Bienvenido

"¡QUÉ LLUEVA, QUÉ LLUEVA, LA VIRGEN DE LA CUEVA...!"

viernes, 14 de mayo de 2010

Esta semana, co motivo do “Día das Letras Galegas”, tivo lugar, o luns 10 de maio, o “Correlingua 2010” que, tal e como vos contaramos, este curso, levaríase a cabo na nosa vila.
O certo é que Rianxo, convírtese nun marco incomparable e indiscutiblemente ligado ás nosas letras no que naceron autores tan representativos da literatura galega como Rafael Dieste, Manuel Antonio e, por suposto, A.D.R. Castelao.
Ao final cumpríronse as predicións meteorolóxicas, e, finalmente, a actividade quedou un tanto deslucida, pois en lugar de asistir os más de 2000 participantes de centros de todo o Barbanza, asistiron, segundo os organizadores da actividade, arredor de 700 alumnos e alumnas de Secundaria.
Ao final, non puidemos lucir a camiseta coa que nos identificaríamos na actividade cos debuxos gañadores do concurso que se organizou no noso centro para escoller a imaxe máis representativa, resultando gañadores un debuxo de 6º e de 2º de Educación Primaria para a parte frontal e espalda, respectivamente.
Ademais disto, as semanas previas á actividade cada centro elaborou unha pancarta que luciriamos na marcha pola nosa vila o día do Correlingua. No caso da pancarta de Educación Infantil, tratouse dun deseño sinxelo que representaba a bandeira de Galicia e un poema da produción literaria infantil de Uxío Novoneyra estreitamente vencellado coa primavera, centro de interese, que estamos a desenvolver nestes momentos.





Logo, para ca pancarta tivese unha achega individual de cada aula, os profes decidiron poñer uns barcos na franxa transversal da bandeira a modo de mar. Foi unha tarefa complicada por parte do profe determinar cal era o barco "máis-súper", porque todos tiñan algo especial. Habíaos de todos os tipos: con velas, botes de remos, con áncoras, redes, canas de pescar... finalmente, o profe solicitou axuda das súas compañeiras de ciclo xa que nos mesmos non nos poñiamos dacordo e baseámonos máis no autor que no resulta do debuxo, curioso, verdade?...

Velaí, van os tres debuxos seleccionados...



Aproveitamos tamén para contarvos que xa rematamos o “Conto Cooperativo” deste curso, un traballo elaborado, que precisou de varias semanas para co seu proceso de realización resultase persoal e do que pronto, moi pronto teredes noticias no noso blog, así que moi atentos para descubrir a onde viaxou nesta ocasión a nosa Miñoquiña amareliña...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!


4 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Canta o cuco cala e canta
dos castiñeiros do val.
Pasa o tempo e no di nada
e volta o cuco a cantar.
Uxío Novoneyra.

Anónimo dijo...

Que pena que o mal tempo impedira lucir as camisetas tan chulas e a pancarta tan "currada" polos profes...
Aínda que os debuxos seleccionados están moi ben, seguro que todos os da clase estaban moi elaborados por iso o profe dubidou tanto...

En canto ó conto cooperativo, xa estamos desexando ver o resultado deste ano sen a axuda das familias..aínda que o contido é importante, parécenos máis relevante que os nenos interioricen o significado de "cooperativo" tan importante neste sociedade na que a tendencia é cada vez máis o "individualismo"...

Bicos ás 24 primaveras que teñen a gran sorte de repetir profe o vindeiro ano.

Anónimo dijo...

... los pajaritos cantan,
las nubes se levantan,
que sí, que no,
que caiga un chaparrón,
con azúcar y turrón.

Anónimo dijo...

Entereime deste blog e estame resultando interesante comprobar como José Ricardo cumpre co que nos predica e emprega o blogue de aula como unha canle coa que fomentar a relación familia-escola. Como non puxeche o teu blogue coma exemplo?

Como nos pon cando algo lle gusta: OK!!!!

Grazas por todo, e agardo ver axiña cumprido o meu soño...