Bienvenido

RUXIDO DE NADAL!

viernes, 11 de diciembre de 2015

 

Esta semana pecharemos un 1º trimestre cargado de descubrimentos, aprendizaxes e coñecementos do mellor dos xeitos posibles: chegou o “Festival de Nadal 2015”, estades preparados?...
Este curso resultounos moi complicado gardar o segredo e, quen máis e quen menos, coñece de sobra a actuación que estamos preparando con tanto esmero e adicación... sssch, era un segredo!
Así pois, como cada curso, tras a celebración do magosto atopámonos de súpeto co Nadal, unha data que propicia situacións curiosas e divertidas cargadas de toneladas concentradas de enxeño e inocencia.
Ao principio quedamos un chisquiño decepcionados ao comprobar que este curso, como era normal, non repetiríamos a actuación de “CIRCUS”: todos e todas tiñamos xa adxudicado o noso papel! Neste senso, non vos podedes imaxinar o partido que lle sacamos o curso pasado á nosa actuación, ata tal punto que aínda hoxe segue presente nas nosas conversas e lembrámonos perfectamente de quen desenvolvía cada papel: leóns e domadora, equilibristas, pallasos... que momentazo!
Xa logo, establecimos e marcamos posicións, -todo un exercicio de memoria e concentración-, mudando unha e outra vez creando unha atmósfera tan animadamente animada.
Siii, familias!... Este curso preparamos a performance de: EL REY LEÓN.


Estamos nervosos, expectantes, ilusionados... con moitas moitiiísimas ganas de que chegue o gran día da estrea mundial e, máis guapos que nunca, recreemos a historia de EL REY LEÓN no medio dunha sabana africana á que non lle faltará detalle. 
Ata nos momentos máis impredicibles da xornada aparecen determinados emblemas, así sucedeu o venres na celebración do aniversario de EVA... fantástico!


Este venres tedes unha cita a partir das 10:00h. no pavillón da nosa vila para disfrutar do espectáculo máis marabilloso do mundo: o musical de EL REY LEÓN!!... Familias, dedos cruzados para que todo saia segundo o previsto!!... Agardamos que vos guste!!...
E para meternos se cabe aínda máis en cadanseu papel, esta semana comezamos a disfrutar da película Disney de EL REY LEÓN... non perdemos detalle!


Ao tempo, con todo o traballo planificado para este trimestre rematado e sabedores de que todos ou case todos puxemos a árbore de Nadal nas nosas casas, comezamos preparando un novo elemento decorativo que engadiremos á figura de Olaf elaborada o pasado curso... hai sitio, verdade?...















Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

2 comentarios:

Loli Tubio dijo...

Seguro que sae perfecto!

Moita sorte ós artistas!

Estamos desexando vervos...

Joe dijo...

Moitas gracias Ricardo por ofrecernos 1 ano máis o mellor espectáculo do mundo mundial!
Increíble a "sincronización" dos nenos ó son da música. Todo perfecto. E sentinme moi orgullosa vendo os nosos peques e oíndo os comentarios dos outros asistentes, aclamando o espectáculo como o mellor.
Daniela un ano máis cumpleu ca misión: non revelar o segredo, só se lle escapou que era a canción do Rey León. E invitou a sua avoa e "a sua familia" a que acudisen. (Palabras e explicacións que lle debeu contar o profe.
Unha vez máis, gracias.
Felices festas a todos.