Bienvenido

HORA DE LER.

viernes, 27 de enero de 2017

A partir desta semana, incorporamos unha nova rutina á nosa parrilla de clase, a do préstamo de biblioteca, unha actividade que se converterá nun valioso recurso didáctico para o desenvolvemento lingüístico e para a consabida adquisición de técnicas vinculadas co proceso de lecto-escritura.
Trátase dun préstamo semanal (de venres a venres) que propiciará un sempre grato encontro co mundo dos contos e da lectura que crea un clima que resulta tan estimulador para a adquisición de técnicas relacionadas co proceso de lecto-escritura.
Ademais, tamén servirá para que nos ilusionemos cun ambiente propicio á lectura no ámbito escolar e familiar e para que nos contaxiemos do entusiasmo dos libros como portadores dun mundo máxico e marabilloso.


Ao longo de cada semana, coa axuda inestimable das nosas familias, traballaremos o conto para comprender a súa liña argumental, xa que cada venres, nomearemos entre os participantes na actividade, un contacontos segundo a orde da casiña do panel de rutinas que “lerá” o conto ao resto de compañeiros e compañeiras a través da interpretación das súas imaxes.
A través da narración dos contos, aprenderemos a escoitar, a pensar, a  adquirir un primeiro código moral, a ver as cousas cos ollos da imaxinación, estimulando a creatividade, o pensamento diverxente e o sentido crítico.


Entre as moitíiisimas actividades que podemos levar a cabo están: as actividades de comentar que axudan a asimilar o conto e a realizar unha transposión dos feitos ás experiencias vividas, actividades de xogo dramático, representando os roles dos protagonistas do conto, tamén actividades de creación de historias como a ensalada de fábulas ou o binomio fantástico propostas por Gianni Rodari na súa obra Gramática de la Fantasía (1985).
Así pois, que mellor maneira de dar comezo a esta rutina que coa visita duns contacontos especiais, nada máis e nada menos que os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria, que onda a súa profe, deleitáronnos coa fermosa historia de MONSTRUO ROSA da editorial Apila.


O conto de Monstruo Rosa traballa o valor da diferenza, unha historia para entender a diversidade como elemento enriquecedor da sociedade.


Uf! Inevitable non lembrarse a partir deste conto de YAGO, NICOLÁS, MIGUEL, NAIRA, MICAELA, LAURA, GAEL & SABELA R.G., XIMENA, EVA, SANTIAGO, YAIZA, SABELA R.I., BRUNO, DANIELA, NAIARA, PAULA, JUAN RAÚL, XOEL e MARCOS… canto disfrutaramos na visita á Biblioteca Municipal onda os nenos e nenas da profe Silvia!...
Nesta ocasión, tivemos un momento de sorrisos compartidos co fotomatón empregado para contar a historia… todos queriamos probar!















Posteriormente, debuxamos cadanseu personaxe favorito: o bicho bola de cor NEGRA, a rá dos tres ollos de cor VERDE, o paxariño de cor AMARELA, o monstro dos abrazos de cor AZUL... etc 


Xa logo, na asemblea matinal, descubrimos e coñecemos os contos aportados para o préstamo, asociando incluso cada conto ao seu dono... que memoria! Tamén lembramos que cada semana os contos deberán vir en perfecto estado: non se poden colorear, raiar, recortar, romper...
E para rematar, comezamos co proceso de selección. Rapidamente entendemos que o único que podía elexir conto sería o contacontos semanal. Nesta ocasión SERGIO, escolleu o conto de PAULA Chumba la cachumba (Colección Clave de Sol)... convencidos que será un contacontos xenial!


Sen máis, o resto levamos o conto asignado ao chou, máis adiante, deberemos lembrar que conto levamos para non repetir... ollo!
Logo da tensión inicial suscitada pola actividade durante a semana, o momento do préstamo converteuse en toda unha experiencia... diso se trata!


Familias!!... convencidos que axiña vos poderemos contar os avances nesta rutina semanal, lembrade que non se trata de memorizar o texto, -nin moito menos-, senón de saber interpretar as imaxes, algo fundamental e que servirá de fío condutor para o resto do grupo-clase... contamos convosco! 
Un saúdo acompañados de lectura e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

2 comentarios:

Almudena Gonzalez dijo...

Gracias por acordarte de los niños de Rianxo, nosotros nunca te olvidaremos

Teresa dijo...

Pareceme xenial a idea do intercambio de libros, aprenden a disfrutar e sobre todo cuidar de algo que non é seu e prestar algo que si o é,ademais vendo a Esteban tirado no chan do salón "leendo "o tres porquiños todo ilusionado foi mui gratificante (tendo él na casa e sabendo xa de memoria sorprendeunos tanta ilusión, supoño que o feito de ser prestado faciao mais interesante). Gracias como sempre por ser unha parte tan inportante na educación do noso fillo.