Posiblemente xa oístes
falar de PABLO, BERTA e MUNA. Pois ben, mergullados en “Los increíbles Mun”, desenvolvemos variadas actividades nos libros
de maiores clasificados por equipos na zona de traballo obrigatorio.
“Los increíbles
MUN” son uns monstros peludos, con moitos dentes e de moitas
cores. Todos son diferentes, pero xuntos forman unha gran familia: MUNA, MUNELA
e MUNÍBAL.
Así, neste primeiro
curso de 3 ANOS, contamos con MUNA, un pequeno monstro de cor laranxa con dous
ollos, dous cornos de cor amarela e 2 dentes.
MUNA é alegre,
divertida e moi curiosa, sempre atenta para descubrir os segredos e misterios
que se ocultan ao seu redor.
Durante todo este
tempo, MUNA atoparase situada nun lugar privilexiado da aula e converterase nun
excepcional eixo motivador que nos presentará, a través das súas fascinantes
historias, cada centro de interese: a casa e a familia, a alimentación, a rúa e
as tendas, os animais e plantas, os medios de transporte e profesións, as
paisaxes... canto traballo!
Deste xeito, co gallo
da dimensión dos Mun, fai unhas semanas estreamos os cadernos de traballo que
nos facilitan un primeiro achegamento a distintas técnicas instrumentais
básicas: rodear, riscar, colorear...
Para comezar,
como actividades previas e de motivación, coñecemos algunhas das normas de uso dos
libros. Somos nós os encargados de buscar a actividade impresa -pasando unha a
unha cada folla-, os libros non son para xogar, nin para erguer da mesa, rachar
ou dobrar... -amodo que se estragan!-...
Ao tempo, os
primeiros días en pequeno grupo, agora xa en gran grupo, iniciámonos no uso de
diferentes materiais escolares: ceras, rotuladores, lápis, témpera de dedos,
gomets... erguéndonos, de ser necesario, con orde, e traballando en silenzo,
sen molestar aos demais... pouco a pouco...
Rodeamos,
riscamos, unimos, coloreamos, pegamos gomets, pintamos con pincel... sen présa,
prestando cada vez máis atención ao traballo propio e despreocupándonos do
alleo... paciencia!
Agora xa, sabemos
que no tempo adicado ao traballo obrigatorio en mesa, debemos estar atentos na
explicación de cada actividade no momento da asemblea para saber que facer
despois. Para iso, cómpre poñer todo da nosa parte para facelo o mellor que
sabemos, e así, cando levemos os materiais para as nosas casas, as nosas
familias se poñan contentas, moooi contentas...
Non se trata duns
libros calquera... nooon!! Trátase
duns libros diferentes, especiais; son libros de súper-maiores, con actividades interesantes dabondo que nos
axudarán a comprender o noso pequeno-gran mundo...
Cada vez máis
entusiasmados polo traballo cotiá, agardamos con ilusión todas as sorpresas que
nos agarda este mes de decembro no que vos intentaremos contaxiar da maxia do
Nadal... preparados!
Un saúdo
e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Gracias por tu dedicación, para la familia es muy bueno ver y seguir los avances de nuestro hijo, y éste blog nos ayuda a saber más de su mundo fantástico y lleno de ilusiones. Un saludo
Publicar un comentario