Bienvenido

SABER MÁIS PARA COMER MELLOR.

viernes, 5 de febrero de 2010

Ao longo destas semanas, o noso centro participa no “Plan de Consumo de Froita nas Escolas” unha inciativa promovida coa axuda financieira da Comunidade Europea e do Fondo Galego de Garantía Agraria... que quere dicir isto? Moi atentos que axiña o comprenderedes.
Durante estas semanas non levamos merenda ao cole, xa que entre os días 11 e 29 de xaneiro procedeuse á distribución de froita a todo o alumnado do centro. A distribución realizábase na hora do recreo e a froita obxecto de distribución foi mazá, pera, plátano e mandarina.
Durante estas merendas aprendimos a comer froita, algo que para moitos de nós foi todo un descubrimento e, ante as reticencias iniciais dalgún compañeiro, pouco a pouco todos e todas acabamos comendo froita; se ben é certo comezamos cun anaco pequeno, pero ao ver ao resto de compañeiros entusiasmados coa inciativa, quen máis e quen menos pedía outo anaco da froita dese día... estaban deliciooooosas!!!
Esta iniciativa permitiunos establecer múltiples relacións coa Educación para a Saúde, un eixo transversal que pretende fomentar a adquisición de hábitos de saúde adecuados referidos á alimentación, hixiene e descanso.
Todo isto non é algo novo para nós, pois no noso centro e, especialmente na etapa educativa na que nos atopamos, considérase a alimentación saudable como un dos alicerces para conseguir unha boa calidade de vida, convertindo á Educación Infantil nun dos espazos máis favorables para cos nenos e nenas adquiran e incorporen condutas saudables dende pequenos.
Deste xeito, neste curso xordeu a necesidade de establecer un horario de almorzo saudable no que a cada día lle corresponde un alimento diferente: luns-peza de froita do tempo, martes-lácteos, mércores-bocadillo de embutido, xoves-galletas básicas, cereais ou froitos secos e, os venres... o que máis nos gusta de toda a semana. Sen lugar a dúbidas, esta experiencia propicia un cúmulo de situacións que promoven a adquisición de hábitos e un estilo de vida saudable, pois aqueles alimentos que, nun principio non estabamos acostumados a comer, agora, co paso dos días, descubrimos que están de rechupete, algo imposible de acadar sen a inestimable colaboración das familias, coma sempre... mil millóns de grazas!
Aproveitando a temática relacionada coa saúde, tamén durantes estes días, o profe presentounos a dous novos habitantes de “El País de las Letras”: o leiteiro L e a doutora T.
O leiteiro L, resultaba fundamental en “El País de las Letras”, pois os nenos e nenas medraban sans e fortes grazas a el, porque como sabemos o leite é un alimento moi importante. O leiteiro, o señor L, facía manteiga co leite que lle sobraba e vendíalla ao pasteleiro, tamén facía batidos, que lle levaba á doutora para que llelos receitase aos nenos enfermos, e facía queixo para vender, porque o queixo é moi nutritivo e pon tan forte coma o leite.
Pola súa parte, a doutora T tamén xoga un papel vital na vida dos habitantes deste país. Tratábase dunha doutora que curaba dunha maneira moi agradable: receitaba xarope de amorodos, de limón, de chocolate, de vainilla... e cando os nenos o bebían, non sabía a xarope, senón a batidos de amorodos, limón, chocolate ou vainilla. Ademais, un día a princesiña I púxose doente, como non melloraba e non deixaba de tusir os seus pais chamaron á consulta da doutora T e... o resto da historia? mellor en persoa...
Por outra banda, a semana pasada tivemos unha visita moi especial na clase: un contacontos que veu a contarnos a historia duns personaxes trepidantes. No desenvolvemento do seu argumento coñecimos, por un lado aos “Amigos da Hixiene” que eran Pompitas, o señor Gel, o Champú, Frotadentes e Critalina e, polo outro, os "Malos da Historia": Caries, o Señor Piollo e a Pandilla de Gérmenes. Unha emocionante aventura coa que descubrimos como os “Amigos da Hixiene”, unha vez que xuntan os seus superpoderes, convértense nos “Superheroes da Hixiene” e onde Cristalina desenvolve funcións esenciais na hixiene das persoas.
Como vedes, unha semana máis repleta de experiencias, aprendizaxes e situacións na que aprendimos, dunha maneira divertida e desenfada, contidos de vital importancia que contribúen ao desenvolvemento de hábitos e actitudes que facilitan sistemas de vida saudables no que a alimentación convértese na base do crecemento e fonte de saúde.
Agora tócavos a vos... que vos pareceu esta iniciativa?
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!
UUUMMM... RICO, RICO!

SSSCH, SILENCIO... COMEZA O CONTO!

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois a ver logo, xa que se pide a opinión das familias sobre un tema en concreto voume animar por primeira vez a deixar un comentario.
A iniciativa da froita non estivo nada mal, quizáis a froita podría ser máis variada e non limitarse unicamente a 4 pezas de froita distinta. Polo resto todo ben.

Anónimo dijo...

Está moi ben a proposta das froitas, pero o que se di no comentario anterior é moi acertado, quizais teriase que propoñer outras froitas como o kiwi, xa que é unha froita que non lles gusta moitos aos rapaces e rapazas, a pesar de a que o meu fillo gústalle moito.

Un saúdo ;)

Anónimo dijo...

Parécenme dúas iniciativas moi interesantes para traballar a educación para a saúde que, como ben se introduce na explicación, son temáticas que se dan de xeito transversal pero que,ás veces, resultan de tanta importancia coma outras que non están catalogadas como tales.

Aínda que o que me parece máis relevante é que as familias tomen nota destes exemplos,sobre todo no que respecta ó apartado da hixiene e da importancia que ten o aseo diario dos nenos....debemos ser conscientes de que a falta de hixiene pode chegar a provocar transtornos importantes na saúde dos nosos fillos...

Profe, coma sempre a súa redacción é brillante;)

Anónimo dijo...

E ao rematar de comer, rapidamente, levantouse moi apurado para cepillar os dentes dicindo: ¡mamá, mamá, eu non quero ter á pandilla dos gérmenes na boca!
Unha aperta

Anónimo dijo...

Sí, también sería interesante que la iniciativa no estuviese tan concentrada en 2 semanas, ya que la pregunta de cada día es si hoy ya se puede llevar la merienda.
Lo poco agrada y lo mucho cansa, ¿no?...

Anónimo dijo...

Alucinante, agora o meu fillo non quere que lle quite a pela á froita, di que ten vitaminas para crecer e ter forza.

Mireya28 dijo...

Lo mejor que han podido haber echo en el cole..La fruta y es muy sana y buena..Alejandro estaba encantadisimo si por él fuera comería fruta todos los dias sin cansarce..Gracias por esta iniciativa..Pero tambien deberíamos insistir en casa ..no esperar siempre que lo hagan en los Centros Educativos..el ejemplo siempre tiene que venir del hogar...