Bienvenido

RICO, RICO, RIQUÍSIMO!

viernes, 5 de marzo de 2010

Esta semana tivemos unha visita estupenda: unha contacontos. Desta vez viña a contarnos unha historia que, de novo, seguía enraizada cos contidos vinculados coa “Educación para a Saúde” do mesmo xeito ca vez anterior, pero nesta ocasión tratariamos actitudes, valores e normas relacionados coa nutrición, actividade física e prevención da obesidade.
Para disfrutar do fantástico conto que nos traia preparado, antes tocounos traballar un pouquiño, xa que reparteu a cada un de nos unhas imaxes nas que aparecían debuxos de distintos tipos de alimentos: peixe, carne, hamburguesa, doces e pasteis, refrescos con base de cola... A contacontos preguntounos quen tiña cada un dos alimentos que repartira, se nos gustaban, a que sabían, se os comiamos a cotío... logo, tivemos que colorealos. Neste punto temos que recoñecer co resultado obtido na maioría foi un auténtico desastre, algo ao que, tras moito insistir o profe, non está acostumado... sentímolo!
A medida que iamos rematando, fomos pegando nun mural cada un dos alimentos que coloreamos.
No mural aparecía un gran triángulo que representaba a “Pirámide dos Alimentos” e todos xuntos, coas inevitables preguntas que lle formulamos á contacontos, aprendemos a interpretar este gráfico.
Así, na parte superior da pirámide, atópanse os alimentos que debemos comer de forma moi moderada.
Todos pensabamos cos alimentos de máis arriba da pirámide serían os máis importantes ou dalgunha maneira mellores (por iso de atoparse no máis alto), pero o feito de que se atopen máis arriba significa que debemos comer cada día menos de ese alimento: hamburguesa, xeado, doces, refrescos...
Pola contra, na parte intermedia e baixa atópanse os alimentos que debemos consumir na nosa dieta: froita, lácteos, embutido, froitos secos,... sónavos? Siiiii..., pronto descubrimos cos alimentos aconsellables na dieta dunha persoa son os que se atopan no menú do momento da merenda e, deseguido, lle ensinamos á contacontos o panel que diariamente revisamos para ver que nenos e nenas non cumpren o menú establecido para cada día.
Logo, contounos e dramatizounos o conto cuxo relato narraba as aventuras de Brais, un neno que dun día para o outro, guiado polas 3 bruxas malas do bosque, pasou de ser un neno san a un neno gordinflón, un estado físico que lle impedía levar a cabo aquelas actividades que realizaba ata ese momento tales como correr, xogar cos seus compañeiros, saltar...
A través desta historia descubrimos cas relacións entre saúde e alimentación son indiscutibles, pois Brais, comezou a engordar a medida que consumía aqueles alimentos que se atopaban no máis alto da pirámide. Polo tanto, a instauración de hábitos alimenticios sans resulta imprescindible na promoción da saúde e na calidade de vida das persoas.
Sen dúbida, na sociedade actual na que vivimos, a obesidade infantil convértese nun dos trastornos nutricionais máis importantes durante a infancia a pesar de que socialmente, se considere un problema máis grave a delgadez extrema ante a alarma social existente hacia a anorexia. Pois moitas familias seguen asociando erroneamente, o sobrepeso como un síntoma de boa saúde... non credes?
A inxesta de alimentos elaborados a base de graxas saturadas e fariñas refinadas, unido ao feito de que Brais non realizaba ningún tipo de actividade física e unicamente se limitaba a xogar coa videoconsola, repercutía no seu estado de saúde e no seu estilo de vida. Este momento do conto creou polémica, pois a algún de nós costoulle comprender que se pasa moito mellor realizando actividades físicas de maneira regular que levando a cabo actividades sedentarias dese tipo.
Unha das rutinas fundamentais en Educación Infantil a constitúe o momento da merenda a media mañá dada a importancia coa que conta no proceso de autonomía e desenvolvemento persoal e social dos máis pequenos. É por iso polo co noso profe, lle concede cada día a este momento todo o valor e atención que merece como un excepcional recurso ao servizo do proceso de ensinanza-aprendizaxe, sen esquecer, que este momento debe ser considerado polos nenos como unha fonte de placer.
Neste sentido, na nosa aula, cada día alimentarse convértese en algo máis que nun momento no que saciamos a fame de media mañá, pois as relacións interactivas e a adquisición de conceptos, hábitos, destrezas, e actitudes resultan case inevitables.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non é doado quitarlle a un neno de 4 anos de comer doces, bolería industrial, xeados...pero, en canto nos paramos a pensar da repercusión que terá no seu estado de saúde cortamos radicalmente está alimentación.A proposta é moi boa, para que os nenos se conciencien de que alimentos son os que deberían comer e cales non, pero isto sería máis acertado traballalo coas familias xa que os pequenos comen o que na casa lles damos.

Un saúdo.

Anónimo dijo...

Pero cantas cousiñas facedes e que tranquilos se vos ve, que gusto.

Saúdos.

Anónimo dijo...

Xa me contou o meu fillo, xa, pintaron todo a rayajos e con ocos brancos, e eso non está requete-ben...