Bienvenido

MI MAMÁ ES SÚPER!

viernes, 12 de marzo de 2010

Esta semana celebrouse o 8 de marzo o “Día Internacional da Muller Traballadora”, unha actividade conmemorativa que suscitou na asemblea matinal unha conversa moi interesante na que aprendemos a valorar un pouquiño máis o papel na sociedade actual que levan a cabo moitas mulleres, entre as que se atopan, as nosas mamás.
Este día foi recoñecido pola "Organización de las Naciones Unidas" (ONU)
e conmemórase a loita da muller pola súa participación na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Todo isto, viuse reflectido na asemblea matinal que daba incio a unha intensa, pero froitífera semana no ca traballo se refire, na que entre todos chegamos á conclusión de que as nosas mamás son SÚPER: super-boas, super-agarimosas, super-alegres e... super-traballadoras!!!
Logo de co profe nos explicase porque se celebraba este Día e que era o que se pretendía conmemorar, quen máis e quen menos fixo a súa aportación na asemblea falando acerca do traballo que día a día desenvolve a súa tía, madriña, avoa, pero, sobre todo, a súa nai.
Había ocupacións de todos os tipos e sectores: caixeiras de supermercado, nais que traballan en fábricas, oficinistas e secretarias, recepcionistas... incluso, varias delas cunha profesión un tanto sorprendente e que resultou descoñecida para o profe; pois máis dun dixo que a súa nai “traballaba nas ventanas” ¿...? Non sei quizáis é a influencia de "Spiderman" e doutros seres fantásticos que tantas conversas ocupan no noso día a día, pois ningún dos nenos que dixeron esta profesión soubo explicar en que consistía esta, cando menos, “peculiar” profesión.
Interesante os nenos e nenas que comentaron cas súas nais eran mariscadoras e mariñeiras, unha profesión moi arraigada neste pobo, pero que, por outro lado, tan pouco habitual resulta noutros lugares nos que non é algo habitual que unha muller vaia a pescar ao mar xunto con outros homes, unha profesión que, en moitos pobos mariñeiros, segue estando reservada unicamente para os varóns.
E é que, durante moito tempo, a sociedade presentou aos homes cun papel dominante e, ás mulleres, en cambio, cun papel de sumisión alentadas a abandonar o éxito académico e o mundo laboral extradoméstico, ata tal punto que hoxe en día aínda existen persoas que sosteñen que determinados estereotipos xenéricos débense a diferentes cualidades biolóxicas de ambos sexos.
Outros nenos en cambio, apuntaron cas súas nais non traballaban en nada... en nada?? Bueno, o que intentaban dicir era que non realizaban ningún traballo remunerado fora do fogar, pois o feito de que queden na casa non implica, nin moito menos, que non fagan nada. Así, entre todos comezamos a dicir as actividades que día a día fan as nosas mamás: fregar, lavar e pranchar a roupa, facer as camas... e un sen fin de tarefas, entre as que se atopaba tamén a de cociñar. Neste punto, máis de un dixo co seu pai tamén cociñaba algo que, en cambio, non ocorría co resto de tarefas domésticas.
Do mesmo xeito que no ámbito familiar, tamén noutros ámbitos de relación social nos que se moven os nenos empréganse unha gran variedade de estereotipos claramente diferenciados, recibindo multitude de presións para que manifesten un comportamento dacordo cos estereotipos sexuais vixentes no seu contorno socializador.
Afortunadamente, nas sociedades occidentais, progresivamente vanse superando os estereotipos ligados ao sexo, a pesar de que ao alumnado de Educación Infantil lles custe moito desinhibirse e máis dun se enfade cando se lle di que lle gustan as “Winx Club” ou a cor rosa... nooooon, iso é de nenas! Contrarrestar os efectos dos estereotipos sexuais que moitos nenos e nenas teñen, constitúe un importante ámbito de traballo desta etapa educativa que se canaliza dende o eixo transversal da “Educación Sexual” e da “Educación para a Igualdade de Oportunidades entre Ambos Sexos”.
Moi atentos ao blog, xa que si nos portamos requete-ben como lle gusta ao profe, axiña teredes novas das sorpresas que nos agardan ao longo destas semanas na nosa clase...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Páreceme moi ben que se traballara este día cos nenos e nenas, porque desde este punto de vista, comprenden como estaban tratadas antes as mulleres e que hoxe en día,pouco a pouco, se está convertindo no PASADO:A MULLER que só DEBE ESTAR NA CASA.

Un saudiño...

Anónimo dijo...

Síiiiii, hoxe xa coñecemeos o que se escondía na caixa máxica que a semana pasada apareceu na mesa do profe, boa idea! Estaba intrigadísimo.