Bienvenido

... ESTÁN MÁIS CERCA!

jueves, 5 de enero de 2017

[…]
Cando chegou a Noite de Reis, díxolle a nai:
-       Hoxe tes que te deitar ben cedo. Esta noite veñen os Reis Magos!
-       Non! Eu quero velos! -fungou o neno.
-       Os Reis non entran nas casas dos nenos que non están durmidos! -espetoulle o pai.
-       Entón voume deitar cedo -aceptou o cativo.
[…]

Fragmento do conto: Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis. (Edit. Kalandraka)

Así que xa sabemos que facer esta Noite de Reis, deitarnos ben cedo como Martiño para mañá ver cumpridas as nosas ilusións nas árbores de Nadal que presiden as nosas casas.
Que agasallos nos deixarán as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

0 comentarios: