Bienvenido

MIÑOCA E A MÁQUINA DO TEMPO.

viernes, 4 de junio de 2010

Como o prometido é débeda, hoxe realizamos a presentación do conto cooperativo elaborado durante este curso co motivo da actividade conmemorativa do “Día do Libro” e o “Concurso de Contos” que se organizou no noso centro.
Como sabedes, nesta ocasión, ao igual co curso pasado, escollimos á nosa mascota de aula, -Miñoca-, como a principal protagonista, coñecedores dos seus super-poderes, uns super-poderes que lle permitirían viaxar ao eixo temático da actividade no que se centraría o noso relato argumental: a Idade de Pedra.
Sen lugar a dúbidas, esta actividade permitiu, dunha maneira amena, a consabida adquisición dun senfin de capacidades e habilidades propias da Educación Infantil, tales como progresar na evolución da nosa expresión plástica -ao debuxar e colorear as ilustracións de cada folla-, a lecto-escritura -no momento no que escribiamos o texto do relato-, a nosa competencia en comunicación lingüística -cando liamos o conto para seguir co seu argumento-... ademais, resultou grato comprobar, como quen máis e quen menos pouco a pouco vai gañando confianza e seguridade nas súas propias capacidades, como cada vez nos gusta máis realizar un traballo coidado e esteticamente organizado.
Como dato anecdótico, destacar como para moitos de nós, o feito de participar na elaboración do conto convertíase nun “premio” cada vez co profe nos plantexaba un reto competencial e o superabamos con éxito, algo que contribúe a que cada día nos esixamos un pouquiño máis a nós mesmos e que tantas veces se nos esquece, verdade?...
Velaí vai o conto cooperativo deste curso, velaí vai... “Miñoca e a máquina do tempo”... Desexamos que vos guste!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!




3 comentarios:

Anónimo dijo...

Noraboa aos pequenos de 4 anos B, están feitos uns artísticas e uns grandes escritores, moi ben Profe Ricardo.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Bueno,bueno.....vaia historia!!!!pois sí que traballaron estos nenos!!! e o que máis sorprendente é que o profe convertira a colaboración no conto nunha recompensa e/ou agasallo,posto que non é doado para un neno desa idade ver este tipo de tarefas como algo ocioso.

Parabéns ós 24 artistas e ó profe....

Anónimo dijo...

QUE BONITO O VOSO CONTO COOPERATIVO

DEBERÍAMOS PODER VELO NAS NOSAS CASAS

ÁNIMO QUE XA VOS QUEDA POUCO PARA AS VACACIÓNS

QUEREMOS FOTOS DA EXCURSIÓN