Bienvenido

DIMENSIÓN NUBARIS: unha emocionante aventura.

viernes, 17 de octubre de 2014

É posible que ao longo destas semanas xa oirades falar de NUBARIS. Pois ben, esta semana mergullámonos na dimensión NUBARIS desenvolvendo as nosas primeiras actividades impresas nos libros de súper-maiores de NUBA.
Así pois, neste curso, ademais da axuda indispensable das nosas familias e do profe, contaremos coa colaboración de NUBA, unha pequena nubari inqueda e curiosa, sempre atenta para descubrir os segredos e misterios que se ocultan ao seu redor.
Da súa man, coñeceremos a vida en NUBARIS e comprobaremos que se parece moito ao noso mundo.
NUBARIS, atópase no final do arco da vella. Trátase dun universo misterioso que cheira a biscoito recentemente feito e a terra fresca. Un lugar no que se sentas nalgunha das súas prazas podes contemplar o seu ceo dourado e ver como as nubes cambian misteriosamente de forma, escoitar a música do vento movendo as follas das árbores ou o rumor das alegres augas do río que baixan en busca do mar.


Dentro deste contexto motivador, e servíndonos do coñecemento desta nova dimensión chea de vida, -NUBARIS-, recreamos un arco da vella empregando ceras plásticas de cores diversas e variadas ao que lle pegamos un adhesivo da pequena NUBA. Quedaron tan xeniais, que estas primeiras “obras de arte” serviron para ambientar e decorar o corcho frontal da aula que completamos cun fantástico sol de cor amarela...















Durante o curso, NUBA atoparase situada nun lugar privilexiado da aula e en cada unidade didáctica converterase nun excepcional eixo motivador que nos presentará, a través das súas fascinantes historias, cada centro de interese: a casa e a familia, a alimentación, a rúa e as tendas, os animais e plantas, os medios de transporte e profesións, as paisaxes e a auga...


Do mesmo xeito, a pequena NUBA, convertirase nun nexo de unión coas nosas familias no momento no que se planifique a visita desta nubari ás nosas casas e vivir con nós o noso día a día... que interesante!
Esta semana, NUBA tivo un papel si cabe máis protagonista que nunca, pois convertiuse na compañeira indispensable coa que compartimos diferentes momentos da xornada: o momento da asemblea matinal e da hora do conto, o momento do xogo libre e/ou dirixido nos rincóns, o momento do tempo de lecer... unha mágoa que o tempo non acompañase para levala ao patio!...


















Por outra banda, e como actividades previas e de motivación, coñecimos algunhas das normas de uso básicas dos libros que se atopan clasificados por equipos de traballo na zona de traballo obrigatorio en mesa.
Agora, sabemos que no tempo adicado ao traballo obrigatorio en mesa, deberemos estar atentos no momento da explicación de cada actividade para logo saber o que temos que facer. Para iso, cómpre poñer todo da nosa parte para facelo o mellor que sabemos, e así, cando levemos os materiais para as nosas casas, as nosas familias se poñan contentas, moooi contentas.
E é que non se trata duns libros calquera... nooon!!! Trátanse duns libros diferentes, especiais; son libros de maiores, cun montón de actividades que nos axudarán a comprender un pouquiño mellor o noso pequeno-gran mundo.
E para rematar, que mellor maneira que recreando a marioneta de pau da pequena NUBA?... Con témpera de cores e pincel, recreamos a unha NUBA cuns vestidos cheos de cor e purpurina, moooita purpurina...



Agora xa, a vindeira semana, descubriremos un dos espazos do cole que se convertirá en alicerce dunha das rutinas que moi pronto incorporaremos á nosa parrilla de clase: a biblioteca do cole na que desenvolveremos a actividade do préstamo semanal; unha rutina semanal na que as familias teredes un peso fundamental... contamos convosco!...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

11 comentarios:

Anónimo dijo...

Sorprendente k OS mestres de infantil do Castelao escolleran este método....decisión pouco acertada e costosa para as familias nos tempos k corren....

Anónimo dijo...

Certo, pero alguén ten que pagar as modernas pizarras electrónicas que puxeron, e non vai ser a Xunta nin o Ministerio, tócanos os pais coma sempre.

Riveiro dijo...

Estoy de acuerdo que los días que corren no son para gastos importantes, pero yo creo que en la educación de nuestros hijos no se puede escatimar. Asimismo informo de que existen ayudas económicas para la adquisición de los mismos, ya sea a través ayuntamiento o de otros estamentos oficiales.

Anónimo dijo...

Non sempre o máis caro é o mellor.
Dudo moito que outros nenos de colexios cercanos aprendan menos por ter uns libros menos costosos...

mestra dijo...

Ou por traballar por proxectos que supón coste 0 para as familias e acadan os mesmos obxectivos..
En canto ao que falades das axudas, habelas e hailas pero moi limitadas sobre todo para educación infantil...
Pero bueno, o mundo das editorais Vs mestres é outra fonte aberta de investigación neste pais.

Anónimo dijo...

Deberíades coidar máis a ortografía e, en canto a redación, se non pretendesedes ser tan formais entenderíase mellor a mensaxe.
Teño unha dúbida e gustaríame saber en que consisten os proxectos de custo cero, xa que iso é matematica e loxicamente imposible. Desde unha perspectiva empírica sempre hai custo, senón económico -que si hai e protestaríamos por folios- ambiental, pedagóxico, etc.
Tamén me gustaría dicir, que na miña modesta opinión, non creo que o libro ou proxecto Nubaris, sexa a única metodoloxía empregada, pois na observación diaria d@s cativ@s vese que adquiren contidos actitudinais e procedurais que non só se traballan co manual.
Polo de agora, somos uns pais moi agradecidos co equipo de infantil do colexio (obxectivamente os libros son caros) porque, como tamén observamos nos comentarios, os avances d@s nos@s nen@s son diarios.

respoSTA AO ÚLTIMO COMENTARIO dijo...

* "Deberíades e entenderíase" non levan til en galego
* perspectiva ambiental???? e logo con que está confecionado o material de Nubaris????....se hai un custe elevado e ambientalmente nefasto é o de plastificar e ESTE PROFE FAINO MOOOOOIIIITOOOO....
* "mais" tampouco se acentúa en galego
* Os nenos avanzan porque tamén maduran, tamén o facían antes cando a Educación Infantil comenzaba con 5 anos..
*En fin un mar de contradicións neste último comentario....e o de empírico agardo que saibas o significado jejeje...teño unha AMIGA que o utiliza a cotiá por iso me fai gracia

O DO MÉTODO É TODA UNHA MÁGOA E DEBERAN RECAPACITAR DESDE A COORDINACIÓN DE INFANTIL E A DIRECCIÓN DO CENTRO...
GRAZAS

Anónimo dijo...

Non vou entrar nun debate sen setido cunha persoa que alberga os coñecementos de Piaget (gnoseoloxía), de Umberto Eco (semiótica e semántica) e parece, cando menos, académica da RAG; con todo iso, segue sen explicar o seu método e falta ó profesor. Por estas razóns pecho o tema.
Se queres saber se sei o significado dos termos que emprego, un día quedamos ti e eu para tomar café e explícochos e cun amigo meu (un pouco maior) a quen lle deron clase Piaget e Heidegger e el mellor que ninguén pode dicirche do que é capaz a persoa que escribe este comentario. Daí o meu rexeitamento de métodos chisteira.
GRAZAS E BICOS PARA TI TAMÉN.
PD: o manual fai falla porque entendidos hai moitos, pero sabidos poucos.

Anónimo dijo...

Gustaríame,por alusións, que se publicase a miña reposta a "mestra", xa que non me gusta que me corrixa quen non sabe. A saber:

As formas de condicional ou pospretétito en galego acentúanse en tódalas persoas, salvo na primeira e segunda de plural, nas que debemos poñer a diérese sobre o i para marcar o ditongo. Seguindo coa correción da correción dos meus "erros",máis, adverbio de cantidade, leva til diacrítica, para distinquinla da conxunción adversativa mais.
A etapa de educación infantil non é obrigatoria. De feito, a escolarización comeza ós seis anos non ós cinco coma antes. Así que quen non queira non ten por que mandar @s fill@s ó colexio ata os seis anos.
Cando digo que un proxecto de custo cero é empiricamente imposible, é porque a día de hoxe na situación actual do sistema educativo español é inviable e irrealizable. Con isto, non digo que nos próximos anos non se puideran extrapolar outros modelos que admiramos -persoalmente o suízo, aínda que agora está moi de moda o finés trala emisión dun programa sobre este- mais (ves? este é o que non leva til), pero evidentemente necesitaríase do famoso rexeneracionismo, empezando pola formación dos docentes e revisión dos que coñecementos dos que estén en posesión de praza porque algúns, como se pode comprobar, adolecen de coñecementos básicos de ortografía do¨galego.
En canto ás contradicións que se me achacan, son froito do fragor do momento. Explícome, é moi fácil nun momento de crise, asinar coma mestra e lanzar proclamas dun marabilloso método que na realidade non existe. Ademáis, tamén o é acusar ós profesores de tratos de favor con editoriais sen aportar proba algunha. Con estas dúas accións queda ben o que escribe, pero non deixa de ser apoloxeta e a súa información é sesgada e falta de rigor. Isto é o que se coñece como o oportunismo dos mediocres. "Sócrates lloró y un tonto aplaudió"
Finalmente espero que a miña mensaxe quedara clara: os teus coñecementos ortográficos son nulos (espero que non estés exercendo), es unha oportunista resentida co colexio e aproveitas o blogue para incendiar ós pais cando a educación infantil non é obrigatoria; e o que é máis triste non aportas solución algunha e na resposta atacas a miña intelixencia , ó profesor e ó colexio. E por enriba ris de forma irónica como ocorre cos moi litos coma ti, pero pouco intelixentes. Se agora non o entendes, deberías ir a un neurólogo a facer un TAC porque probablemente teñas unha lesión na área de Wernicke.
E xa por último, espero que ós pais e nais dos nenos de infantil nos quedase claro por que fan falla os libros. Os proxectos de custo cero hoxe por hoxe son armas políticas (ou no mellor dos casos ideolóxicas) non instrumentos pedagóxicos ou académicos. óeme que se faga apoloxía e demagoxía coa educación do meu fillo, matriculado nun colexio dunha vila que ronda os doce mil habitantes cun nivel de renda non moi alto e cultural en vías de desenrolo.

muestra con praza no destino desecado e k traballa con proxectos dijo...

Resposta años dous últimos comentarios:primeiro dicirvos a ambolos dous k identificarse seria mais intelixente k filosofar de xeito gratuito....segundo k o/a ultimo "anónimo" repase a linguaxe galega pois o con til sustituiuse por ao....e xa para rematar con tema non se falta a niguen x dicir k utilizar plástico e mais contaminante k o papel,nerbarguentes faltase mais mandando a una persona totalmente sana a facer un TAC eso si k e de mediokres....fai falla k vos explike o k e traballar x proyectos ca intelixencia e sabiduria k desbordades?????...eso si o mestre/administrador do blogue estará orgulloso de ter defensa gratuita e non ter k posicionarse no debate do método!!!!!

Anónimo dijo...

Son unha mamá que está un pouco sorprendida cos últimos comentarios. Para empezar, creo que cada quen, debe expresarse no blogue no idioma co que se sinta máis identificado, sempre que sexa unha lingua oficial, e débeo facer o mellor que saiba, sexa con faltas ortográficas ou non. Non creo que este blogue sexa lugar para resentimentos relacionados coa formación académica e profesional que poida ter cada quen, nin tampouco lugar para presumir de coñecementos de grandes pensadores do eido educativo, intelectual e cultural.
En relación aos primeiros comentarios. É certo que na educación dos nosos fillos non se debe escatimar, pero realmente, eu como mamá, non chego a entender, que acadando os mesmos obxectivos curriculares, nuns colexios, cunha asignación de 20 euros teñen suficiente para material para o curso académico, e no noso caso, temos que comprar un material bibliográfico excesivamente caro, e a maiores, gasto en material funxible. Ė certo que dan axudas, pero son insuficientes, ademáis, cando se reciben as axudas? De xeito xeral, as axudas, si as dan, son tarde, mal e arrastro...