Bienvenido

SABER MÁIS PARA COMER MELLOR...

viernes, 17 de febrero de 2017

Esta semana, participamos no “Plan de Consumo de Froita nas Escolas”, unha inciativa promovida coa axuda financieira da Comunidade Europea e do Fondo Galego de Garantía Agraria.
Así pois, durante esta semana, non tivemos que traer merenda ao cole, e dende o luns procedeuse á distribución de froita a todo o alumnado do centro.
A participación activa nesta experiencia conleva novas aprendizaxes no que a alimentación saudable se refire, pois máis dun de nós, pouquiño a pouco está aprendendo a comer froita... coidamos que non é para tanto!... non si?...
Todo isto, non nos resulta algo novo, pois na nosa aula consideramos a alimentación saudable como un dos alicerces básicos para conseguir unha boa calidade de vida.
Deste xeito, na reunión de principio de curso onde se estableceron as normas que debemos respectar ao longo do curso, estimouse o establecemento dunhas merendas saudables nas que o chocolate, pasteis e demais alimentos pouco ou nada saudables cos que comezamos as merendas de inicio de curso... -que descontrol!-, estarían “prohibidos”. Porén, estes alimentos reservámolos nas celebracións que teñen lugar durante o curso tales como no nadal -cunha deliciosa merenda a base de turrón, polvoróns e chocolate, moito, pero que moito chocolate- e nos aniversarios -coa elaboración duns cakes dos que non deixamos nin as migallas-... mmm!
Deste xeito, esta semana, a algún custounos asimilar que debiamos merendar, ao igual que o resto, unha peza de froita de tempada, descubrindo compracidos que o plátano, mazá e mandarina non están de todo mal.


Pola contra, outros repetiamos unha e outra vez a froita correspondente a cada día converténdonos en... auténticos devoradores de froita!


Paralelamente, como non podia ser doutro xeito nun aula onde hai tantas namoradas, reservamos un tempo para sentir bolboretas no estómago co gallo do “Día de San Valentín”.
Pero... que se celebra no “Día de San Valentín”?...
As conversas e conclusións a partir deste tema, foron moitas e variadas.
O tema dos “novios” e “novias”, resultou o máis controvertido, por iso acordamos falar máis que de “novios”, de “amigos especiais” que serían eses amigos e amigas cos que sempre o pasas fenomenal. Polo tanto, os “novios” e “novias” estarían reservados para os maiores: mamás e papás, madriñas e padriños, avoas e avós e... tamén para os que van ao Instituto?...
Tendo claro o dos “amigos especiais”, xurdiu unha cuestión: “queremos igual a todo o mundo?”... e máis que iso “quen ocupa o noso corazón?”...
Iso de decidir quen ocupa os nosos corazóns custounos máis da conta, decantándonos, na meirande parte dos casos, por aqueles seres queridos da nosa familia que se convirten en aliados en situacións cotiás. Tranquilas mamás, seguides ocupando o número 1 do ranking!... acaso dubidábadelo?
Xa o martes, levamos para agasallar a aquela persoa que non pode faltar no noso día a día, a aquela persoa que nos cuida, mima, protexe e... tamén se enfada e castiga! un corazón que pintamos de cor vermella, lila ou rosa e ao que puxemos o noso nome… canto amor, realmente precioso!


E para finalizar esta celebración, que mellor que agarrar á nosa parella de baile e movernos ao ritmo da “canción dos namorados”?... canto suamos!


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

3 comentarios:

Teresa dijo...

Ohhhhh o que daba por velos bailando agarrados, jajaja, son xeniales e o profe a caña...como o pasan no cole, e que rica sabe a froita (según Esteban él comeu tres plátanos....bueno quen dice tres dice un e medio) como me gusta velos FELICES!!!

Nancy dijo...

Cuanto están aprendiendo nuestros hijos y que bien lo pasan. Me hubiese gustado verlos bailar...

Mariluz dijo...

Alucinante lo de los cuadros: mi hijo es capaz de identificar el nombre y el autor de todos esos cuadros. Me parece una excelente manera de fomentar lel aprecio por la cultura. Lo que no sabía es que fuera posible a tan corta edad. Toda una lección para nosotros los padres.