Bienvenido

MISCA MUSCA MICKEY MOUSE!

viernes, 24 de febrero de 2017

Hoxe venres, como colofón a unha semana na que desenvolvimos distintas actividades relacionadas co antroido, viñemos ao cole disfrazados de... “La Casa de Mickey Mouse”!
Para comezar a descubrir, identificar e valorar elementos e características do antroido, nas asembleas matinais aportamos símbolos representativos desta época do ano, onde evidentemente os disfraces e accesorios, ocuparon un espazo privilexiado.
De sobra quen máis e quen menos tiña escollido o seu disfrace, ou alomenos o personaxe no que lle gustaría converterse. En xeral, achegas sen apenas sorpresas. As nenas: princesas, fadas, raíñas e mesmo de ratiña presumida como a de MUNELA. E os nenos, todo un clásico: Spiderman.
Para deixar constancia da elección para este antroido, realizamos cadanseu debuxo libre do noso disfrace. Bonito, bonito quedou o corcho da aula disfrazado de Elsa e Ana, de Spiderman, el Increíble Hulk e SuperMario... non cansamos de ollar os resultados expostos... sensacionais!


Asemade, MUNELA tamén cobrou unha relevancia especial no antroido, pois na súa estancia na casa de ANDREA, disfrazouse de cociñeira, de bruxa e mesmo de Bob Esponja... canto rimos co seu visionado en asemblea!
Do mesmo xeito, xa o xoves, véspera da tan agardada festa de antroido,  coloreamos a carauta reconvertida en antiface de MUNELA. Tarefa doada, pois de sobra sabemos que a cara da nosa mascota é de cor verde clara, o pelo de cor verde escura e os cornos de cor amarela clara, escura ou ovo... agora con tantos plastidecor temos onde escoller... cantas MUNELAS por metro cadrado!












E por fin, tras unha conta atrás de dúas semanas, chegamos ao venres de antroido... que nervos!... 
Como xa vos contaramos, a temática a nivel de centro xirou en torno ao proxecto documental da biblioteca: “A volta ao mundo en 80 contos”, así que a aula de 4 anos convertémonos nun dos emblemas da compañía Disney protagonistas de miles de contos... Mickey & Minnie Mouse!
Estabamos ilusionadíssimos coa celebración deste antroido, motivados, expectantes polo que sucedería o venres... non houbo tempo de asemblea, nin rincóns, nin rutina do préstamo de biblioteca... hoxe era un día de festa!...
Ás 10:00h., as familias entregadas para a ocasión, puxéronnos totais con todas e cada unha das propostas realizadas para a caracterización de cada personaxe  segundo cada elección.




Se ben é certo, os Mickey tíñano moito máis doado que as Minnie, pero ambos resultados non defraudaron en absoluto, e as inseguridades, dúbidas e incertidumes destes días, deron paso a uns disfarces xeniais... familias, canto estilo e enxeño!... ao final non foi para tanto!...
Non nos faltaba detalle: calquera lle tocaba o pelo aos Mickey... de punta indestructible!... e as Minnie maquiladas e peiteadas con “planchita” incluída como merecia a ocasión... canta ilusión!
Xa no pavillón de Educación Primaria, vimos aos máis pequerrechos reinterpretando o conto de “Blancanieves y los 25 enanitos” e aos súper-maiores de mandilón o conto de “El príncipe rana”. En Educación Primaria tamén houbo de todo: contos da selva, de piratas, dos inuits, do Rei Artur, da Abeja Maya... ata dunha xirafa que non sabía bailar!... case nada!...


Pola nosa parte, durante estes días estivemos preparando unha sorpresa para as nosas familias como agradecemento ao traballo desenvolto na elaboración dos disfraces, e cando chegou a nosa quenda recreamos a sintonía de Disney Channel de “La Casa de Mickey Mouse”... número que gañou unha das 3 categorías do concurso “Fíxeno Eu” á mellor posta en escea... menuda sorpresa!



Familias, sen a vosa inestimable colaboración, compromiso e traballo, “La Casa de Mickey Mouse” non sería posible... de verdade, GRAZAS por todo!


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

2 comentarios:

Nancy dijo...

Sabíamos que algún premio les iban a dar....estaban todos guapísimos!!! Gracias profe, por tanto esmero y dedicación. Nancy

Unknown dijo...

Gran traballo, como sempre
Noraboa !!!!