLASOS, xeniais coas súas trompetas e narices de
cor vermella... estupendos!...
![]() |
TITIRICIRCUS. (Edit. Kalandraka) |
Así pois, cadaquen metido no papel que nos tocou desenvolver no
escenario, logramos emocionar a un público sempre entregado ante este tipo de
acontecementos... uf, apenas quedaban
sitios libres nas gradas do pavillón!...
Estabamos requete-guapísimos,
extra-ideais,... non nos faltaba detalle! Familias, mil millóns de grazas pola
vosa colaboración!...
Agora, despois dun 1º trimestre
cargado de traballo, actividade e aprendizaxes, chegan as vacacións, pero non perdades
de vista o noso blogue, xa que agardamos seguir sorprendéndovos tamén durante
as vacacións de Nadal.
Publicado por Profe J.Ricardo 5 comentarios
CiRcUs, CiRcUs!!!...
viernes, 12 de diciembre de 2014
SI, SI, SIII..., O FESTI XA ESTÁ AQUIIÍ!!...
A nosa posta en escena comezará da man de EVA e SABELA R.G. que serán as encargadas de abrir o telón que dará inicio a un dos espectáculos máis fantásticos do universo mundial...
CiRcUs!!!
Familias!!... Estades tooodas convidadas, tan só quedan por ultimar uns pequenos detalles e... todo listo!!... Así que: dedos cruzados e facédenos sentir os vosos aplausos! A nosa actuación é por e para vos, familias!!...
Xa o sabedes, o vindeiro VENRES 19 de DECEMBRO ás 10:00h., agardámosvos no "Festival de Nadal"...
Publicado por Profe J.Ricardo 5 comentarios
MOMENTOS DELICIOSAMENTE MÁXICOS...
viernes, 5 de diciembre de 2014
Esta semana, incorporamos unha nova rutina á asemblea matinal
aproveitando a inminente chegada do Nadal: a rutina do “Calendario de
Adviento”... que emocionante!
Así, o luns 1 de decembro, o inicio da semana e da xornada resultou
sorprendente, pois no banco da asemblea había unha caixa -nin moi grande nin
moi pequena- cunha ilustración típica do Nadal na que aparecía Papá Noel no seu
trineo repartindo agasallos na Noite de Nadal, pero... de que se trataba?...
Pois ben, tratábase do “Calendario de Adviento” co que realizaremos a
conta atrás para o comezo do Nadal.
Cada mañá, o súper-encargado/a
-con gorro de Papá Noel incorporado-, logo de escribir a data diaria, moi
amodiño abre a portiña do día no que nos atopamos para descubrir que debuxo se
agocha na chocolatina... mmm, delicious!...
Asemade, o súper-encargado/a diario
ten outro cometido relacionado con esta nova rutina, pois cada mañá nomeará a
un “axudante” que, -tamén con gorro de Papá Noel incorporado-, colabore no
desenvolvemento normal desta nova actividade cotiá que tanta expectación
levantou.
Sen dúbida, a introdución desta rutina cotiá, proporciona un cúmulo de
experiencias que non deixamos escapar, pois ademais de realizar actividades relacionadas
coa lóxica-matemática tales como contar, iniciación á suma e á resta,
identificación e trazado de números… propicia multitude de conversas sobre esta
data que tan máxica e especial nos resulta.
No noso “Calendario de Adviento”, aparece unha ilustración de Papa Noel
no seu trineo co saco cargado de agasallos. Como non podía ser doutro xeito, do
trineo tiran os seus compañeiros fieis: os renos.
Sabiades como se chama o reno que sempre sempre vai de primeiro?...
Chámase Rodolfo, un reno do que o resto de renos se rían ata o momento en que Papa
Noel o converte no seu principal axudante.
Rodolfo, é un reno diferente, especial, é o único reno que ten o nariz
de cor vermella e sempre vai diante de todo para que Papa Noel non se perda
polo ceo e os agasallos lles cheguen a todos os nenos e nenas que lle escribiron
a súa carta.
A incorporación desta nova rutina ás nosas asembleas, supón o comezo
dunhas semanas cargadas de sorpresas e de ilusións compartidas: rematamos o noso
primeiro trimestre no cole dos maiores -momento no que levaremos todos os
traballiños realizados para ensinar ás nosas familias-, celebraremos os
derradeiros aniversarios do trimestre -EVA, JUAN RAÚL e YAIZA..., xa vos queda
menos!-, a chegada próxima de Papá Noel e das SS.MM. os Reis Magos de Oriente,...
e un senfín de cousas máis coas que dalgún modo, os maiores voltan a ser de
novo un chisquiño máis nenos...
Lembrade... os Reis Magos existen!, existen no corazón de cada un dos
que cren neles!!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
Publicado por Profe J.Ricardo 2 comentarios
TOC, TOC! QUERES PASAR?
viernes, 28 de noviembre de 2014
Logo dun Halloween-Samaín
escalofriantemente divertido e dun magosto sensacional, proseguimos na nosa
aprendizaxe mergullados, antes da inminente chegada do Nadal, no traballo do
centro de interese da casa-familia.
Comezamos coa lectura do conto da unidade titulado: “A chave dos bicos”; unha historia coa que descubrimos que en
Nubaris os obxectos cobran vida e que tanto as dependencias dunha casa nubari
como as accións que nela se desenvolven son perfectamente recoñecibles en
situacións das nosas vidas.
Asemade, ao inicio de cada centro de interese, as asembleas matinais convertiranse
nuns excelentes aliados á hora de detectar cales son os nosos coñecementos
previos sobre o tema obxecto de traballo.
Deste xeito, e aproveitando estes coñecementos previos sobre o centro de
interese da casa, centrámonos no recoñecemento e identificación das
dependencias, espazos e obxectos propios dunha casa.
E... todas as persoas vivimos en casas ou en pisos?... Uf!, isto si que resultou máis
complicado, achegándonos progresivamente a distintos tipos de construcións
existentes xa en realidades lonxanas á nosa.
Para isto, e coñecedores das repercusións na estimulación do cerebro, da
aprendizaxe e da memoria dos “Bits de Intelixencia”, comezamos a traballar con
estes materiais convertíndose nun recurso didáctico excepcional que propiciaron
un primeiro achegamento a diferentes tipos de vivendas tales como os rañaceos
de Nova York, as casas colgantes de Cuenca e mesmo as casas flotantes de
Amsterdam... que interesante!


O uso sistemático destas láminas, propiciou a observación e identificación dalgúns elementos representativos destas construcións: teñen tellado, chan, paredes, ventás, balcóns, portas…, aprendimos que están construídas de ladrillos, tellas, cristal, madeira… e, sobre todo, que cada dependencia emprégase para algo diferente: durmir, comer, descansar...
Por outra banda, e no tocante ao traballo do centro de interese da familia,
falamos dos membros que compoñen as nosas unidades familiares, en que
traballan, que cousas fai mamá e papá na casa... ocupando un lugar destacable
nestas conversas dirixidas as nosas mascotas.
Para iso, apoiámonos nunha actividade que propiciou sempre un grato
encontro entre familia-escola, consistente na decoración -con foto incluída- dunha
casiña troquelada a partir do uso de diferentes elementos, materiais e técnicas
da linguaxe plástica. Unhas incipientes obras de arte que serviron como
elemento decorativo para o corcho frontal da aula.
Neste senso, o rincón de xogo simbólico (“rincón da cocinita”),
convírtese nun espazo de aprendizaxe privilexiado ao proporcionar situacións
nas que actuamos, planificamos e tomamos a iniciativa en distintas tarefas
relacionadas coa vida en familia: imos á compra no súper, coidamos dos bebés,
poñemos a mesa e facemos a comida… distintas situacións nas que asumimos os
roles sociais dos membros da familia favorecendo a construción da identidade
persoal.
Durante estes días, ademais, incorporamos unha nova compañeira de xogo. Siii..., é NUBA!, pero é unha NUBA
diferente, unha NUBA especial... unha NUBA enooorme!!...
Con ela xogamos na cocinita e no súper...
E traballamos como auténticos súper-maiores
nas actividades que forman parte do segundo libro cuxo eixo é o corpo humano...
case nada!!
Ah!... todo isto sen
esquecernos de que NUBA, iniciou a semana pasada o seu roteiro por Rianxo. E
para comezar, NICOLÁS e a súa familia, foron os primeiros anfitrións para NUBA,
cantos sitios visitou, non parou!...
Trazamos as nosas primeiras grafías a partir da escrita de palabras
reais e contextualizadas, recreamos o país de NUBARIS, pegamos fotografías,
debuxamos..., e botamos purpurina, moooita
purpurina... quedou chulísimo!
Agora xa, a partir da vindeira semana, comezaremos a disfrutar das
modificacións que se producirán na escola, e particularmente na nosa aula, coa
chegada do Nadal. Seguide moi atentos ao noso blogue, isto non fai máis que
comezar e... contamos convosco... familias!!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
Publicado por Profe J.Ricardo 2 comentarios
CiEnCiA kIdS!...
viernes, 21 de noviembre de 2014
Sabedores das repercusións da
apertura ao contorno no noso desenvolvemento integral, hoxe desenlvovimos a
nosa primeira saída da escola... foi algo estupendo!
O certo é que os días previos,
o profe xa nos anunciara que o venres, día no que lle poríamos o casco do
espacio ao coelliño de cor vermella, asistiriamos ao Auditorio Municipal de
Rianxo, ese edifício que se atopa onda o parque da ribeira, o parque que ten un
barco pirata... sabedes?...
Pois ben, por fin chegou o día
e moi nerviosos, desenvolvimos como se dun día máis se tratase a asemblea
matinal.
Así pois, MICAELA levou a cabo
unha a unha as rutinas cotiás establecidas para este momento da xornada:
fichaxe de ausencias e presencias, constatación do tempo atmosférico -hoxe por
fin nin nubes nin choiva... hoxe sol!-, escribimos a data, o nome da súper-encargada... etc... xa asoman as
primeiras grafias recoñecibles nalgúns nomes... estupendo!...
Posteriormente, iniciamos unha
conversa guiada acerca do mar e dos elementos que se agochan no fondo mariño. Entre
todos e todas apuntamos unha gran variedade de especies: peixes, cangrexos,
estrelas de mar, golfiños e... tabeiróns, estes por suposto non podían faltar!...
Posteriormente, achegámonos ao
mexillón, unha das especies mariñas que se dan no noso contorno cotiá. Así
pois, constatamos a cor da súa cuncha, a necesidade de quitarlle a cuncha para
poder saborealos, a cor laranxa da súa exquisita carne, tamén descubrimos o lugar
onde se crían: as bateas...
Tras este torbeliño de ideas,
puxemos as nosas prendas de abrigo e dirixímonos ao auditorio.
Amodiño, moi amodiño
transcurrimos polas rúas da nosa vila agarrados das ás de bolboreta da corda de
paseo que, nesta ocasión era de cor azul.
Xa no auditorio, agardábannos unha
profes, algunha con mandilón de cor branca coma o do profe. Pero... eran
profes?... Nooon, eran científicas!...
De xeito organizado, onda os
nosos amiguiños e amiguiñas de 3 ANOS A, rotamos polas 3 estacións, nas que se
desenvolvían diferentes obradoiros.
No primeiro deles, coñecimos algunhas
das especies que existen no fondo mariño: tartaturgas, cangrexos, polbos... e
ata un tabeirón! Si, si... nun frasco de cristal
entre un líquido transparente atopabase un tabeirón pequeno… quedamos sen
palabras!
Alí tocamos, ulimos,
experimentamos... algunhas das propiedades e cualidades físicas destas e outras
especies mariñas... e ata escoitamos o rumor das ondas do mar nunha enorme
caracola... fantástico!
Xa no segundo obradoiro,
descubrimos e identificamos algunhas das propiedades da auga a través de
diferentes experimentos nos que, convertidos agora si que si en todos uns
científicos con gafas de súper-científicos
incluídas, misturamos aceite cun líquido de cor azul, verificando coma o aceite
quedaba na parte superior... e mira que remeximos!...
Finalmente, no terceiro e
derradeiro obradoiro, centrámonos no mexillón e, moi especialmente no plancton,
que é do que se alimenta este molusco.
Como era de agardar, as
relacións con Bob Esponja non tardaron en aparecer e, coma o plancton é tan tan
pequerrecho que apenas se pode ver, unha científica ensinounos un microscopio
no que ollamos como este se movía dun lado para o outro sen parar...
Xa de volta na clase, o cúmulo
de situacións vividas propiciou a constatación de diversos descubrimentos e
aprendizaxes, especialmente no referido á adquisición de actitudes positivas
cara a conservación e coidado do contorno natural, especialmente no referido ao
fondo mariño.
Sen dúbidas, un día repleto de
aprendizaxes que non fan senón contribuir á comprensión do noso pequeno-gran
mundo…
Agora a seguir traballando que
o 1º trimestre emprende a súa recta final e moi pronto comezaremos a vivir un
dos momentos nos que ata os máis maiores voltarán a ser de novo nenos e nenas…
o Nadal!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
Publicado por Profe J.Ricardo 3 comentarios
Suscribirse a:
Entradas (Atom)