Cun chisquiño de retraso, non podedes imaxinar todas as
cousas que nos quedaron por contarvos do noso fin de curso… xa criades que nos
esqueceramos, non?...
Esta última semana de curso resultou intensa, moooi intensa, pero non no que a
traballo se refire… nooon! Resultou intensamente divertida e xenial,
vivindo días fora do cotiá que convertiron esta semana no mellor colofón a un
curso repleto de mil millóns de experiencias, actividades e vivencias que
seguen axudándonos a facernos cada vez máis e máis súper-maiores…
Así, comezamos a semana o LUNS, pechando algunhas das
actividades impresas “de archivar” que quedaban pendentes. Eran actividades
impresas, “fichas”, sinxelas, que nos servían para consolidar aprendizaxes
vencelladas coa lóxica-matemática e a lecto-escritura… Os resultados?... Moi
mellorables nalgúns casos, e é que o cansancio de todo o curso estaba máis que
patente en máis dun de nós e no colexio xa olía a vacacións…
O MARTES, acudimos ao Auditorio Municipal de Rianxo. Ese
día, contounos o profe que pasara algo insólito e inesperado, un tren cargado
de ilusión, música, festa, baile e xogos parara no auditorio da nosa vila. Este
tren chámase MARÍA FUMASA e leva percorrendo o mundo unha morea de anos,
cargado de historias divertidas para que cantemos e bailemos e así ser todos e
todas moito máis felices.
Xa no auditorio, coñecimos á Bruxa Maruxa e mailo ao seu
axudante que non pararon de cantaruxar.
Un concerto didáctico que nos ofreceu a oportunidade para
sentir máis, para rir, bailar e cantar. E de premio?... A Editorial Galaxia
agasallounos cun dos seus contos: Mola
que chova, De cores e de amores, Sabeliña e os ratos e Flis-fli-ris-flás… fantástico!
O MÉRCORES, e como non podía ser doutro xeito sempre ollando
para o ceo que apuntaba choiva, logo da asemblea matinal baixamos de picnic a un dos parques máis concurridos
de Rianxo: ao parque da tirolina. Alí corrimos, saltamos, rodamos, trepamos e…
merendamos! Non sabedes o ilusionados que iamos coa nosa bolsiña de picnic…
E o XOVES?... Siii,
a súper-festa que un curso máis nos
tiña preparada o profe, cunha merenda ben diferente ao do resto do curso con snacks diversos e para beber zumes,
batidos, bebidas isotónicas…
Encantadores e sempre estupendas coa coroa con motivos do fondo mariño
que elaboraramos días atrás; comimos, xogamos cos pompeiros que varios
compañeiros e compañeiras trouxeran e… movemos o esquelete coas últimas
novidades musicais do momento… canto artista reunido por metro cadrado, sen
palabras!
Asemade, este mesmo día tamén celebramos o aniversario de
ROI cun biscoito elaborado para a ocasión… agora só quedan XIANA X., TANIA,
DIEGO e LOIS na tarta de 4 anos!
Foi un aniversario especial, xa que tivemos a visita dunha
animadora de sobra coñecida por todos e todas que nos deseñou uns animais divertidos
nada máis e nada menos que con globos de diferentes formas, tamaños e cores…
cans, serpes, flores, espadas -de broma-… para todos os gustos! E como nos
portamos?... Peor que os nenos e nenas de 3 anos,… que vergoña!, sentímolo
profe…
Xa o VENRES, un curso máis os profes do cole organizaron a
“Festa da Auga”, xogos divertidos cuxo elemento motivador era a auga. Había o
xogo do vaso na cabeza, o dos camareiros, o relevo de esponxas, as piñatas con
sorpresa…


Pero dentro de tanta diversión, o realmente máis divertido,
o “chirigingueitor” organizado para media mañá, suspendeuse por mor do tempo
que naquel preciso momento non acompañaba para mollarnos dos pés á cabeza… que
mágoa!
Un desencanto que nada máis chegar á clase deixamos atrás. Voltamos
a merendar cos snacks e biscoito
sobrante do día anterior e… quen se lembraba do “chiringueitor”?,… cando
ademais o venres pasado, grazas a uns bombeiros re-saladísimos vivimos unha
festa da escuma improvisada na que tanto
nenos e nenas como profes acabamos… em-pa-pa-dos!
Agora xa, e despois dun curso tan intenso, tócanos disfrutar
destas merecidísimas vacacións. Teremos tempo para ir á praia, á piscina, ao
parque, a festas varias e, por suposto, os máis afortunados, a visitar novos
lugares… intentando reservar un anaquiño de tempo para traballar todo o que
aprendimos ao longo do curso, que senón en setembro…