Bienvenido

XOGAMOS APRENDENDO E... APRENDEMOS XOGANDO.

viernes, 23 de abril de 2010

Hoxe, venres 23 de abril celebramos o “Día do Libro”, unha data na que se pretende homexanear e valorar a contribución de moitos escritores e escritoras que contribúen, dalgunha maneira, ao progreso social e cultural da nosa sociedade.
Así pois, na asemblea adicamos un tempo a falar dos motivos polos que se celebra este día e descubrimos co “Día do Libro” conmemórase cada 23 de abril por ser este o día no que morrían escritores da talla de Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega ou William Shakespeare que, aínda que non coñecemos as súas obras, o profe nos contou que escribiron libros para maiores moi moi moi importantes, tan importantes que foron traducidos a diversos idiomas para ca xente poida megullarse e vivir as súas historias.
Tamén conversamos acerca de cales son os nosos contos preferidos decatándonos de todos os que coñecemos. Saíron, dende os contos de sempre, os contos de toda a vida como “Caperucita Roja”, “Los 3 cerditos” ou “El patito feo”, ata outros que ultimamente están acadando unha fama considerable nos máis pequenos entre os que están os contos da Editorial Kalandaka con títulos como “La casa de la mosca fosca”, “Orejas de mariposa” ou “A que sabe a Lúa?” ou mesmo a colección de Pepe Carreira de “Os Bolechas” que nos proporcionaron, no seu momento, un primeiro achegamento a ese mundo no que cada día avanzamos un pouquiño máis: a lecto-escritura.
De todos é coñecido cos contos se convirten en aliados excepcionais nos procesos de ensinanza-aprendizaxe que levamos a cabo na aula, así, ademais de ensinarnos a escoitar e a ver as cousas cos ollos da imaxinación, converténse en poderosos estímulos para o desenvolvemento da creatividade e do pensamento diverxente.
Asemade, os contos tamén nos serven para atoparnos cos problemas éticos fundamentais favorecendo a adquisición dun primeiro código moral ao mesmo tempo que reforzan virtudes e cualidades como o valor da amizade, a humildade, a exaltación da intelixencia e do inxenio...
Non creades que isto foi todo, xa que tras realizar varias actividades impresas co profe nos tiña preparadas acerca dos nosos contos favoritos, de cantar e dramatizar a canción "¡A leer, a leer!" que aprendimos ao longo da semana e do momento da merenda e do patio, participamos nunha selección de xogos populares que, ao longo deste curso, organizaron nos exteriores do centro o Grupo de Traballo integrado por varios mestres e mestras do cole no que, a partir de materiais de desfeito e refugallo, confeccionaron xogos populares para o tempo libre e de lecer do recreo.
Así, tras organizarnos en 3 grupos de 8 nenos e nenas entusiasmados medimos as nosas forzas no “suttheball”, aprendemos a controlar e dominar o noso equilibrio xogando á pata coxa ás “mariolas”, retorcimos o noso corpo no “twister”, probamos o noso inxenio nos “xogos de mesa”, a nosa paciencia e pulso no “pesca peixes” e “encesta” e, incluso algún de nós superou os seus medos nos “zancos”. Ademais destas actividades, e tratándose do “Día do Libro”, tamén había un espazo reservado para a lectura, un espazo afastado da zona dos xogos que nos permitiu disfrutar da selección dos libros da biblioteca que alí se atopaban.

Resultou unha xornada sensacional na que se combinaron dous dos recursos didácticos por excelencia da Educación Infantil; pois se a través da utilización do conto se cumprían os obxectivos antes descritos, a actividade lúdica, ademais de ser divertida, proporciona situacións de pracer e benestar, xenera descubrimentos, desenvolve habilidades, promove aprendizaxes e favorece a socialización entre iguais... de aí que, dada a súa significatividade se convirta tamén nun importante apoio nos procesos de ensinanza-aprendizaxe desta etapa, pois que dúbida cabe cos nenos aprendemos xogando e xogamos aprendendo.
Bueno, todo isto non acaba aquí, xa que como sabedes o 17 de maio celebraremos o “Día das Letras Galegas” adicado este ano a un escritor de Lugo chamado Uxío Novoneyra e para celebralo ademais de participar no “Correlingua 2010” que este curso se levará a cabo no noso concello e no que participarán máis de 2000 alumnos e alumnas de todos os centros do Barbanza elaboraremos, un ano máis, o “Conto Cooperativo”, unha experiencia na co curso pasado vos, as familias, tivestes un peso fundamental na confección de “A festa da primavera”, lembrades?... e que este ano, dado que xa somos maiores intentarémolo nós na clase, así que moi atentos ao blog que axiña teredes novas destas e outras experiencias...
Un saúdo acompañados de lectura e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

O día do Libro pareceume unha conmemoración do máis divertida, porque os nenos disfrutan lendo e xogan aprendendo, unha marabilla; ademais con todos os xogos que se programaron no cole...foi unha ledicia e "non te deitarás sen saber unha cousa nova".

Un saúdo... Graciñas.

Anónimo dijo...

Ante todo pedirlle ó profe que traslade a noraboa e o agradecemento ó Equipo de mestres polo traballo levado a cabo....
Bueno, bueno...que envexa de xornada, que recordos e que alegría lle dan os xogos ó patio do cole!!!!

Coma sempre, a súa redacción é brillante!!!!!

Elena dijo...

Hola, profe Ricardo!

Hoxe faláronme deste blog e acabo de darme unha voltiña polas diferentes entradas... é precioso!!
Eiquí respírase alegría, ilusión, agarimo e moitas ganas... así da gusto!!

Parabéns.
Elena Varela.