Bienvenido

PREPARADOS, LISTOS, XA!!!...

viernes, 3 de octubre de 2014

Metidos de cheo na intensa vida do cole dos maiores, e máis ou menos adaptados a este cúmulo de novidades, estes días máis que nunca, introducímonos na aprendizaxe das normas, hábitos e rutinas que rexerán a vida e a actividade cotiá da nosa aula.
En Educación Infantil, a posta en práctica dunhas rutinas, axúdanos a coñecer o contorno que nos rodea, superando os nosos medos e temores ao descoñecido, dándonos a oportunidade de anticiparnos ao que vai ocorrer despois e proporcionándonos a seguridade, tranquilidade e confianza necesarias para unha correcta adaptación e estancia na escola.
Queredes saber cal é a nosa secuencia rutinaria?... Pois velaí vai!
Comezamos a xornada escolar co momento dE entrada na aula que vivimos cada vez de maneira máis positiva, xa que no cole dos maiores está prohibido chorar,... seguro que axiña o conseguimos!
Quitamos as chaquetas, colgámolas no percheiro e intentamos poñer o mandilón, prestando especial atención no correcto abotoado dos botóns... uf, menuda odisea!...


Seguidamente, e co mandilón posto e máis ou menos abotoado, sentámonos na alfombra na zona da asemblea.
 
- ZONA DA ASEMBLEA -
Este espazo da aula, convírtese nunha zona na que temos que estar cos ollos e orellas abertas e coa boca pechada, moooi pechada para dar comezo á ASEMBLEA e con ela o ritual dos bos días, o saúdo aos compañeiros e compañeiras e ao profe e á elección do súper-encargado que se convertirá no protagonista de cada asemblea matinal.

- PANEL DA ASEMBLEA -
O súper-encargado elixirá a pegatina do mandilón do profe, 


revisará no panel do cole que neno ou nena falta, 

- PANEL FICHAXE AUSENCIAS E PRESENCIAS -
constatará o tempo atmosférico no panel de PIPO, o coello espacial, 


e iniciarase de xeito individualizado na escrita real e contextualizada de palabras significativas.


Asemade, tamén terá encomendada a función de ser o maquinista do tren e terá o privilexio de aprender xogando no rincón do ordenador unha vez que incorporemos esta rutina á nosa parrilla de clase.
Ademais, nestas asembleas matinais, falaremos acerca dalgunhas das actividades que levaremos a cabo durante a xornada ao tempo que lembramos o realizado o día anterior, prestando especial atención a aspectos vencellados coa lecto-escritura e a lóxica-matemática: revisamos no mandilón que letras temos no noso nome, escribimos o nome dos nenos e nenas que faltan ou palabras significativas do centro de interese que estemos traballando, contamos cantos compañeiros faltan, cantos son nenos, cantas son nenas, …
Este momento, ademais de dar inicio e final á xornada escolar, constituirá por si mesmo un elemento motivador para o desenvolvemento da linguaxe oral, xa que aproveitamos para facer partícipe ao profe dos nosos pequenos-grandes problemas, tentando progresivamente respectar as normas que rexen os intercambios lingüísticos.
Logo da asemblea, desenvolvemos as actividades de aprendizaxe, -amodiño, sen présa e traballando como maiores-, 

- ZONA DE TRABALLO EN MESA -
para antes do recreo, reservar un pequeno tempo para repoñer forzas co Momento da merenda.
Vedes que durante a mañá non paramos, pero aínda queda o máis divertido, o xogo libre e/ou dirixido nos RINCÓNS.

- EQUIPO VERMELLO -
- EQUIPO AZUL -
- EQUIPO VERDE -
- EQUIPO AMARELO -
Durante o período de adaptación, participamos en diversas actividades que serviron para descubrir e coñecer algúns dos xogos e xoguetes cos que disfrutaremos ao longo do curso. Pois ben, a partir desta semana, e xa distribuidos en equipos de traballo, cada día teremos asignado un rincón: xogo simbólico, biblioteca, expresión plástica e lóxica-matemática; espazos habilitados na aula con temáticas de xogo para todos os gustos.
Esta semana, ademais de todas estas rutinas, a nosa actividade cotiá diversificouse dalgún xeito tras a incursión no noso horario das actividades desenvoltas por Karina, Gemma, Belén, Divina e Carmen; as mestras especialistas de Inglés, Música, Psicomotricidade, Relixión e P.E.L.O.,... fantásticas!
Non paramos!... e o curso non acaba máis que de comezar. Sen lugar a dúbidas, o noso primeiro ano no cole dos maiores pinta ben, moooi ben... E para que non esquezades ningunha destas novidades, velaí vos deixamos un curso máis ao Caracol Ramón... o caracol máis sabichón!...


Un saúdo con sabor a pulpo sanfroilanceiro e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Que bonito e poder velos traballando dentro da aula.

E un privilexio contar con esta fiestra aberta ó interior do colexio.

Gracias, Ricardo