Foi unha semana "complicada", con moitos traspés e cun ritmo de traballo frouxo se temos en conta o de outras semanas, e é que xa sabedes que para nós calquera novidade que aconteza no cole afectános dunha sobremaneira, non vos podedes facer unha idea ata que punto.
En primeiro lugar, moi nerviosos, ilusionados, hiper-excitados... e todo o que poidades imaxinar elevado á máxima potencia, o profe foinos chamando para poñer a gorra-viseira elaborada ao longo destes días, por certo, un dos modelos máis comentados polo resto de profes do cole, quedaron abraiados do ben que debuxabamos... Estabamos moi moi guapos; e o profe?... Tamén!!!
Xa na asemblea levamos a cabo as rutinas de entrada: elección da súper-encargada, fichaxe de ausencias e presenzas, constatación do tempo atmosférico -hoxe Sandra tívoo doado... choiva!-, actividades de cálculo, de lecto-escritura... e conversas vinculadas co día de hoxe: o outono e os cambios que trae consigo no contorno natural e na vida das persoas.
Deste modo, aproveitamos as estupendas cestas que moitos dos nosos compañeiros e compañeiras trouxeron e que nos permitiron comprobar de primeira man algunha das súas propiedades en canto a cor, tamaño, textura... e que suscitaron curiosas e ocurrentes situacións. Todavía non entendemos como os tomates eran de cor laranxa. Estaban “caducados”, profe!
Mentres tanto, aproveitamos un anaco de tempo para realizar actividades de lecto-escritura coñecendo á Señora da Montaña, o M, e o que lle acontecera nun dos seus paseos polo bosque do País das Letras. Quedaramos intrigados e especialmente interesados na resolución da desaparición das súas fillas, as xemelgas N-Ñ...
E xa por fin, os nosos cestos coas castañas, unhas castañas que moitos de nos nin probamos porque como somos moi coitados, decidimos levarllas ás nosas mamás. E os papás?... Uff, eee, pois ninguén se lembrou deles, así que non comerán castañas.
Finalmente, un momento reservado para a expansión vital e a catarse; e a ritmo das nosas cancións preferidas movimos o esquelete con máis ou menos acerto, xa que claro, coma sempre, hai a quen lle gusta dar a nota e aproveitase para facer das súas: foi súper-divertido!!!
Sen lugar a dúbidas, un día especial, pero... as fichas?, cando facemos fichas profe???...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
3 comentarios:
Outono chegou,
téñome que abrigar,
porque si non me abrigo,
voume a resfriar: atchís!!!
Sopra vento sopra: uuuuuhhh!!!
e volve a soprar: uuuuuhhh!!!
Soan tronos, soan: tum, tum!!!
Vai a chover xa: ssssssch!!!
Bueno,bueno....esta supermegaentrada merece moitos comentarios:
*en primeiro lugar agradecer ó profe que nos dé noticias "tan frescas" do acontecido...
*felicitar ós nenos polo laborosio que lles foi facer eses complementos para o magosto, que, por certo, chamaron a atención, vaia viseras!!!!!.Parabéns polo diseño
*axudar a facer a do profe seguro que lles fixo moita ilusión, de feito o debuxo estaba moi ben, bueno, en realidade, tódolos debuxos eran moi chulos...
* e coma sempre, unha imaxe vale máis que mil palabras polo que amosan as fotos; pasáronno pipa...
E para finalizar só comentar que GRAZAS polas sabrosas castañas.
Unha aperta para todos os nenos de 5 anos B que son tan traballadores que ata o día de festa se acordan das fichas.
Foi un magosto diferente pero igualmente requete-divertido.
Saúdos.
Publicar un comentario