Bienvenido

CACAREXANDO!

viernes, 10 de octubre de 2014

Esta semana, presentarémosvos a dous dos nosos compañeiros de viaxe durante estas primeiras semanas no cole dos maiores: PEPE e PACO. Como?... Que non sabedes quen son?...

PEPE e PACO, son dous pitiños -un de cor amarela e outro de cor branca- que puxeron o seu graniño de area para que o noso proceso de adaptación no cole dos maiores non supuxera demasiado estrés emocional.

En primeiro lugar, comezamos co conto de O polo Pepe (Edit. SM); unha historia repleta de valores tales como a necesidade de alimentarse de xeito equilibrado para medrar sans e fortes (Educación para a Saúde) ou o respecto á diversidade como elemento enriquecedor da aula (Educación para a Paz). 
Siii, este conto forma parte do rincón da biblioteca da aula que lemos e relemos unha e outra vez... é estupendo!


Asemade, de xeito máis improvisado, esta historia serviunos para iniciarnos na expresión rítmico-musical e corporal, dramatizando e mimando a historia musicada do polo PEPE, algo que se diversificaría coa canción titulada: Mi pollito amarillito que recreamos unha e outra vez diante do E.D.I. (Encerado Dixital Interactivo)... canto artista!


Xa que logo a historia do polo PEPE causou tal fascinación, aproveitamos para traballar, a partir dunha idea orixinal de Bea e dos seus pequerrechos do CPI Camiño de Santiago (O Pino) un poema de Azucena Arias Correa recollido en O proceso de adaptación. E ti... vas á escola? editado pola Xunta de Galicia.
As dúbidas do pitiño, mergúllanos nos sentimentos que de novo un pitiño, nesta ocasión de cor branca e que decidimos chamar PACO, atravesa os días previos ao inicio da escola.
De primeira man, todos e todas vivimos e revivimos ao tempo que PACO os nervios da noite anterior, a ledicia por todas as cousas novas que levaría na súa mochila, a incertidume ante o descoñecido: resto de nenos e nenas, profes, aula, patio..., nervios, inseguridades...
Todas estas situacións e sentimentos traballámolos a partir da creación dunha secuencia de aprendizaxe que titulamos: O PITIÑO BRANCO COMEZA A ESCOLA. Presentamos deseguido as portadas ás que ademais lles engadimos os nosos nomes en folios fluorescentes súper-rechiflantes.

- O PITIÑO BRANCO COMEZA A ESCOLA -
A realización desta secuencia de aprendizaxe, simultaneamente propiciou unha primeira toma de contacto con algúns dos materiais que empregaremos ao longo do curso tales como as ceras plásticas, os rotuladores, a témpera, os gomets... iniciándonos progresivamente no seu uso autónomo e axeitado.
O resultado?... unha secuencia de traballo desenvolta con moita ilusión e esforzo individualizado no tempo adicado ao traballo obrigatorio en mesa... canto traballamos!













Velaí vai o resultado do noso primeiro traballo no cole dos maiores... atentos!











Uf!, e agora, xa para a vindeira semana, comezaremos os materiais que servirán de guía no desenvolvemento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe que levaremos a cabo ao longo do curso. Tranquiiilos, moooi tranquilos, pois nesta ocasión contaremos coa axuda de NUBA, a nosa mascota de aula que pronto coñeceredes.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

2 comentarios:

Berta dijo...

Que feitos!!!!....enhorabuena a la profe Lourdes...será una supermama!!!!

Anónimo dijo...

Buen trabajo, Ricardo. En tan poco tiempo lo que aprendieron estos peques.