Bienvenido

OTOÑO LLEGÓ, MARRÓN Y AMARILLO...

viernes, 20 de noviembre de 2009

“Otoño llegó, marrón y amarillo, otoño llegó y hojas secas estampó […]" Seguro que estaredes cansados de escoitarnos, non? E é que a semana pasada, unha vez máis, vivimos no cole un momento moi especial; celebramos o Magosto nas instalacións do centro, un día precedido dunha serie de actividades que dunha maneira divertida e desenfadada nos serviron para descubrir algúns dos cambios e características que se producen no entorno e na vida das persoas coa chegada do outono.
Deste xeito, nas asembleas matinais, incorporamos como unha das rutinas da aula a observación, manipulación e experimentación de froitos típicos do outono nas que as nosas familias puxeron o seu graniño de area, unha vez máis... mil millóns de grazas!!
Nestas cestas que cada mañá traian os nosos compañeiros e compañeiras había distintos froitos desta época do ano; dende os máis representativos como as castañas ou as noces, ata outros menos habituais que moitos de nos apenas coñecíamos, tales como as granadas ou os “freixóns” ¿?, estes últimos, grazas ao compi que aportou este froito, e despois de moito debatir, chegamos á conclusión que soamente os podían comer os papás e mamás.
Outra das actividades que levamos a cabo foi a elaboración do sombreiro e dun divertido cucurucho para as castañas do Magosto.
No Magosto, unha vez máis, pasámolo fenomenal, e loitando contra o vento, todos e todas participamos nos xogos populares que se organizaron no recinto do centro coma o “Tragacastañas”, “coellos ao tobo”, “Magosto de cores”, “carreiras de sacos” e a “culler-castaña”, mentres, moi impacientes, agardábamos a que as castañas estiveran listas e preparadas para comer: uuummmmmm..., qué ricas!!!
Finalmente, e como actividade final e de consolidación, despois de vivir todas estas experiencias levamos a cabo unha tarefa que nos serviría para afianzar todos os conceptos traballados ao longo deste centro de interese. Tratábase dunha actividade impresa na que aparecían as imaxes dalgúns dos froitos traballados ao longo da semana (pera, nuez, manzana, castaña, uvas, limón) ademais, tamén escribímoslle o nome a cada imaxe a partir dun modelo.
Esta actividade serviunos para lembrar algunhas das cualidades dos froitos do outono que aparecían nas imaxes: cor, forma, tamaño, textura... e aínda que o resultado final non estivo requete-ben en todos os nosos traballos como lle gusta ao profe, sentímolo, a clase quedou ben bonita cando o profe as colgou no corcho da aula.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!

- OS NOSOS FROITOS DO OUTONO -


- AGORA... A TRABALLAR!!! -

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Agora entendo porque o meu fillo non facía máis que pedirme unha cesta para meter as súas froitas de outono.
Eu decíalle que non que as tiña que levar soltas e despois alí xa as meterían na cesta todos os nenos/as na escola.
Ah por certo son froitos chámanse feixoas, e son típicas deste tempo. Os meus fillos non lle gustan porque teñen un sabor un pouco ácido senon están ben maduras.
Como me gusta o blog porque me estou enterando de moitas cousiñas que fai o noso fillo e que el non me conta.
Un saúdo.

Anónimo dijo...

Entendo que elimines algúns comentarios fora de lugar. Pero o que non comprendo e que elimines un no que comento a "valoración" que fas dos traballos dos nenos.

Como xa dixen uns traballos de 4 anos sempre están "reque-teben", e se buscas que che guste o resultado, sempre se acomadarán a ti e nunca serán espontáneos e libres, acomodaránse sempre os teus gustos e non os seus buscando só a aprobación pero non a satisfacción persoal.

Pero supoño que se censuras algún comentario (o meu só era unha aportación e unha crítica construtiva sen maladade), tamén censurarás o que opinen os teus alumnos e os seus traballos.

O que me chama a tención e que os comentarios felicitandote polo teu traballo non os borras, pero os que crítican algunhas formas de traballo sí.
Así pretendes educar aos teus alumnos? Iso tamén é educación en valores: saber aceptar as críticas boas e as malas

Anónimo dijo...

Espero que os comentarios que desapareceron "misteriosamente" non foran porque lle sentaran mal o profesor.
A verdade é que eu penso que non se estaba desvirtuando o fin do blog, senón que o que se estaba facendo era un eloxio á profesionalidade do mestre, porque a maioría das familias estamos moi contentas na maneira que está a realizar o seu traballo diario e simplemente eran alabanzas.
Continuaremos enriquecendo os blog cos nosos comentarios.
saúdos

Anónimo dijo...

A pregunta do correo persoal, non ten unha dobre intención. Eu boto en falta no blog un sitio onde lle poida facer algunha pregunta a José Ricardo pero que non sexa vista polo resto dos usuarios/as, sempre sería sobre o meu fillo non doutra temática.
Moitas veces teño algunha pregunta ou dúbida que facerlle ó mestre pero non tan importantes como para ocupar unha titoría e tampouco me parece que o teña que ver todo o mundo. E este medio pareceríame o idóneo para podelo facer. Pero senon pode ser non pasa nada.
J Ricardo segue así que o estás facendo moi ben, ánimo

Anónimo dijo...

Desde luego la persona que ha escrito lo último no conoce en absoluto la manera de trabajar del profe J.Ricardo por varias razones; pero bueno, la más importante es que el profe SIEMPRE intenta que TODOS sus niños den el 100% en cada una de las tareas que se llevan a cabo en el aula, esto no quiere decir que haya trabajos mejores que otros si tenemos en cuenta las características de cada NIÑO y NIÑA, pero sí, que no siempre todos los niños ponen todo su empeño y hacen las cosas todo lo bien que saben todos los días. De ahí que las actividades no hayan quedado "requeteben", en este caso ha resultado más importante el proceso y procedimientos y no tanto los resultados, ya que ¿realmente le podemos exigir lo mismo a TODOS los niños?, ¿dónde quedaría la atención a la diversidad?, ¿el que firmaba el comentario no decía ser "pedagogo"?...
Seamos sensatos e inteligentes, APROVECHEMOS esta magnífica oportunidad, se lo debemos a nuestro querido, le pese a quien le pese, profe.

Anónimo dijo...

Profe J.Ricardo para o meu marido e para min, unha vez máis, tomache a decisión correcta, e isto non é censura, é PROFESIONALIDADE.

Anónimo dijo...

Ao pedagogo, decirlle que ten que "saber mirar" un blog, pois non só eliminou os negativos (que era 1 de 17), eliminounos TODOS, incluso o que escribira él coa broma que moita xente non soubo entender.