Bienvenido

"HAZME UN MUÑECO DE NIEVE".

viernes, 20 de enero de 2017

Con Elsa, Anna e Olaf, atopamos a mellor das motivacións posibles para descubrir, identificar e valorar algúns dos elementos e cambios producidos no contorno e na vida das persoas coa chegada do inverno... que frío!
Mergullados neste centro de interese, comezamos nas asembleas matinais cun torbeliño de ideas sobre o inverno.
O certo é que as asembleas matinais resultan cada vez máis produtivas no incio dun novo centro de interese, evidenciando os nosos coñecementos previos e necesidades de aprendizaxe cara o tema de estudo.
Así, e tras ollar as roupas de abrigo dos percheiros, conversamos sobre a indumentaria propia que precisamos para protexer o noso corpo contra o frío: pezas máis grosas, uso de materiais máis cálidos, maior cantidade de roupa e accesorios específicos desta estación (bufandas, gorros, guantes, abrigos…) recoñecendo e asociando partes do corpo e pezas de vestir.
Bonitos e curiosos quedaron os nosos traballos nos que ademais de completar o esquema corporal de MUNELA, BERTA E PABLO, aproveitamos tamén para vestilos de inverno... excelente!


Por outra banda, coa chegada do inverno, tamén aparecen nas nosas casas novos obxectos que nos axudan a paliar os rigores desta estación tales como as estufas, as mantas e as calefaccións “con leña” na aldea.
Sen lugar a dúbidas, quedounos clara a necesidade de abrigarse para evitar arrefriados, gripes, dores de gorxa… adquirindo unha serie de hábitos e actitudes relacionadas co benestar e co coidado da saúde; pois unicamente así evitaremos a visita ao médico.
Así que xa o sabedes: “en xaneiro… bufanda, abrigo e sombreiro!”.


E tanto que si... pois aproveitando os raios de sol que saíron o xoves, axiña coidamos en disfrutar da zona axardinada do patio, despois de tanto tempo, case nin lembrabamos esta zona... marabilloso!


Asemade, se algo temos máis que claro, clarísimo, é que no inverno hai neve, moooita neve… e que podemos facer coa neve?... Uf!, un montón de cousas divertidas: bonecos de neve, bólas de neve, patinar, esquiar…
Neste senso, as alusións a Frozen foron case inmediatas, un feito que provocou a escoita activa e visionado de fragmentos parciais do filme... cando Anna lle pide a Elsa o boneco de neve... fascínanos!



E que mellor maneira de reflectir todas estas aprendizaxes que mediante uns debuxos nos que deixar voar a nosa imaxinación … quedamos conxelados!


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

0 comentarios: