Bienvenido

MOMENTOS MÁXICOS...

viernes, 13 de enero de 2017

Despois das vacacións, esta semana voltamos ao cole e aínda que custará coller o ritmo, quen máis e quen menos desexaba voltar ver a todos os nosos compañeiros e compañeiras.
Así pois, o luns, como unha mañá máis, comezamos coas rutinas de entrada e coa asemblea matinal. Unha asemblea matinal na que se introduciron novidades que axiña vos contaremos... canta estrea!...
Evidentemente, despois de tanto tempo sen vernos, tiñamos mil millóns de cousas que contar, sendo o máis importante deixar claro-clarísimo todo o que nos deixaron Papá Noel e os Reis Magos... unha locura!
Non fomos bos, nooon, fomos, re-que-te-bos!, e viñeron cargadiños de agasallos olé, olé, olá...


Xa logo, despois da asemblea que como é obvio alongouse máis do habitual, o profe contounos que as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente nos deixaran un e-mail.
Pero..., un e-mail?, que é un e-mail?...
Pois un e-mail, é unha carta, pero no canto de escribila en papel escríbese no ordenador e, no canto de enviarse nun sobre e cun selo precisamos ter conexión a Internet... que modernos estes Reis Magos!
No e-mail, as Súas Maxestades explicábannos cousas tales como que nos temos que portar fantástico tanto na casa coma no colexio, déronnos as grazas por todas as galletas, trociños de turrón e vasiños de leite que lles deixamos na Noite de Reis... etc
Cos ollos abertos coma platos e a boca pechada, non perdemos detalle do e-mail proxectado no Encerado Dixital Interactivo (E.D.I.), unha situación contextualizada que nos serviu como alicerce para recoñecer algúns grafemas de sobra coñecidos por todos e todas... fantástico!












Esta situación, foi algo que, por si non sabiades, vivimos a mañá do luns 19 de decembro logo de que aparecese preto á ventá da máquina rexistradora un agasallo en forma de carta.
Estabamos confusos e impacientes por saber quen enviaba aquel sobre no que se lía: “PARA 4 AÑOS”… nin idea!


Rapidamente, as hipótesis non tardaron en aparecer, pero foron en balde... seguiamos desconcertados! Ata que limos o que poñía naquel texto presidido pola imaxe das Súas Maxestades. Pero... os Reis Magos estiveran no cole?... Bueno, máis que os Reis Magos os seus axudantes os paxes reais, coidamos que as Súas Maxestades terían traballo dabondo eses días xestionando a morea de traballo na súa “Fábrica Real de Xoguetes”...
Ansiosos preparamos as cartas cuns debuxos ilusionantes no que cadaquén plasmou aquilo que non debía faltar na súa árbore de Nadal na Noite de Reis... cantos xoguetes!


Xa o mércores 21 de decembro, despedimos o trimestre da mellor das maneiras posibles. Os Reis Magos -ou quizáis os seus axudantes, coidamos que non eran os auténticos- acudiron ao colexio para recoller as nosas cartas e agasallarnos cun detalle... cantos nos tardaron! deberon perderse por Lugo coa néboa!...












Ao final todos e todas logramos superar os nosos medos e entregar en man as nosas cartas de Nadal... fenómeno!


Asemade, e aproveitando todo este cúmulo de experiencias suscitadas co gallo do Nadal, xa na volta de vacacións, levamos o noso xoguete preferido: coches teledirixidos, xogos de mesa, cans adestrados e, como non podía ser doutro xeito, Patrulla Canina, moita, pero que moita Patrulla Canina xa case dende principio de semana coa sorpresa de LOIS… 












A experiencia resultou interesante porque soubemos compartir coma auténticos súper-maiores de 4 anos, ensinando previamente o dono do xogo e/ou xoguete como se artellaba aquel xoguete... e como recompensa... tempo dobre de rincóns!...


Así pois, e tendo en conta que hoxe non había lugar a “ficha”, debuxamos libremente algún dos agasallos que nos trouxeran. Pero que casualidade, que a máis dun “non lle acordaba”, xusto nese momento, que agasallos tivera este Nadal… únicos!


Nooon, non todo acaba aquí, pois para que vexades que xa metimos segunda e que traemos as pilas cargadísimas, esta semana retomamos a actividade de MUNELA que viaxou á casa de DIEGO, organizamos os libros de traballo, comezamos unhas interesantísimas asembleas... e moitas cousas máis que axiña vos iremos contando no noso blogue…
Este 2º trimestre promete!... E para que nunca deixedes de SOÑAR e non esquezades nunca que os Reis Magos existen!... existen no corazón das persoas que cren neles!… Familias!... velaí deixamos o voso agasallo de Nadal!... 
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

3 comentarios:

Pamela Vázquez dijo...

sin d´bida estan para comelos...gran traballo.ESpectacular noraboa

Carmen Pumariño Gándaras dijo...

GRACIAS por este maravilloso regalo y por todo el trabajo que estás haciendo con los peques. Ojalá que, como dice la canción, tengan muchos SUEÑOS y vayan ligados a la actitud, aptitud y convicción necesaria para conseguir cada uno de ellos.

Ana dijo...

Gracias encantounos o agasallo de Nadal !!Un aplauso por todo ese esforzo e compromiso que seguro que é o que fai que tódolos días do ano crezcamos aprendendo en tódolos aspectos da vida