Bienvenido

UXÍO NOVONEYRA: O POETA DO CAUREL.

domingo, 23 de mayo de 2010

O venres, despois do recreo, celebramos a nivel de centro o “Día das Letras Galegas”, aproveitando este acto para facer a entrega de premios do “Concurso de Contos”.
A actividade na que participou todo o alumnado do centro, dende Educación Infantil ata Educación Primaria, resultou moi enriquecedora para todos nos, xa que dun modo ameno e desenfadado acercámonos un pouquiño máis a ese poeta do Caurel ao que este ano se lle adicou o “Día das Letras Galegas”: Uxío Novoneyra.
Clase tras clase, a través do micrófono, foi recitando unha escolma de poemas de Uxío Novoneyra como: “Bidueiro”, “Devesa”, “Río”...
En cambio, a Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, asignousenos un poema que abordaba datos representativos da vida e obra deste autor lugués na que coñecemos aspectos tales como o seu lugar de nacemento, que estudou e onde, os títulos dalgunhas das súas obras como “Gorgorín e Cabezón” ou
“Ilda, o lobo e o corzo”...
O extracto asignado á nosa clase abordaba un dos títulos das súas obras máis representativas: “Os Eidos”, e tras memorizar, mimar e reproducir o extracto na clase ao longo da semana, o resultou quedou sensacional e Paulo e Candela fixérono... colosal!!!
Simultaneamente e para co recital poético non resultase denso, o “Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística” tiña concertadas varias actuacións: unha do grupo de tambores e outra do grupo de pandereteiras do centro entre as que se atopaba unha das nosas compañeiras. Todos e todas quedamos coa boca aberta do ben que tocou a pandeireta Iria, e o profe díxolle que algún día tiña que ensinarnos algunha das cancións interpretadas; estiveron sensacionais.
Finalmente, tivo lugar a entrega de premios do “Concurso de Contos” que tivo lugar no centro para conmemorar o “Día do Libro”. Este curso a temática debía estar vencellada co centro de interese do antroido, no noso caso, como lembraredes, coa Idade de Pedra, dando como resultado o noso conto cooperativo titulado:
“Miñoca e a máquina do tempo”.
Estabamos entusiasmados cando nos entregaron o diploma que acreditada que somos os “mellores escritores e escritoras de contos”, xa que dalgún modo estábase valorando o traballo levado a cabo na aula e no que todos e todas participamos: creando a historia, debuxando, coloreando, escribindo o texto...

Para disfrutar dos contos que elaboraron o resto das clases do cole, o día anterior, na rutina do préstamo de biblioteca, no canto de xogar en gran-grupo aos xogos do noso blog no plasma da biblioteca, o profe explicounos o argumento dalgún dos contos elaborados polas outras clases, había auténticas obras de arte...
Asemade, tamén na biblioteca, e organizada polo “Equipo de Biblioteca”, atopábase a exposición dos “Contos de Sempre” unha exposición que ademais se está a levar a cabo a nivel de aula, unha estratexia excepcional coa que mudar os contos do noso recanto da biblioteca. Neste caso, a exposición da biblioteca ten unha particularidade, pois ademais de presentarse varios exemplares distintos do mesmo conto (algo que nos chamou moito á atención), atópase algún obxecto característico do seu relato argumental tales como unha capucha para o conto de “Caperucita Roja”, unhas botas para o conto de “El gato con botas” e mesmo unha burbulla con peixes no seu interior para o de “La Sirenita”.
Ssscchhhhhh, queremos contarvos un segredo... Moi atentos ao noso blog durante a semana, xa que, nesta ocasión o profe, deixará un agasallo moi especial para todos os nosos seguidores e seguidoras...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Non deixaredes de sorprendernos 4-B!!! Pero que clase tan chea de artistas!!....

Parabéns polo premio recibido, ben merecido depois de tanto traballo...

Qué guapos todos os nenos e profes do cole con esa camiseta tan favorecedora!!!

Anónimo dijo...

Que ben o fixeron os nenos e nenas de 4AnosB, son increíbles, a capacidade para exporse diante dos seus compañeiros e recitar o que lles tocou, foi unha moi boa representación de toda a clase que Candela máis Paulo recitaran o poema de Uxío Novoneyra.

As camisetas encántame, parecedes dun equipo de campamento.

Un saudo.

Anónimo dijo...

Me gusta la idea de que aparezca el menú del comedor como enlace a la izquierda del blog, un detalle para las familias profe Ricardo, muchas gracias.

Un saludo.

Anónimo dijo...

¡Hola Ricardo! Son a chica que vos foi visitar o venres... á que lle presentache ós mestres de infantil... Cheguei á casa e púxenme a buscar información do colexio e atopeime co teu blog ¡encántame! ó final perdinme o dos recitais porque fun para A Estrada pero así da gusto, entérase un de todo por aquí. Ós blogs dan moitísima información que moitas veces se queda na aula.
¡Noraboa por esas 2000 visitas!

¡Un saúdo!
María (Lugo)