Bienvenido

CiEnCiA kIdS!...

viernes, 21 de noviembre de 2014

Sabedores das repercusións da apertura ao contorno no noso desenvolvemento integral, hoxe desenlvovimos a nosa primeira saída da escola... foi algo estupendo!
O certo é que os días previos, o profe xa nos anunciara que o venres, día no que lle poríamos o casco do espacio ao coelliño de cor vermella, asistiriamos ao Auditorio Municipal de Rianxo, ese edifício que se atopa onda o parque da ribeira, o parque que ten un barco pirata... sabedes?...
Pois ben, por fin chegou o día e moi nerviosos, desenvolvimos como se dun día máis se tratase a asemblea matinal.
Así pois, MICAELA levou a cabo unha a unha as rutinas cotiás establecidas para este momento da xornada: fichaxe de ausencias e presencias, constatación do tempo atmosférico -hoxe por fin nin nubes nin choiva... hoxe sol!-, escribimos a data, o nome da súper-encargada... etc... xa asoman as primeiras grafias recoñecibles nalgúns nomes... estupendo!...
Posteriormente, iniciamos unha conversa guiada acerca do mar e dos elementos que se agochan no fondo mariño. Entre todos e todas apuntamos unha gran variedade de especies: peixes, cangrexos, estrelas de mar, golfiños e... tabeiróns, estes por suposto non podían faltar!...


Posteriormente, achegámonos ao mexillón, unha das especies mariñas que se dan no noso contorno cotiá. Así pois, constatamos a cor da súa cuncha, a necesidade de quitarlle a cuncha para poder saborealos, a cor laranxa da súa exquisita carne, tamén descubrimos o lugar onde se crían: as bateas...
Tras este torbeliño de ideas, puxemos as nosas prendas de abrigo e dirixímonos ao auditorio.
Amodiño, moi amodiño transcurrimos polas rúas da nosa vila agarrados das ás de bolboreta da corda de paseo que, nesta ocasión era de cor azul.



Xa no auditorio, agardábannos unha profes, algunha con mandilón de cor branca coma o do profe. Pero... eran profes?... Nooon, eran científicas!...


De xeito organizado, onda os nosos amiguiños e amiguiñas de 3 ANOS A, rotamos polas 3 estacións, nas que se desenvolvían diferentes obradoiros.
No primeiro deles, coñecimos algunhas das especies que existen no fondo mariño: tartaturgas, cangrexos, polbos... e ata un tabeirón! Si, si... nun frasco de cristal entre un líquido transparente atopabase un tabeirón pequeno… quedamos sen palabras!


Alí tocamos, ulimos, experimentamos... algunhas das propiedades e cualidades físicas destas e outras especies mariñas... e ata escoitamos o rumor das ondas do mar nunha enorme caracola... fantástico!


Xa no segundo obradoiro, descubrimos e identificamos algunhas das propiedades da auga a través de diferentes experimentos nos que, convertidos agora si que si en todos uns científicos con gafas de súper-científicos incluídas, misturamos aceite cun líquido de cor azul, verificando coma o aceite quedaba na parte superior... e mira que remeximos!...










Finalmente, no terceiro e derradeiro obradoiro, centrámonos no mexillón e, moi especialmente no plancton, que é do que se alimenta este molusco.


Como era de agardar, as relacións con Bob Esponja non tardaron en aparecer e, coma o plancton é tan tan pequerrecho que apenas se pode ver, unha científica ensinounos un microscopio no que ollamos como este se movía dun lado para o outro sen parar...


Xa de volta na clase, o cúmulo de situacións vividas propiciou a constatación de diversos descubrimentos e aprendizaxes, especialmente no referido á adquisición de actitudes positivas cara a conservación e coidado do contorno natural, especialmente no referido ao fondo mariño.
Sen dúbidas, un día repleto de aprendizaxes que non fan senón contribuir á comprensión do noso pequeno-gran mundo…


Agora a seguir traballando que o 1º trimestre emprende a súa recta final e moi pronto comezaremos a vivir un dos momentos nos que ata os máis maiores voltarán a ser de novo nenos e nenas… o Nadal!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi interesante a primeira excursión dos nosos nenos,aínda q me enterei por outras mamás do colexio. A verdade, sei que firmamos a autorización para este tipo de saídas, as cales, didåcticamente me parecen estupendas, non obstante pensaba que enviariades unha nota informando da mesma, igual que por exemplo para a festa do Samaín.
A miña nena veu moi contenta e emocionada, nin måis nin menos, foi de excursión cos amigos e coa profe.
Alégrome destas actividades, aínda que se bota de menos un pouco de interacción cos nenos de 3 anos A, polo menos nas imaxes.
Saúdos.

Anónimo dijo...

Que interesantes as actividades que se fan con estes cativos. E incríbel que se interesen por temas que, a priori, parecen complicados para eles.
Non deixa de sorprender o que aprenden desde o primeiro día no cole de maiores. E o variado das actividades que ides realizando.
Animo, que eles vense encantados.

Anónimo dijo...

Estou dacordo co primer comentario respeto a avisar destas saídas. A miña nena non me dixo nada de nada. Entereime días despois porque outra mamá de 3A preguntoume se sabía se foran os nenos de excursión porque a súa falara que vira peixes...
Encántanme que os nenos teñan estas saídas por eso firmei a autorización a primeiros de curso pero penso que non está de máis mandar unha nota informativa á casa.
Ocúrrenseme un montón de problemas que se poden evitar: que teñas cita no médico ese día e non estea o neno, que a mamá faga un viaxe fóra de Rianxo aproveitando que o neno está na escola, pois ir ó hospital, ir á oficina de empleo, ir mirar polos regalos de nadal....
que estando fóra o neno se poña mal ou caia e haxa q ir buscalo e nos atopemos fóra do núcleo do pobo. Se saio de Rianxo sempre procuro ter a alguén na casa que me poida ir coller a nena, pero....bueno, eu entereime desta saída gracias ó blog e a outra mamá confirmeillo eu porque lle ensinei as fotos pero claro, a súa cativa non sae....