Bienvenido

A.D.R. CASTELAO: ESCOLA DE SUSTOS.

jueves, 29 de octubre de 2015

Hoxe puxemos o colofón final a uns días monstruosamente divertidos cheos de cabazas terroríficas, pantasmas, morcegos e moitas, moooitas historias de “medo”.
Comezamos a motivación desta celebración mediante un torbeliño de ideas no que destacamos elementos representativos desta data: pantasma, bruxa, esquelete, vampiro, castelo encantado, momia e... FRANKENSTEIN!   
Pero... que é ou quen é FRANKENSTEIN?... Pois FRANKENSTEIN é un gran home de cara verde metade humano, metade robot que este curso se converteu no personaxe fantástico estrela das nosas conversas, debuxos, xogos... Si, si, ata MIGUEL trouxo un boneco deste personaxe co que disfrutar no rincón de piratas,... fantástica idea!
Así pois, a partir das asembleas matinais aprendemos a identificar e a respectar os medos propios e alleos dándolle a naturalidade propia, pois... quen non ten algún medo?...


Tranquilos, non hai de que asustarse!... bruxas, pantasmas, vampiros, momias e demais personaxes... so existen nos contos e/ou nas pelis!
Tamén durante estes días recreamos a festa de aniversario de Enrique coa lectura dos contos: El cumpleaños de Enrique (Edit. Edelvives) e Sonidos de Miedo (Edit. SM) -non era o aniversario de Enrique, senón o aniversario de 4 anos de SANTIAGO-, coloreamos pantasmas facendo series de dúas cores, debuxamos personaxes arrepiantes en castelos encantados, descubrimos a anatomía dunha bruxa a partir da escrita significativa de palabras: SOMBREIRO, GATO, VASOIRA...









Asemade, co gallo desta celebración, o colexio mudou a ambientación cotiá. 


Neste senso, a nosa porta mudou o seu aspecto... quen se atreve entrar?...


Ah!, e o noso corcho do corredor converteuse na morada duns orixinais vampiros rodeados de escalofriantes imaxes fantasmagóricas... uuuh!


Por outra banda, e por se todo isto fose pouco, dende o centro solicitouse a colaboración das nosas familias na decoración das cabazas: dende bruxas, vampiros e bebés, ata personaxes dos nosos debuxos animados favoritos, unha vez máis… mil millóns de grazas, familias!! E a pesar de que este curso o mal tempo impedise converter o centro nunha escola encantada coas cabazas expostas nas ventás, entre todos e todas conseguimos que os corredores si desen medo, moooito meeedo!


Uuuh!!... menudo susto se levou a teacher Karina... it was very fun, thank you teacher!


Xa para rematar, hoxe xoves despois do recreo puxemos o disfraz de gato elaborado para a ocasión e dirixímonos con certa desconfianza cara o pabillón dos maiores... que tanto barullo?...


Máis tranquilos aínda que sen perder de vista ao profe, disfrutamos da escolma de cancións seleccionadas para o acto e, a pesar de traballar a xestión positiva dos nosos medos durante estes días... quen non ía ter medo as carautas que levaban algúns dos maiores?... uf, que mal rato!


Truco ou trato?... No noso caso foi doado, e levamos para a casa un delicioso truco en forma de gato... mmm, saboroso final!


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

2 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

O contacontos deste venres será:
- SANTIAGO: Colección PEPPA PIG, "Peppa va al parque de atracciones". (Edit. Beascoa)

Conchi González Machado dijo...

Samaín, sen dúbida estase a converter na fecha preferida de Sabela R.G. e Gael, sen quitarlle protagonismo o tan esperado Nadal.
En casa fartaronse de debuxar monstruos, Frankis, pantasmas, bruxas piruxas...tamén contaron historias de medo, cancións sobre tumbas...unha das cousas que máis lle chamou a atención foi esta última palabra "tumbas", Gael insistiu en varias ocasións que fixeramos unha para a decoración de casa... buff que medo!!!!!. O final non a fixemos porque lle dixen que de ahí salían os zombis o propio día de Samaín.. JaJaJaJa
Por certo que gatiños máis bonitiños había na clase de 4 anos B.
Un saúdo monstruoso!!!!