Bienvenido

HABÍA UNHA VEZ...

viernes, 26 de febrero de 2010

A partir desta semana, incorporamos unha nova rutina á nosa parrilla de clase, a do préstamo de biblioteca, unha actividade cunha periodicidade semanal que se convirte nun indiscutible recurso didáctico para o desenvolvemento lingüístico e para a consabida adquisición de técnicas vinculadas co proceso de lecto-escritura.
Trátase dun préstamo semanal (de xoves a xoves) que propiciará un sempre grato encontro co mundo dos contos e da lectura que creará un clima que resulta tan grato e estimulador para a aprendizaxe.
Ademais, tamén servirá para que nos familiaricemos coa dinámica da biblioteca -unha das nosas asignaturas pendentes-, para que nos ilusionemos cun ambiente propicio á lectura no ámbito escolar e familiar e tamén para que nos contaxiemos do entusiasmo dos libros como portadores dun mundo máxico e marabilloso.
Ao longo de cada semana, coa axuda das nosas familias leremos o conto escollido co obxectivo de comprender a súa liña argumental, xa que cada xoves, nomearemos un encargado por rigurosa orde da casiña do panel de rutinas, que “lerá” o conto ao resto de compañeiros e compañeiras a través da intepretación das imaxes e ilustracións co compoñen.
A través da narración dos contos aprenderemos a escoitar, a pensar, a adquirir un primeiro código moral, a ver as cousas cos ollos da imaxinación, estimulando a creatividade, o pensamento diverxente e o sentido crítico.
Neste sentido, hai que dicir cos contos seleccionados para o préstamo están escritos en letra maiúscula e aqueles que recollen os fonemas traballados ata agora poden ser silabeados por aqueles nenos e nenas que non amosan problemas na súa identificación. Por iso, cun pouquiño de paciencia, durante a semana co conto estará na casa, as nosas familias podrán observar e comprobar en primeira persoa como damos os primeiros pasos na lectura, uns pasos tímidos, pero seguros, que constitúen as estruturas máis sólidas para que ese linguaxe marabilloso que nace do libro renaza en calquera momento e tantas veces como queiramos... algo fascinante, non credes?
Entre moitíiiiiiiiiiisimas das actividades que podemos levar a cabo a partir do conto están: as actividades de comentar que axudan a asimilar o conto e a realizar unha transposión dos feitos ás experiencias vividas, tamén actividades de ilustración, como debuxar o personaxe favorito do relato a escena que máis nos gustou, actividades de xogo dramático, representando os roles dos protagonistas do conto ou tamén actividades de creación de historias como a ensalada de fábulas ou o binomio fantástico propostas por Gianni Rodari na súa obra Gramática de la Fantasía (1985).
Esta semana a rutina foi algo diferente ao que tiñamos pensado, pois o feito de ca biblioteca non estivese operativa supuxo unha modificación nos plans establecidos, tivemos que levar a cabo o préstamo na clase, pero dándolle a importancia ca actividade merecía.
En primeiro lugar, o profe presentóunos cada conto, algo que quizáis se nos fixo algo longo, pois o que realmente queriamos era manipular, tocar, observar... os contos que día a día fomos descubrindo na asemblea matinal.
Logo, e tras lembrar que cada semana os contos deberán vir en perfecto estado, unha das normas do “Rincón da Biblioteca” da aula que levamos a cabo dende o curso pasado e que debe ser acatada, tamén, no ámbito familiar, comezamos co proceso de selección, un proceso que suscitou polémica, pois case todos queriamos o mesmo conto: curioso, verdade?...
Nin moito menos esta situación supuxo problema algún, xa que tiñamos claro ca elección fariase por orde da casiña, así que toca agardar a ser o contacontos e desta maneira ser os primeiros en elexir.
A medida que iamos collendo o conto, o profe ía anotando o título de cada un no “Dossier do Préstamo Semanal” que, entre todos, elaboramos para tal fin e no que cada un tivo que escribir o seu nome na folla correspondente na que se recollerán os seus préstamos semanais.
Agardamos que axiña podamos dicir ca actividade se convertiu nunha realidade rica e froitífera, en onde os obxectivos marcados nun primeiro momento se diversifiquen e amplíen contribuíndo ao noso desenvolvemento global e integral. Sen dúbida unha ambiciosa tarefa, pero unha vez máis contamos coa vosa axuda... mil millóns de grazas!!!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Antes de nada comentar que a actividade paréceme moi apropiada para os nenos/as xa que así van adquirindo non só os hábitos da lectura senon tamén outros como os de compartir os libros e que non todo se compra.
O que me chamou moito a atención é como todos están dando voltas ó redor da mesa coas mans detrás. Así me gusta, organización e orde.
Saúdos

Anónimo dijo...

Paréceme un idea moi boa, porque deste xeito as familias estaremos contribuindo dun xeito máis directo á práctica educativa que ti levas. Aínda que, na casa xa lemos contos de todo tipo, é moi interesante ter presente os gustos do meu fillo, gustos que quizais, están vinculados ao do Profe J.Ricardo ou dos compañeiros, pois o feito de que todos elixiran o mesmo conto...
Tranquilo profe que os contos estarán ben coidados.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Sempre interesante, sobre todo que sexan eles mesmos os que elixan os libros e non os reparta o profe.

Anónimo dijo...

Unha pena que nos forades á biblioteca do cole, pero hoxe, segundo teño entendido xa fustedes e o contacontos fixoo moi requeteben. Parabens Alex Sóñora.

Anónimo dijo...

Muy buena iniciativa¡¡¡¡¡¡y como bien explica el profe en la "entrada" un recurso didáctico muy completo, teniendo en cuenta la variedad de actividades a realizar que derivan del mismo...también nos pareció muy interesante la "introducción" a las normas del préstamo, aunque creo que el profe es muy estricto en este sentido, lo cual tampoco está mal sino poco ivan a durar esos libros...
Seguro que todos hacen muy bien de cuentacuentos,y de no ser así tampoco pasa nada, pues lo más importante es el proceso no la demostración final en el aula en la que, sin duda, confluyen muchos factores....

Felicidades a Zaida y a Paula¡¡¡¡¡

bibliocastelao dijo...

Noraboa! Por fin os alumnos e alumnas de infantil despois de moito insistir comezan a utilizar o servizo de préstamo da biblioteca do cole. Moitas grazas aos peques de 4 anos B e ao Profe J. Ricardo por dar exemplo.

Por certo, que ben facedes de contacontos!!!!
(Aínda que non me vedes sempre estou escondida pola biblio para disfrutar con todas as actividades que vos facedes nela)
Un agarimosos saúdo,
A xoubiña da biblioteca