Bienvenido

ESTE CURSO... CONECTADOS!!!

jueves, 12 de noviembre de 2009

A nosa aula non podía permanecer á marxe das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs), por iso, este curso incorporamos un rincón novo dentro das rutinas da aula: o “Rincón de Tratamento da Información e Competencia Dixital”.
Sen lugar a dúbidas, os nenos e as nenas conviven desde o seu nacemento con todo tipo de equipos tecnolóxicos, e é un feito que as actividades escolares convírtense nunha realidade rica e froitífera se no proceso de ensinanza-aprendizaxe se empregan medios tecnolóxicos de información e de comunicación.
Neste novo rincón, ao que cada día accede o encargado/a atópase o ordenador como un recurso didáctico para aprender e para xogar. Coa introdución deste medio tecnolóxico na nosa aula traballaranse, reforzaranse e ampliaranse algúns dos contidos propios da Educación Infantil tales como a lóxica-matemática, a lectoescritura, grafomotricidade, as cores, algunhas nocións espaciais, temporais, topolóxicas, musicais… ademais da consabida adquisición doutras capacidades, competencias e habilidades máis específicas como aprender a mover de maneira precisa o rato, sinalar, facer clic, arrastrar…
Cada día agardamos con ilusión ser o encargado, para, entre outros cometidos, estar no novo rincón… Que ben o pasamos!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!


4 comentarios:

Anónimo dijo...

Como lle gusta o rincón de ordenador. O meu fillo está desexando que lle toque ser o encargado para poder ir a ese rincón.
J. Ricardo canto lle transmites ós nosos fillos/as, que aprecio che teñen eles e as familias tamén.

Anónimo dijo...

Moi interesante a idea de que os nenos lle perdan o medo ao ordenador dende tan pequenos e non lles pase como aos maiores.
Un saúdo e segue así profe J.Ricardo.
Outra admiradora.

Marta dijo...

Hola Ricardo, al final te has decidido a entrar en el mundillo de los blogs!

Yo y mis peques seguiremos lo que vais haciendo. Esperamos que vosotros paséis de visita también por nuestro blog: http://coledecolores.blogspot.com.
Os esperamos.

Un besito de Marta y sus peques de Cole de colores

Anónimo dijo...

Qué majos que salen todos los niños y niñas de 4AñosB, es una buena idea que estén en contacto con el ordenador para que así vean que también pueden aprender; además, de estar muy presentes en las aulas de Educación Infantil como una fuente inagotable de conocimientos.
Ellos se sentirán mayores utilizando un pc como sus papás.
Me gusta esta presentación.