A medida que avanzan as datas
no calendario escolar, sucédense as diferentes celebracións propias de cada
época do ano. Esta semana, tocoulle á festa das castañas, ao magosto, cuxa
celebración tivo lugar hoxe nas instalacións do noso cole.
Sen lugar a dúbidas, o magosto,
foi o colofón excepcional para unha semana na que tratamos de definir e
concretar máis que nunca as características, elementos e modificacións que se
producen no contorno físico e natural e na vida das persoas coa chegada do
outono.
Deste xeito, nas asembleas
matinais, incorporamos como unha das rutinas da aula a observación,
manipulación e experimentación de froitos típicos do outono que as nosas
familias aportaron para a exposición organizada no cole.
Nestas cestas había distintos
froitos desta época do ano; dende os máis representativos como as castañas ou
as noces, ata outros menos habituais que moitos de nos apenas coñecíamos.
Desta vez tivémolo difícil, xa
que DANIELA e LEO nos trouxeron uns froitos ben raros que ata pasados uns días non
fomos quen de saber de que froito se trataba en cada caso: unha pera, un pomelo
ou un coco?... Pois ningún destes, tratábase dun saboroso... mango!
Pois si que andiveron atarefadas as familias do cole, pois ademais de aportar as cestas cos froitos do outono para a exposición e as castañas picadas para o magosto, tamén tiveron que despregar a súa imaxinación para elaborar unha manualidade cuxa materia prima debían ser elementos naturais do outono: froitos, follas secas, paus, pedras... e unha vez máis, sen palabras!, canto artista sen descubrir hai en Rianxo e menudo grao de implicación... parabéns!
Foi tal a resposta ante esta
actividade plástica por parte das familias que, os órganos de coordinación
docente que organizaron as actividades plantexadas, decidiron organizar unha
xornada de portas abertas para o vindeiro luns en horario de 16:00h. a
18:00h.,... non podedes faltar!
Por outra banda, entre as
diversas e variadas actividades impresas cuxo elemento motivador era o outono:
decoramos un ourizo, completamos o corpo dunha nena debuxándolle a roupa
apropiada para esta época do ano (chuvasqueiro, pantalóns... e algúns ata lle
debuxamos luvas), recortamos con máis ou menos destreza froitos do outono que
posteriormente pegamos nunha cesta, decoramos paisaxes con elementos
representativos do outono...
Asemade, tamén fixemos debuxos varios do outono, uns debuxos que neste curso empregamos para moito máis que para decorar a nosa clase, pois servíronnos para crear o deseño da viseira e o cesto para as castañas do magosto.
Hoxe, no magosto, pasámolo fenomenal
participando nos xogos populares organizados no recinto do centro coma o
“Remuda da castaña”, “Recolle as castañas”, “Carreira de sacos”, “Pasea a
castaña”, “Castaña ao ourizo” e o “Tragacastañas”.
Mentres disfrutabamos cos xogos preparados, as castañas axiña estiveron listas e preparadas para comer, aínda que ben é certo que non son os nosos froitos de outono preferidos...
Mentres disfrutabamos cos xogos preparados, as castañas axiña estiveron listas e preparadas para comer, aínda que ben é certo que non son os nosos froitos de outono preferidos...
E para rematar este día, logo de repoñer forzas coas castañas e coa merenda, que mellor que bailar ao ritmo do “Just Dance”; coreografías imposibles ao ritmo da música máis actual.
Bueeeno, pero que súper-maiores somos xa: facemos as filas
para os xogos agardando cada vez con máis paciencia a nosa quenda, entramos sós
ao pavillón dos maiores para ir ao baño, bailamos ao ritmo da música dos
maiores sem deixar tempo para as pelexas... estupendo!
E agora que?... Pois axiña comezarán os días máis estupendos e marabillosos para calquera neno e nena: o Nadal; a época do ano na que ata os máis maiores volven a ser nenos. Ademais, prometémosvos que o Nadal deste curso quedará no recordo de todos e todas... será algo estupentástico, sorprenderémosvos!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos
comentarios!
7 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- LOIS: "La piraña roja". (Edit. Anaya)
Esta semana incorporamos a lectura e escrita en letra enlazada en pauta o grafema /i/.
Que ben o pasades !!!!!
Xa nos queda pouquiño para o Nadal, e por fin, o esperado FESTIVAL.
que andarán a argallar?????
Estes nenos non soltan prenda teremos que esperar ó día
Bueno, bueno y qué pasará cuando no estemos bajo el control del profe Ricardo...porqué con los otros profes nos portamos tan mal?
Pois para o vindeiro curso, os nenos e nenas collerán como punto de referencia ao seu novo mestre-titor do mesmo xeito que sucedeu con anteriores promocións.
En Educación Infantil é moi habitual que o grupo-clase presente comportamentos diferentes dependendo si é o mestre-titor ou o mestre especialista o que se atopa na aula.
Eso pasa sempre cos nenos e nenas,... sonche moi listos/as. Por que non se portan igual cos pais, que cos avós, que cos tíos ????
Non me parece nada apropiado o comentario de Isa, son etapas e cando teñan outros profes terán que ir adaptándose uns aos outros (o profe aos nenos tamén)
jose ricardo bo fin semana son rodrigo
Ola Rodrigo. Moitas grazas... es un sol e o vindeiro curso botareite de menos...
Publicar un comentario