Nun día tan especial e agardado na nosa cidade, -xoves 5
de outubro Día de San Froilán-, comeza a vida no noso blogue no que
semanalmente tentaremos facervos partícipes da cotidianeidade que vivimos no
colexio... comezamos!...
Finalizada a entrada progresiva en quendas propia dos
días do período de adaptación, pouco a pouco imos collendo o pulso á vida da
nosa aula.
Como vos contaremos noutra ocasión, a asemblea matinal
converterase nun dos momentos máis significativos da nosa parrilla de clase e,
para iso, debemos adoptar uns hábitos indispensables para que todo transcorra
con normalidade. Neste senso, xa a semana pasada establecemos cadanseu sitio na
liña vermella sita onda o panel de rutinas. De momento, nalgúns casos, non temos
de todo claro onde sentar, pero estamos convencidos que será cuestión de tempo,
temos que lembrar onda quen nos sentamos... complicado dabondo!
Estas primeiras semanas de cole foron días de toma de
contacto co espazo escolar: persoas, obxectos, materiais e espazos, establecendo
unha serie de normas, hábitos e rutinas cotiás que axiña sairán sen decatarnos:
espazos comúns e individuais, tempos de aula e de patio, consecución dunha
maior autonomía persoal e social...
Así pois, o tipo
de actividades que levamos a cabo están encamiñadas a coñecer principalmente aos
mestres/as de Educación Infantil e aos compañeiros/as de aula; tamén actividades
que nos permitan adquirir hábitos de cooperación e colaboración a través de
xogos e cancións en grupo que propicien unha incipiente cohesión social e
sentimento de pertenza ao grupo-clase. Ao tempo, marcamos algúns dos ritmos e
rutinas que rexerán a vida na aula durante o curso... canta novidade!
Xuntos aprendemos a serenarnos para dar comezo á asemblea
matinal, gozamos co momento do conto, desenvolvemos con máis ou menos tino o
ritual do momento da merenda,
...preparámonos nun tren sen fin para ir ao patio...
...e xuntos, sobre todo, xogamos, creándose fantásticas situacións de
ensinanza-aprendizaxe que nos axudan a comprender un chisquiño máis o noso
pequeno-gran mundo...
Evidentemente, na nosa aula hai momentos para todo, pois nada
ten que ver o ambiente cálido e acolledor que se crea na asemblea ou no momento
do conto no que o silencio e concentración resultan fundamentais, co momento
dos rincóns no que o balbordo resulta
case inevitable... que cambio!
Agora xa, a vindeira semana, mergullados de cheo neste ambiente
de aula tan festivo e de acollida, iniciarémonos na realización de diferentes actividades
impresas que nos achegarán ao uso coidado de elementos e materiais propios da
expresión plástica. Será un traballo gradual en pequeno grupo, onde o máis
complicado será agardar a nosa quenda, así que paciencia, moooita paciencia...
O curso comezou, e os nenos e nenas de 3 ANOS A están
preparados, despegamos en 3, 2, 1...
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
6 comentarios:
Un blog muy interesante!!
Nos acerca un poco más al día a día de nuestros pequeñ@s. Ya en marcha y todos metidos en dinámica.Muchas gracias
Muchas gracias Jose RIcardo por dejar acercarnos a nuestros peques. Da gusto verlos!!
Enhorabuena profe José Ricardo, nos encanta el blogspot. Consideramos que es una herramienta fantástica para poder conocer el día a día de nuestros hijos, una manera muy eficaz y preciosa de hacernos partícipes. Enhorabuena de nuevo y muchísimas gracias.
Enhorabuena profe José Ricardo, nos encanta el blogspot. Consideramos que es una herramienta fantástica para poder conocer el día a día de nuestros hijos, una manera muy eficaz y preciosa de hacernos partícipes. Enhorabuena de nuevo y muchísimas gracias.
Moitas gracias por facernos partícipes
Que bonito poder meterse dentro de la clase!! Gracias
Publicar un comentario