Bienvenido

ESPERTA NATUREZA!

viernes, 9 de abril de 2010

Despois duns días de vacacións, esta semana voltamos de novo ao cole e, aínda que nos custará coller de novo o ritmo de traballo cotiá, moitos de nós estaba desexando cas clases comezasen de novo e vivir novas experiencias xunto co resto de compañeiros.
Na asemblea matinal do martes, e como non podía ser doutra maneira, quixemos facer partícipe ao profe das nosas vacacións: fomos ao parque, andamos en bicicleta, visitamos a biblioteca municipal... aínda que sen dúbida o gran acontecemento que a maioría de nós viviu foi ir ás barracas da Pascua en Padrón...
non os hai máis festeiros ca nós!
Nembargantes, tamén houbo varios compañeiros que, entusiasmados, lle trouxeron ao profe unha morea de “deberes” para compartir con todos nós na asemblea. Había para todos os gusto, aínda que é un dato moi significativo comprobar como cada mañá son máis os nenos e nenas que deciden invertir un pouco do seu tempo fora da escola para facer as súas letras e os seus números, unha tarefa iniciada por unha nena do grupo e que se está a converter nunha costume para máis dun. Unha proba irrefutable da motivación e interese co que nos enfrontamos cara o aprendizaxe dos contidos relacionados coa lecto-escritura e lóxica-matemática.
Asemade ao longo da semana constatamos entre todos a chegada dunha nova estación do ano, siiiiiiiii... a PRIMAVERA! Un suceso que se convertirá alomenos na seguinte semana no centro de interese no que investigaremos para observar, descubrir e identificar algúns dos cambios máis significativos que trae consigo a chegada desta nova estación tanto no contorno como na vida das persoas avanzando no seu proceso de diferenciación.
Para comezar, o profe propúxonos un torbeliño de ideas no que, previa man levantada, tiñamos que dicir obxectos, elementos, situacións... vinculadas coa primavera. Así saíron: bolboreta, árbore, flores, sol, abella, herba, flores, paxaros, arco da vella, caracois e... flores, porque o que si temos clarísimo é que coa chegada da primavera os campos énchense de flores, mooooooooitas flores... un elemento que xa traballaramos antes das vacacións e que serviu como eixo para confeccionar a portada das actividades impresas que levamos para a casa.
Esta conversa enriqueceuse se cabe todavía máis coa posterior lectura e interpretación da lámina mural desta unidade didáctica na que se podía ver unha paisaxe primaveral con moitos dos elementos que dixeramos no torbeliño de ideas.
Logo de viaxar ao longo do curso a lugares como Kenia, Canadá ou Puerto Rico e coñecer algúns dos seus elementos e tradicións máis representativas, nesta ocasión, e da man da nosa mascota, adentrámonos en Xapón introducíndonos no mundo dos xardíns zen.
Descubrimos que estes xardíns son de dimensións pequenas e están formados por un campo de area que contén grava, rochas e algunhas veces musgo, herbas e outros elementos naturais. Foron creados para contemplalos durante a meditación e neles atópanse os fundamentos principais da arte e cultura xaponesa.
Ademais tamén nesta semana dimos un paseo polo “El País de las Letras” onde nos atopamos a outro dos seus habitantes, a J.
En “El País de las Letras” había un jardín moi grande que sempre estaba cheo de flores, especialmente en primavera.
O encargado de coidar as flores para que estivesen tan bonitas era el Jardinero J; para que non pasen sede, as rega pouco a pouco, e para que non teñan fame, lles da a súa comida favorita: abono.
Grazas á profesión do Señor J aprendemos un pouco máis dos coidados necesarios das plantas. Así, para manter bonito o xardín ten que remover a terra para que esté branda e fresca, pedir ás formigas que deixen tranquilas ás flores e se vaian ao bosque, e coidar de cos mosquitos, as moscas e as cucarachas non as estropeen. Tamén ten que limpar as flores, quitarlles as follas secas e arrancar as malas herbas que crecen entre elas e as deixan sen comida... todas estas, tarefas que contribúen á adquisición de actitudes de coidado e conservación do medio natural.
O profe prometeunos que pronto, moi pronto coñeceremos a un novo habitante deste país que tan rico e froitífero está resultado no noso proceso de lecto-escritura,... as apostas están feitas!
Bueno, creo que faltan mil millóns de cousas por contar de todo o realizado durante esta semana, pero abofé cas informacións estarán cargadas de maior riqueza se as contamos en persoa... non credes?
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
- XA TEMOS 4 PRIMAVERAS -

- ESPERTA... NATUREZA! -


- EL JARDINERO J -


3 comentarios:

Profe J.Ricardo dijo...

Noiva do campo papoula,
que estás crecendo no trigo.
Papouliña, papoula,
queres casar comigo?...

Anónimo dijo...

Que bonitiñas son as portadas que trouxeron para á casa, son moi creativas, ademais saen tan favorecidos os meniños...
A primavera xa se sabe...que a sangue altera, así que este derradeiro trimestre, Profe Ricardo, vaiche tocar lidiar cas feras.

Un saúdo e seguide traballando así de ben.

Anónimo dijo...

"...Con la primavera
viene una ansiedad
De pájaro preso
que quiere volar..."
(José Alberti)
Este verso nos puede dar una explicación al castigo generalizado que el profe tuvo que poner el pasado martes,puesto que, como todos sabemos "ese" no es el comportamiento de 4-B....

Beeeeeeeeeesos a eses 24 soletes que son la alegría de la casa....