Lembrades o conto de “A festa da primavera” que coa vosa axuda elaboramos cando tiñamos 3 anos, non?...
E o conto titulado: “Miñoca e a máquina do tempo” no que a nosa estreliña amareliña marchaba de viaxe á Idade de Pedra?...
Pois este curso, a súper-protagonista do noso conto foi a Galiña Tiruleca... Efectivamente, a Galiña que alá polo mes de outubro decoramos a partir de distintos materiais e técnicas plásticas e que o mes de maio retomamos para celebrar a “Semana da Poesía”.
Sen lugar a dúbidas, esta actividade permitiu, dunha maneira amena, a consabida adquisición dun senfin de capacidades e habilidades propias da Educación Infantil, tales como progresar na evolución da nosa expresión plástica -ao debuxar e colorear as ilustracións de cada folla-, a lecto-escritura -no momento no que escribiamos en letra minúscula enlazada o texto do relato-, a nosa competencia en comunicación lingüística -cando liamos o conto para seguir co seu argumento-... ademais, resultou grato comprobar, como quen máis e quen menos durante estes 3 cursos foi gañando confianza e seguridade nas súas propias capacidades, como cada vez nos gusta máis realizar un traballo coidado e esteticamente organizado.
Como dato anecdótico, destacar como para moitos de nós, o feito de participar na elaboración do conto convertíase nun “premio” cada vez que o profe nos plantexaba un reto competencial e o superabamos con éxito, algo que contribúe a que cada día nos esixamos un pouquiño máis a nós mesmos e que tantas veces se nos esquece, verdade?...
Nesta ocasión, se cabe a actividade do conto cooperativo tivo un peso especialmente significativo, xa que durante este mes estamos traballando, a partir das actividades organizadas dentro do proxecto de investigación que estamos levando a cabo; a fantasía.
A lectura de contos na nosa aula suscita a participación nun amplo abano de actividades que nos permiten interiorizar o relato e clarificar o sucedido no inicio, nó e desenlace, tamén actividades de expresión plástica debuxando o noso personaxe favorito ou aquela secuencia que máis nos impactou, formulamos hipóteses para desenvolver a creatividade e imaxinación... e un senfin de actividades que contribúen ao noso desenvolvemento integral, convertindo as secuencias de aprendizaxe do noso proxecto “Esculpindo emocións!”, nun achegamento ao traballo das 8 competencias básicas establecidas pola UNESCO.
Velaí vai o conto cooperativo deste curso, velaí vai... “Medo, Tiruleca ten... meeedo!!”... Desexamos que vos guste!
“Na granxa de Pepe e Perla vivía a Galiña Tiruleca.
Tiruleca non era unha galiña máis, xa que era a única galiña que poñía ovos de chocolate.
Unha mañá cando Tiruleca ía poñerse a cantar, deuse conta que non lle saia o seu quiquiriquí. Que lle pasaba?...
O pony Lluvia e a vaca Marita explicáronlle que non podía cantar porque pola noite non durmira nada. Tiruleca non pegara ollo porque tiña medo que Catapún a levase para a súa granxa e non volvese ver aos seus amiguiños da granxa.
O pony Lluvia que era moi presumida, deixoulle o seu osiño favorito para que non tivese medo a Catapún.
A vaca Marita regaloulle un quitamedos con luces, pero Tiruleca seguía tendo medo e non podía durmir.
Entre todos atoparon a solución: o búho Rodolfo que vivía preto da granxa encargaríase de vixiar durante a noite.
Rodolfo contoulle a Tiruleca que Catapún non lle quería facer ningún mal, e que o único que quería era que Tiruleca coñecera ao galo Kiko que estaba namorado dela.
Aliviada, Tiruleca foi á granxa na que vivía o galo Kiko e cando o veu apareceron mil millóns de corazóns... Tiruleca estaba namorada!
E todos moi contentos comeron os ovos de chocolate de Tiruleca: estaban deliciooooosos!”
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
4 comentarios:
A un mes escaso de terminar el curso, de terminar una promoción, serán muchas las emociones y sentimientos que una vez más viviremos juntos. ¿Estáis preparados?...
os nenos/as si que están preparados, xa que áinda que vai ser un cambio considerables eles adáptanse a todo moi rápido
pero penso que aos pais vainos costar máis acostumarnos a outro mestre/a
Fascinantes e vertixinosos avances producidos nestes pícaros non??? pero que ben escriben!!! reflexo do maestro que teñen así como do traballo que desenvolven día a día....porque son moi traballadores!!!
Emocións, sentimentos...uff!!!a verdade é que da moita pena TODO..polo tanto, o mellor será vivir intensamente este último mes e seguir acumulando recordos..
Qué mágoa que remate esta bonita etapa para os nosos fillos, pero estamos contentos e satisfeitos con todo o vivido durante estes 3 anos tan importantes nas súas vidas.
Saúdos.
Publicar un comentario