Unha
semana máis, gozamos dunha das rutinas máis agardada de cada xornada escolar: o
tempo de xogo libre e/ou semidirixido nos rincóns.
Os
rincóns en Educación Infantil contan cun importante calado no noso
desenvolvemento integral: facilitando a estruturación espacial -pois para desenvolver depende que tipo de
actividades debemos dirixirnos a un espazo da aula determinado-, a
estruturación temporal -o xogo nos
rincóns é o preludio ao momento da merenda-, o desenvolvemento do proceso
de socialización infantil -compartindo,
respectando, cooperando...-, a adquisición de cotas maiores de autonomía
persoal e social -ao coller e recoller os
materiais necesarios para cada momento -...
Durante
este curso a nosa aula conta co rincón de expresión plástica, de
lóxica-matemática, de construcións... posibilitando un clima de diversión e
traballo no que a actividade lúdica se converte nun alicerce excepcional para a
consabida adquisición de capacidades, competencias, habilidades e destrezas...
e todo sen decatarnos!
A través
do xogo relacionámonos cos demais, adquirindo pautas elementais de convivencia
e de relación social, ao tempo que nos exercitamos na resolución pacífica de
conflitos.
Neste
senso, se temos que quedar cun rincón, o rincón
de xogo simbólico é un dos nosos favoritos.
O rincón
de xogo simbólico é o espazo da aula no que se reconceptualiza e se concentra o
xogo en estado puro, favorecendo a imitación, a creatividade representativa e a
imaxinación, así como a expresión oral destas. Neste espazo atópase a cocinita
e menaxe propia, obxectos familiares para a habituación da vida práctica, o
supermercado cos alimentos e a máquina rexistradora, as marionetas de man, os
carriños de paseo...
Así pois,
esta semana demos un pulo considerable ás múltiples posibilidades que ofrece
este rincón, diversificando as actividades propostas a partir do coidado dos babies: Belinda, David Manuel & Rosana.
Aproveitando
o interese que suscita en cada asemblea matinal o feito de que varios de nós
contemos con irmáns pequenos, incluso recén nados e/ou a punto de nacer, no
momento da merenda ollamos vídeos nos que aprendemos a xogar-coidar aos babies deste espazo da aula como si de babies de verdade se tratase, pois en
ocasións, empregamos estes para facer todo aquilo que non se debe: tirar polo
chan, lanzar ao aire... mesmo facer “guerra”... así non!
Con estas
e outras actividades asumimos distintos roles sociais dos membros da familia,
favorecendo a construción da identidade persoal, ao tempo que se eliminan
posibles estereotipos ligados ao sexo...
Cociñamos
deliciosas pizzas cos bloques lóxicos, organizámonos para poñer a mesa con todo
o necesario (prato, cubertos, vaso...), paseamos cos carriños sen simular ser
coches de F1, construímos motoserras, mangueiras a presión..., convertémonos en
mascotas, e mesmo en Papá Noel, Mamá Noel e Rudolph...
canta imaxinación!
Sen lugar
a dúbidas, esta iniciación no xogo simbólico dará paso a outro xogo máis
elaborado, o xogo dramático, só queda seguir madurando...
E despois
de tanto xogo e xoguete, a vindeira semana ultimaremos os derradeiros detalles
do caderniño de ampliación de MUNA, organizaremos nas carpetas os materiais
elaborados ao longo do trimestre, repasaremos contidos e actividades, será un
final de 2º trimestre... xenial!
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Me encanta ver a los niños y sus actividades en el cole. Muchas gracias por el esfuerzo del blog.
Publicar un comentario