Bienvenido

ARTE POR TODAS PARTES.

viernes, 10 de marzo de 2017

Logo do antroido, voltamos facervos partícipes da nosa vida cotiá no colexio, nunha semana na que convertemos a aula... nunha galería de arte!
Así pois, para mergullarnos no mundo da arte mediante o descubrimento e identificación de distintas obras de todos os tempos e de diferentes artistas, que mellor que facer uso, unha vez máis, dos “Bits de Intelixencia”. Para iso, en primeiro lugar, decidimos ollar os elementos do Sistema Solar traballados no 1º trimestre: Marte, Xúpiter, Saturno, Hale Boop... nin moito menos esquecemos os nomes e características dos planetas, constelacións e cometas.
Neste senso, e para deixar constancia da nosa misión interestelar, recreamos cadansúa bandeira do mesmo xeito que o fixeran o estadounidense NEIL ARMSTRONG, VALENTINA TERESHKOVA e mesmo LAIKA, o primeiro animal en orbitar a Terra... siii, misión cumprida!


Sabedores da adquisición destes logros, chegou o momento de realizar unha primeira aproximación á linguaxe plástica acompañados de artistas de renome tales como: Picasso, Leonardo Da Vinci, Miró, Salvador Dalí, Goya...
A través desta rutina, poñémonos en contacto con diferentes expresións artísticas, desenvolvendo a capacidade de ampliar o noso sentido artístico, así como ofrecernos unha ampla gama de posibilidades coas que contribuír ao desenvolvemento da competencia cultural e artística... case nada!
O traballo a partir destas láminas de arte, supón coñecer, comprender, apreciar e valorar criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas que promoven un xuízo crítico e creativo da realidade. Ademais, día a día, aprendemos máis de cada obra: autor, movemento pictórico, características salientables... e todo aquilo que nos amose un coñecemento o máis completo posible das 12 obras seleccionadas... non se nos escapa unha!
  1. “Persistencia de la memoria” y “Mujer en una ventana” de Salvador Dalí.
  2. “La gallinita ciega” de Francisco de Goya y Lucientes.
  3. “Campo de tulipanes en Holanda” de Claude Monet.
  4. “El gran canal desde el palacio Balbi” de Canaletto.
  5. “El hombre de Vitruvio” de Leonardo Da Vinci.
  6. “Latas de sopa de tomate” de Andy Warhol.
  7. “Madre e hija delante del Sol” de Joan Miró.
  8. “Niños jugando a los dados” de Murillo.
  9. “Las Meninas” de Pablo Ruiz Picasso.
  10. “Las bañistas” de Pablo Ruiz Picasso.
  11. La Gioconda de Leonardo Da Vinci.
  12. “La conversación” de Henri Matisse.










Case con cada lámina de arte, realizamos unha lectura espontánea, global, descritiva, narrativa, con transposición do gravado a posibles experiencias vividas... achegándonos á profesión de PINTOR (materiais que emprega, se coñecemos algún, tipos...) e aos MUSEOS (espazo de ocio que serve para conservar as obras expostas).
Finalmente, como colofón a todas estas experiencias, hoxe venres, convertemos a aula nunha improvisada galería de arte, onde o encerado mudou as letras e os números, pola exposición das 12 láminas seleccionadas.
Hoxe non había lugar a ficha de MUNELA, e con este ambiente tan propicio para a estimulación da imaxinación e creatividade, reinterpretamos, como auténticos artistas, a nosa obra favorita. Para iso, observamos, identificamos, coñecemos e diferenciamos, -se cabe aínda con más detalle-, cores, formas, tamaños e todo aquilo que configuraba a lámina.




Previamente, na asemblea matinal, destacamos a nosa obra de arte preferida. Non sabemos si pola sinxeleza das imaxes, das formas ou as cores empregadas, pero La Mona Lisa de Leonardo da Vinci e Latas de sopa de tomate de Andy Warhol, foron as máis destacadas.















Uf, que complicado!... nalgúns casos as obras non son de todo claras e non sabiamos como interpretalas; así que para estar inspirados, o silenzo durante a actividade, máis que obrigatorio, necesario... máxima concentración!


Agora xa, se o tempo estimado o permite, iniciaremos o traballo das marabillas do mundo viaxando a París, México, Venecia, India e mesmo China. Seremos conscientes da “marabilla” da nosa cidade?... 
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

3 comentarios:

Pamela Vázquez dijo...

SInxelamente parece xenial este toque con respeto a cultura ...ben por ti e os nosos pequenos pintores.

Unknown dijo...

Que ben que comecen a valorar as artes no colexio! Seguro que de agora en diante ven os cadros con outros ollos! Se ben é certo, que un dos pequenos que anda por esa clase, sendo aínda un bebé, xa miraba embelesado un cadro que teñen seus tíos no salón. O próximo día pedireille que falemos del... a ver que sae. Grazas. Paula

Teresa dijo...

Como alucino...os nosos nenos son e serán unhas personiñas curiosas e sobre todo ca mente aberta, xa sei que me repito pero non poden ter mellor educación....estamos tan felices que seas un pilar tan importante na vida do noso fillo e dos seus compañeiros, por que me consta, que todos os pais e nais cos que falo teñen a misma opinión, que non hai maior tranquilidad que ver que teñen un gran profe que os guia a carón de seus pais, nin diante nin detrás..a carón. Infinitas gracias por aparecer nas nosas vidas e ser un gran profesional....morremos de amor cada vez que vemos o blog. Gracias