Bienvenido

COMEZA A CONTA ATRÁS...

viernes, 4 de diciembre de 2009

Este mes incorporamos unha nova rutina á asamblea matinal, e é que como faltan poucos días para a chegada do Nadal e con el un novo ano cargado de moitas e grandes sorpresas, o martes 1 de decembro o profe trouxo, tal e como prometera, o tan agardado: “Calendario de Adviento”.
Cada mañá, abrimos a portiña do día correspondente e, o encargado/a come a chocolatina tras descubrir o debuxo que se agocha en cada unha das súas ventás.
Esta rutina cotiá, un curso máis, proporciona un cúmulo de experiencias que non deixamos escapar, pois ademais de realizar actividades relacionadas coa lóxica-matemática tales como contar, iniciación á suma, á resta, identificación e trazado de números… propicia multitude de conversacións sobre esta data que tan máxica e especial resulta para todos nos.
Como algo anecdótico, destacar o “pequeno-gran problema” que xurdiu nunha das asambleas, pois... “oh, cielos”, quen comería as chocolatinas da fin de semana? Menos mal que entre todos e todas chegamos a unha solución que favorecería a aqueles nenos e nenas que, durante este mes, non lles tocará ser o encargado/a: unha vez máis, a solución… perfecta!!!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!


4 comentarios:

Anónimo dijo...

O meu neno está moi ilusionado co Calendario de Adviento, incluso, compramos un para a nosa casa e cada mañá abrimos moi ilusionados a fiestra para comer a chocolatina.

Anónimo dijo...

A anécdota moi boa profe.
Saúdos da túa admiradora.

Anónimo dijo...

"CUCURUCHO QUE NO TE ESCUCHO" está é a frase que máis repite o meu fillo. Non solta prenda co do festival de nadal.
J. Ricardo, que lei che teñe porque na casa basta que lle digas que é un segredo para que sexa o primeiriño que lle conte a todo o mundo.
Biquiños e esperamos impacientes a actuación do festival de nadal. É o martes 22? precisades colaboración en algo?

Anónimo dijo...

Siiiiiiiiiiiii, na nosa casa tamén contamos os días para o festival de nadal; a ver que nos tes preparado, profe J.Ricardo.