Bienvenido

A MAXIA DO NADAL CHEGA A 4 ANOS B.

viernes, 18 de diciembre de 2009

Tal e como prometeramos, aquí estamos de novo, e é que esta semana foi un sen parar e estivo cargada de emocións, ilusións, nervios e traballo, moito traballo do que queremos facervos partícipes.
Dado o cúmulo de acontecementos e experiencias vividas, centrarémonos nas máis significativas que, curiosamente, vivimos na mañá do venres, una mañá fría de Nadal que moitos de nós xamais esqueceremos. Comezaremos polo principio…
Coma se dunha mañá máis se tratase, comezamos co ritual da asemblea, e con ela as rutinas que dan inicio aos distintos momentos da xornada escolar: elección do encargado, fichaxe de ausencias e presencias, constatación do tempo atmosférico. Foi xusto nesta última rutina, cando o profe decatouse de que pola noite alguén estivera na nosa clase deixándonos un agasallo en forma de carta.
Todos e todas estabamos confusos e impacientes por saber quen nos enviaba aquel misterioso sobre no que se lía “Para el profe J.Ricardo y los niños y niñas de 4 años B”, pois ninguén tiña nin a máis remota idea de onde saíra.
Da man do encargado, abrimos aquel sobre non sen antes aventurarnos a adiviñar quen ou quenes nos podían mandar unha carta. Asegurámosvos que as respostas, unha vez máis, resultaron moi orixinais: uns dicían “foron as pantasmas de Halloween”, outros “non, foron os esqueletos”, “eu creo que foi o duende Colorín”… nada máis lonxe da realidade, pois a carta era nada máis e nada menos que... das SS.MM os Reis Magos de Oriente… non o podiamos crer!
No seu texto, descubrimos que moi pronto, os Reis Magos visitarán o noso cole, para ese día, teriamos que ter preparadas as cartas para entregárllelas persoalmente. Por petición xeral de todo o grupo, limos varias veces a carta, todos e todas estabamos coa boca pechada, expectantes, os nosos ollos expresaban ilusión e mooooooita inocencia.
Asemade, o profe contounos o que sucedera cando entrou na clase pola mañá cedo, pois extrañouse de que a caixa dos bombóns dun dos cumples desta semana, non estivese no seu lugar correspondente e, o máis sorprendente, era que alí non quedaban os 3 bombóns que deixaramos sen comer o día anterior. Así que xa tiñamos a resposta a un dos nosos “misterios sen resolver”, pois os Reis Magos, moi agradecidos na carta, explicaban que comeran os bombóns.
Moi, pero que moi nerviosos, esa mesma mañá agardábannos máis sorpresas, pois logo de acabar a asamblea, puxemos os abrigos para ir cara ao pavillón polideportivo do concello a ensaiar a actuación do “Festival de Nadal”, un dos nosos grandes segredos deste trimestre e que por fin, o próximo martes estrearemos “mundialmente”… agardámosvos!
A mañá rematou coa celebración dos cumples de 3 dos nosos compis que, moi contentos, por fin quitaron as súas fotos das tartas de 3 anos, e pegáronnas na de 4 anos: Hugo, Izan e Paulo… querémosvos mil millóns, moitas felicidades!!!
Seguide atentos ao blog, porque moi pronto teredes noticias novas deste Nadal que tan especial está resultando na nosa clase.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

5 comentarios:

Anónimo dijo...

O meu fillo contoulle a todo o mundo a historia da carta, fíxolle moita ilusión. Gracias.

Anónimo dijo...

O meu fillo todavía non pode crer que os Reis Magos estiveran no cole y non pasaran pola nosa casa;xa lle contei que os Reis Magos veñen o 5 de xaneiro de noite e que fixeron unha breve parada en Rianxo porque tiñan algunha cousa que resolver.Non deixa de pensar no que pasou que contalo unha e outra vez.
Gracias, Ricardo.

Anónimo dijo...

PARABÉNS HUGO, IZAN E PAULO, XA TEDES 4 ANOS.
O MEU FILLO NON ME CONTOU NADA DA CARTA, XA LLE PREGUNTAREI HOXE A VER O QUE ME DI.

Anónimo dijo...

Marta veu ca boca aberta e non deixaba de contar o da carta dos reis e que comeran os bombóns.
Moitas gracias por contribuir a esta ilusión tan grande para os nenos.

Anónimo dijo...

Gracias Ricardo, ellos también te quieren millones hasta el infinito...felices fiestas