Bienvenido

E PARA CELEBRALO... HOXE COCIÑA PAPÁ!

jueves, 18 de marzo de 2010

Por fin hoxe resolveuse o segredo destas últimas semanas, o agasallo que, día a día, moi entusiasmados fomos elaborando na clase para regarlarlle aos nosos papás no “Día do Pai”.
Este curso, e para seguir traballando aspectos vinculados coa coeducación e coa igualdade de oportunidades entre ambos sexos que suscitou o traballo na clase do “Día Internacional da Muller Traballadora” o pasado 8 de marzo, decidimos facerlle nada máis e nada menos cun mandil...
Si, si, un mandil; pois logo de descubrir nunha das asembleas que aos nosos papás lles fascina estar na cociña, non podía haber un agasallo mellor, non credes?...
O seu proceso de elaboración foi sinxelo e serviunos para descubrir unha nova técnica plástica, a do estarcido; pois o debuxo e o texto que lle fixemos ao mandil estaban elaborados a partir desta. Que non coñecedes esta técnica plástica? Entón moi atentos...
O estarcido é unha técnica de pintura decorativa onde se emprega unha plantilla para estampar un debuxo determinado, no noso caso un sol.
Primeiro comezamos pintando por fora do debuxo realizando movementos circulares e no sentido das agullas do reloxo e despois en sentido contrario, como acariciando a superficie. Para o sol usamos a cor amarela no centro, e a cor laranxa para os raios e para o bolsillo empregamos a cor verde.
Finalmente, con coidado e suavemente retiramos a plantilla que, previamente suxeitamos ao mandil con cinta adhesiva para que non se movese.
Cada día, e un tras outro, o profe foinos chamando seguindo a orde da casiña -por iso de evitar discusións, nervios e un estrés innecesario en moitos de nós- e fomos confeccionando os elementos dos nosos mandís: un sol na parte superior e a palabra “PAPA” na parte inferior xusto no centro do bolsillo do mandil. Quedaron sensacionais, non si?...
Outro dos días, elaboramos unha tarxeta na que, do mesmo xeito co curso pasado lle desexariamos aos nosos papás un moi feliz Día e na que nos debuxamos a nós mesmos collidos da súa man.
Esta actividade serviu para comprobar que elementos do esquema corporal integramos xa na elaboración da figura humana. Neste sentido hai que dicir que había debuxos para todos os gustos, uns máis elaborados que outros nos que xa se poden ver algúns elementos desexables na figura humana infantil como as orellas, as pestanas e ata as rodillas. Unha proba de co noso proceso de maduración día a día evoluciona permitíndonos avanzar no noso desenvolvemento harmónico e integral.
Como podedes imaxinar, o “Día do Pai” mudou o normal desenvolvemento da nosa xornada diaria e, posibilitou un sen fin de conversas que, cando menos resultaron interesantes, e nas que aprendemos a valorar cousas que moitas veces, ao estar acostumados, pasan inadvertidas para nós.
Así, nunha das asembleas matinais, decatámonos da sorte que temos ao ter cerca aos nosos papás, vivindo connosco e non noutro lugar, un feito que impediría velo e disfrutar del a cotío como lle ocorre a outros nenos e nenas. E é que na sociedade actual na que vivimos, cada vez hai máis parellas divorciadas ou nais que afrontan a maternidade en soidade; iso sen falar, dos casos que moitas veces conlevan situacións traumáticas para os pequenos relacionadas coa perda dun dos proxenitores ou co abandono.


Por xogar con nós, por servirnos de apoio nos nosos momentos máis “difíciles”, por alentarnos a intentalo de novo tras un fracaso e por felicitarnos tras un éxito, por axudarnos naquelas cousas que máis nos custan... por iso e por outras moitíiiiiiiiiiiiiiisimas cousas máis. GRAZAS PAPÁS e xa sabedes que hoxe para celebralo... cociñades vos!

Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!



8 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

En torno a la actividad del “Día del Padre”: ¿qué opinión os merece que se celebren este tipo de actividades en el ámbito escolar?, ¿lo consideráis algo necesario o una pérdida de tiempo?, ventajas e inconvenientes…
Resultaría interesante conocer vuestras opiniones e impresiones acerca de este tema que tan controvertido y polémico resulta en muchos centros educativos.
Gracias por vuestra colaboración.

Anónimo dijo...

Creo que é unha actividade que se debe levar na clase, aínda que se sabe que hai nenos que non teñen pais,pero paréceme unha actividade coa que os rapaces aprenden a valorar o ter aos seus papás e mamás preto.

Marta dijo...

Hola Ricardo, yo con mis peques he decidido no celebrar ni el Día del Padre ni el de la Madre.En su lugar tengo previsto celebrar "El día de las familias" (15 de mayo). He decidido esto, teniendo en cuenta dos puntos:que hoy en día existen diferentes tipos de familias, y que no en todas las familias existe la figura de un padre a quién entregarle el regalito.
Pero todos los peques tienen una familia(independientemente de los miembros que la compogan)por ello celebramos el "Día de la Familia"

Pero bueno, es una opinión personal,tan válida como la vuestra.
UN BESO

Anónimo dijo...

A min persoalmente gústame que se celebren este tipo de datas nos centros educativos xa que é unha maneira de que os nenos/as valoren o traballo que os seus pais relizan. Pero por outro lado tamén entendo que a un neno/a que non teñan algún dos proxenitores por calquer motivo (morte, separación, abandono,...) lle pode resultar moi traumático.
Neste caso ó mestre/a ten o papel máis duro xa que ten que lidiar co problema do neno/a.

Un saúdo
Moitas grazas.
Papá hoxe cociñas ti (frase que o meu fillo lle dixo o seu pai tan pronto lle dou o regalo)

Anónimo dijo...

En primeiro lugar felicitar ó creador do blog polo milleiro de visitas acadadas, posto que se trata dun dato significativo..
Agradecer tamén a incorporación dos novos apartados e xogos que, aínda que resulte moi laborioso para o profe,fai do blog un espacio máis dinámico para as familias e suscita a curiosidade dos nenos.
En canto á entrada,comentar por unha banda o agasallo, que me pareceu bastante axeitado en canto a traballar aspectos como a coeducación, así como a técnica utilizada para decoralo que tamén parece ser bastante enriquecedera. E por outra, engadir que este tipo de celebracións deberían desaparecer, posto que nese senso a sociedade educativa parece que non avanza parella á sociedade civil, polas situacións comentadas na entrada ....
Para rematar felicitar ó profe pola súa onomástica....

Marisa dijo...

Eu creo que tanto para os nenos como para os pais é moi especial.Para min ten máis valor algo feito por eles no cole que calquera outra cousa que poidas mercar, porque o vexo como un día comercial, coma o día da nai ou o dos namorados.
A eles encántalles facernos algo para ese día, e a nos cáenos a baba co regalo, porque son cousas feitas con cariño.Eu estou dacordo con que se sigan facendo estas cousas.
O día da muller traballadora, a miña filla maior fíxome un broche con limpiadores de pipas(de fumar) de cores, ese día foi unha sorpresa, e púxeno como se fose unha xoia.

Anónimo dijo...

Una actividad bonita, aunque bien es cierto que no es imprescindible en la educación de los niños. Además, creo que si estuviera en el otro lado (si faltara una de las dos personas) mi opinión cambiaría, ya que aunque se lo pueden regalar a otro miembro de la familia no sería lo mismo.

¡Felicidades por las 1000 visitas!

Anónimo dijo...

Unha cousiña que non me gustou do día do pai, foi a nota que nos apareceu este venres coas notas dos nenos/as, na que decía que tiñamos que poñer 3 euros para o regalo do pai. A verdade e que non me parece correcto que se nos avise despois de ter feito o regalo, mellor sería que nos avisasen antes.E quero deixar claro que non é polos 3 euros que supoño que todo o mundo os poñerá senón polas formas.
Un saúdo