Xa vos contaramos a estupenda
viaxe que fixeran Pascuala, Fernando e
Rosalía montados nunha fregona voadora. Fora unha viaxe fantástica na que
aproveitamos para observar e identificar características, hábitats e coidados
necesarios dos animais.
Deste xeito, e tendo máis ou
menos claras as diferenzas entre os animais domésticos e os animais salvaxes e
entre a selva e sabana, estes días traballamos, servíndonos de novo da viaxe de
Pascuala como alicerce, algúns medios de transporte e algúns medios de comunicación.
Para comezar, a partir da lectura
do conto da unidade: “Voando á selva”,
observamos os vehículos que aparecían no seu relato argumental establecendo
diferenzas entre eles en canto ao seu tamaño, capacidade, forma, rapidez…
Asemade, nas asembleas matinais
falamos sobre diferentes medios de transporte e o medio físico polo que se
desprazan.
Nestas conversas dirixidas
saíron moitos e variados medios de transporte; dende os máis tradicionais como
o coche, o camión ou o autobús, ata os máis ultra-modernos como as motos
acuáticas, os platillos volantes e os cohetes espaciais.
Tamén realizamos descricións
dalgúns vehículos nomeados, conversando sobre a súa utilidade: viaxar,
desprazarnos a lugares que están lonxe, transportar mercancías…
Pero sen lugar a dúbidas,
parte das conversas suscitadas xiraron moi especialmente arredor dos medios de
transporte que se desprazan polo aire: avións, globos, helicópteros, ala delta,
parapentes, paracaídas… ocupando un lugar privilexiado os platillos volantes, os
cohetes e naves espaciais, pois xa dende principio de curso, son diversos os
deseños realizados destes medios de transporte no momento do debuxo libre…
espectaculares!
Por iso, e como non podía ser
doutro xeito, todos estes coñecementos e aprendizaxes pasámolos unha vez máis ao
papel en forma duns debuxos nos que cada vez amosamos máis seguridade e
confianza: camións, barcos, submarinos e… ata un coche descapotable!
Todo este traballo, levámolo
a cabo de forma máis ou menos ordeada, levantando a man e gardando a quenda
para falar. Uf, isto si que é
complicado!... é que ultimamente temos a todas horas unhas ganas de falar
alucinantes!...
Este novo centro de interese
ademais, posibilitou o traballo transversal de elementos vencellados coa
Educación Vial, insistindo na necesidade de respectar as normas de circulación
viaria, co obxecto de previr accidentes.
Tamén lembramos o importante
que resulta camiñar polas beirarrúas, utilizar os pasos de peóns ou semáforos
para cruzar e mirar antes de facelo. Así como non molestar a papá ou mamá cando
van conducindo, levar abrochado o cinto de seguridade e, aínda que sexamos
maiores, ir sempre ben sentadiños na nosa silla do coche.
Agora que xa somos uns
pequenos-grandes expertos nos medios de transporte e que falta moi pouquiño para
que cheguen as vacacións de verán, non estaría nada mal que decidiramos que
medio de transporte empregaremos nestas vacacións… por terra, mar ou aire?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
5 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- RODRIGO: "Los osos toman el sol". (Edit. Vicens Vives)
Que interesante que lle inculquedes un pouquiño de normas, ás veces resulta mellor que llas marquen dende fora, entendenas perfectamente, e ata nos corrixen!
que rápido pasou este curso !!!!
xa non queda case nada para o seu fin
e para o ano super maiores de infantil
Cuando los comentarios realizados en cualquier medio son anónimos (sin nombre y/o apellidos), hay que interpretarlos y calificarlos como algo que carece de importancia, sin permitir que afecten en ningún ámbito vital.
Siempre Tuya
CREO QUE NINGUN COMENTARIO CARECE DE IMPORTANCIA, DADO QUE SEMPRE VEN DE ALGUEN QUE VALORA ESTE TRABALLO COMO TAL" : PAPÁS, XENTE INTERESADA EN PERDER 5 MINUTOS EN VER QUE PASOU ESTA SEMANA... VAMOS, PERSOAS QUE SE MOLESTAN EN SABER UN POUQUIÑO MAIS DO DIA A DIA DOS NOSOS PEQUES.
DE TODAS FORMAS... PARA TODO HAI UN SINFIN DE INTERPRETACIONS, FALTARIA MAIS!
PARECEME DEMASIADO IMPORTANTE O BLOG!!
E FAIME GRACIA MARCAR A PESTANIÑA DE DE ANONIMO. SONIA
Publicar un comentario