Bienvenido

A PANTASMA HU.

viernes, 3 de noviembre de 2017

Estes días vivimos o noso primeiro Halloween-Samaín no cole dos maiores e sen lugar a dúbidas resultou... espeluznantemente divertido!
Para comezar, que mellor xeito de introducirnos nesta celebración que a partir da lectura de varios contos: El cumpleaños de Enrique (Edit. Edelvives) e Sonidos de Miedo (Edit. SM).
A partir da lectura de ambas historias, mergullámonos nun universo onde as cabazas, bruxas e pantasmas, convértense en protagonistas indiscutibles que, lonxe de causar estupor, suscitan tanta curiosidade e fascinación.
Así pois, da man da pantasma Hu, Lucía, Jorge e Eduardo, celebramos o aniversario de Enrique que cumpría nada máis e nada menos que... 400 anos! Axiña empatizamos coa pantasma Hu, pois ademais de non gustarlle iso de asustar aos demais, é a pantasma máis medoñenta que endexamais se viu nas historias pantasmagóricas de todos os tempos... incrible!

El cumpleaños de Enrique (Edit. Edelvives)
Algo similar ao de Ruperta, a cabaza que situamos nun espazo privilexiado da aula para decatarnos que se lle daba a luz do sol, non paraba de moverse... cousa de encantamento!


Do mesmo xeito empregamos as TICs para coñecer e valorar tradicións representativas desta celebración como a do “Truco ou Trato” propia doutros países. Nesta ocasión partimos dun capítulo dos Little Einstein, onde ademais de aprender curiosidades sobre distintos instrumentos musicais, memorizamos, mimamos e dramatizamos a canción de “Truco o Trato”... amazing! Tamén disfrutamos -uns máis que outros- da curta Pet of Drácula (La mascota de Drácula), onde non sabemos exactamente si é a música de tensión ou o protagonista o que fai que máis dun pase medo, moooito medo…
E aínda quedaba o mellor, un aparello con sons de medo que nos serviu para comprobar se eramos quen de adiviñar de que se trataba en cada caso. Algúns sons estaban doados, eran similares aos sons que aparecen no conto de Sonidos de Miedo (Edit. SM), pero outros… canta imaxinación!

Sonidos de Miedo (Edit. SM)
Asemade, e por se todo isto fose pouco, dende o centro solicitouse a colaboración das familias para a elaboración das cabazas. Había cabazas para todos os gustos: dende vampiros, morcegos, mouchos e piratas, ata cabazas baby con chupete incorporado... que sorpresa!... mil millóns de grazas, familias!


Proba irrefutable destas obras de arte, o diploma co que nos agasallou a teacher Pili no salón de actos do cole... It was very fun, thank you teacher!


Unha vez comentadas nas asembleas matinais polos donos e donas de cada cabaza o seu proceso de elaboración, quen lles axudou, que materiais empregaron..., colocamos as cabazas en ringleira no corredor... abofé que semellaba unha escola encantada coma o castelo no que vivía Enrique!
Incluso, unha asemblea resultou aterradora coas luces apagadas e a luz que saia dunha das cabazas que traia luz eléctrica no seu interior... fascinante!


Truco ou trato?... Xenial!... a editorial de MUNA agasallounos cunha piruleta sen gluten que viña nun cestiño idéntico ao dos Little Einteins… que coincidencia!


Isto, e a canción titulada: Noche de terror, foi o mellor colofón duns días… terrorificamente divertidos! HA HA HA...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

0 comentarios: