
Lembrádesvos de Tiruleca?... Si, a galiña que poñía ovos de chocolate?... pois esta semana rescatámola da biblioteca para facer unha nova composición plástica cuxo eixo motivador sería unha poesía.
Previamente, buscamos información sobre a traxectoria desta escritora, que ademáis é mestra e pedagoga. Pedagoga?, pero que é unha pedagoga?... De xeito sinxelo, o profe explicounos que os pedagogos son os encargados de buscar os modos máis doados para xerar aprendizaxes nas persoas en xeral e, en nós nos nenos e nenas, en particular.
Tamén descubrimos que esta escritora é galega, concretamente de Lires en Cee. Siiiii, Cee está en A Coruña, este dato xa o sabiamos máis dun...
A poesía que nos tocou, narra a historia entre unha gaivota e un muxo que é un peixe mariño.
Trátase dunha estrana relación na que se pode entrever como por mor da fame da gaivota, esta e o muxo nunca serán bos amigos. Pois claro, as gaivotas baixan ao mar para capturar o seu alimento: uns riquísimos e deliciosos peixes...
Na cartulina, e unha vez traballada a poesía nas asembleas matinais e coñecidos algúns dos datos máis representativos da vida de Concha Blanco, consignamos todos estes datos en sendas follas que, posteriormente pegamos a un lado de Tiruleca.
-Siiii, podemos facerlle por enriba nubes de cor azul e un arco da vella-.
-Non, xa que nos atopamos na primavera, podemos debuxarlle flores e bolboretas de moitas cores-.
-Xa o teño, debuxarémoslle estreliñas e unha lúa, pois non vos fixades que Tiruleca ten o pico aberto...-
-É verdade, iso é unha proba irrefutable de que ten que ser de noite e está a piques de amencer e, Tiruleca, estase preparando, para cantar como fan as... galiñas?-
Así que pegamos estreliñas e unha lúa de cor prateada que creou unha visión estética de conxunto orixinal..., non credes?
Logo de contemplar as obras de arte e de de escoitar os extractos das poesías dos nenos e nenas de 3 anos A, B e C, tocounos a nós, aos maiores.
Así, previa man levantada, presentamos ao resto de compañeiros e compañeiras á galina Tiruleca, dixémoslles que era unha galiña moi particular, xa que poñía ovos de chocolate branco e negro. Tamén lles explicamos quen era Concha Blanco, que era iso de ser pedagoga e limos, no propio mural, algunhas das súas obras de literatura infantil máis coñecidas.
2 comentarios:
As ondas do mar
as areas da praia
a gaivota branca
piaba piaba.
O muxo nadaba
na auga moi fría
a gaivota voaba
por ver se o vía.
O muxo é un peixe
a gaivota unha ave
serían bos amigos
se non houbese fame.
Poemas para pintar. Concha Blanco.
como lles gusta aprender cousas novas...
mamá é o mes da poesía, temos que inventar moitas....
así pasamos o día rimando e rimando, mamá que rima con día... a pensar...
Publicar un comentario