Esta
semana, presentarémosvos a dous dos nosos compañeiros de viaxe durante estas
primeiras semanas no cole dos maiores: PEPE e PACO. Como?... Que non sabedes
quen son?...
PEPE
e PACO, son dous pitiños -un de cor amarela e outro de cor branca- que puxeron o
seu graniño de area para que o noso proceso de adaptación no cole dos maiores
non supuxera demasiado estrés emocional.
En
primeiro lugar, comezamos co conto de O polo Pepe (Edit. SM); unha historia repleta de valores tales
como a necesidade de alimentarse de xeito equilibrado para medrar sans e fortes
(Educación para a Saúde) ou o respecto á diversidade como elemento enriquecedor
da aula (Educación para a Paz).
Siii, este conto forma parte do rincón da biblioteca da aula que lemos e relemos unha e outra vez... é estupendo!
Asemade,
de xeito máis improvisado, esta historia serviunos para iniciarnos na expresión
rítmico-musical e corporal, dramatizando e mimando a historia musicada do polo
PEPE, algo que se diversificaría coa canción titulada: Mi pollito
amarillito que recreamos unha e outra
vez diante do E.D.I. (Encerado Dixital Interactivo)... canto artista!
Xa
que logo a historia do polo PEPE causou tal fascinación, aproveitamos para
traballar, a partir dunha idea orixinal de Bea e dos seus pequerrechos do CPI
Camiño de Santiago (O Pino) un poema de Azucena Arias Correa recollido en O proceso de
adaptación. E ti... vas á escola? editado pola Xunta de Galicia.
As dúbidas do pitiño, mergúllanos nos sentimentos que de novo un
pitiño, nesta ocasión de cor branca e que decidimos chamar PACO, atravesa os
días previos ao inicio da escola.
De
primeira man, todos e todas vivimos e revivimos ao tempo que PACO os nervios da noite anterior, a ledicia por todas as cousas novas que
levaría na súa mochila, a incertidume
ante o descoñecido: resto de nenos e nenas, profes, aula, patio..., nervios, inseguridades...
Todas
estas situacións e sentimentos traballámolos a partir da creación dunha
secuencia de aprendizaxe que titulamos: O PITIÑO BRANCO COMEZA A ESCOLA. Presentamos deseguido as portadas ás que ademais lles engadimos os nosos nomes en folios fluorescentes súper-rechiflantes.
![]() |
- O PITIÑO BRANCO COMEZA A ESCOLA - |
A
realización desta secuencia de aprendizaxe, simultaneamente propiciou unha
primeira toma de contacto con algúns dos materiais que empregaremos ao longo do
curso tales como as ceras plásticas, os rotuladores, a témpera, os gomets...
iniciándonos progresivamente no seu uso autónomo e axeitado.
O
resultado?... unha secuencia de traballo desenvolta con moita ilusión e esforzo
individualizado no tempo adicado ao traballo obrigatorio en mesa... canto
traballamos!
Velaí
vai o resultado do noso primeiro traballo no cole dos maiores... atentos!
Uf!, e agora, xa para a vindeira semana, comezaremos os materiais que servirán de guía no desenvolvemento dos procesos de ensinanza-aprendizaxe que levaremos a cabo ao longo do curso. Tranquiiilos, moooi tranquilos, pois nesta ocasión contaremos coa axuda de NUBA, a nosa mascota de aula que pronto coñeceredes.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!